Creación e escritura de series
Programa de 6 ECTS (150 h) orientado a creación e desenvolvemento de guións para series de
televisión e plataformas dixitais. Ensina estrutura narrativa, creación de personaxes, diálogo e
dinámicas de sala de guión. Combina teoría e práctica, preparando ao alumnado para traballar en
equipos profesionais de ficción seriada.
O curso ten como obxectivo formar profesionais capaces de crear, escribir e desenvolver proxectos
de ficción seriada, dominando técnicas narrativas e estruturais. Promove o traballo en equipo en
salas de guión profesionais, estimula a creatividade e a voz autoral, e ofrece coñecementos sobre o funcionamento da industria audiovisual tanto a nivel nacional coma internacional.
Persoas con vocación creativa, que queiran especializarse na creación de contidos seriados, con ou sen titulación universitaria.
Guionista en series para televisión ou plataformas dixitais; analista de guion; membro de equipos de escritura en produtoras audiovisuais.
CE1 Escritura artística e creativa (ESCO S1.13.2)
CE2 Crear materiais artísticos, visuais ou docentes (ESCO S1.12.0)
CE3 Comunicación, colaboración y creatividad (ESCO S1.0.0)
CE4 Traballar en equipo (ESCO S1.8.
- CE5 Recopilar información procedente de fontes físicas ou electrónicas (ESCO S2.4.1)
- CT1 Capacidade para traballar en equipo e comunicar as propias ideas creando un ambiente de apoio.
- CT2 Capacidade para asumir riscos expresivos e temáticos, aplicando solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento de proxectos.
- CT3 Capacidade para comprender o significado e a aplicación da perspectiva de xénero en diferentes áreas do coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
- CT4 Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito.
- CT5 Capacidade para adaptarse aos cambios tecnolóxicos, empresariais ou organizativos.
Curriculum Vitae 25%
Carta de motivación 25%
Proba de guion 50%
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200616 | Creación y escritura de series | Obligatoria | 6.00 |
60% proxecto final (biblia da serie creada durante o curso),
20% participación nos obradoiros,
20% pitching final
Entrega do proxecto final: 22/04/26 (virtual).
Segunda oportunidade: conforme normativa UVigo
Título na microcredencial ” Creación e escritura de series”
Recoméndase dispor dun ordenador portátil para a escritura das prácticas programadas. Non é
preciso ningún programa específico de guion.
A docencia impartirase en 70 horas presenciais