Corrección de textos literarios e docentes en español
Formación de curta duración para detectar, analizar e corrixir os erros e impropiedades
morfosintácticos, ortográficos e lingüísticos habituais nos textos literarios e/ou docentes en
español.
Reforzar coñecementos sintácticos, morfolóxicos e ortográficos para detectar, corrixir e ser quen de evitar erros e impropiedades nos textos de creación literaria e nos adicados especificamente ao ensino da literatura española. Revisar estruturas semánticas básicas, habitualmente erradas, en textos literarios e didácticos en español. Mellorar a corrección lingüística e estilística na escrita especializada en contidos literarios.
A microcredencial está pensada para a recualificación e mellora no exercicio dos seguintes colectivos: profesorado en exercicio ou en formación, revisores editoriais, persoal dos departamentos de comunicación ou publicidade de organismos públicos ou privados, xestores de contidos literarios.
Profesorado en exercicio ou en formación, revisores editoriais, persoal dos departamentos de comunicación ou publicidade de organismos públicos ou privados, xestores de contidos literarios.
- CE1 Escribir e redactar: S1.13.0, con especial atención a aplicar regras gramaticais e ortográficas.
- CE2 Escritura técnica ou académica: S1.13.3, con especial atención a corrixir textos.
- CE3 Dominar normas lingüísticas: S1.15.1
Orde de preinscrición
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200619 | Corrección de textos literarios y docentes en español | Obligatoria | 2.00 |
Asistencia ao 80% das horas lectivas (13 h.) Avaliación continuada, con traballo na clase e debate sobre os textos dentro da propia formación.
Título na microcredencial “Corrección de textos literarios e docentes en español”.
A docencia impartirase en 16 horas presenciais.