Iluminación de espectáculos
Formación de 5 ECTS altamente especializada en iluminación de espectáculos respaldada pola AGATEC (asociación de empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia) centrada na actualización de competencias dos técnicos do sector e na formación dos que inician a súa vida laboral.
Coñece-las tecnoloxías aplicadas á realización de espectáculos en vivo
Planificar e deseñar proxectos de iluminación de espectáculos seguindo criterios artísticos e técnicos e adaptándose a un orzamento.
Estruturar e orzamentar un proxecto escénico ou creativo de forma integral, definindo recursos, identificando fontes de financiamento e planificando a súa distribución.
Operar equipos profesionais de son e iluminación para espectáculos en vivo, sendo capaz de interpretar, deseñar e cumprir cos requirimentos dun rider técnico.
Xestionar equipos humanos e técnicos de forma eficiente durante as fases de montaxe, execución e desmontaxe dun evento, garantindo a seguridade e a correcta coordinación.
Aplicar a normativa laboral, os convenios colectivos e a lexislación de prevención de riscos específica do sector de espectáculos en vivo para garantir unhas condicións de traballo seguras e xustas.
Esta proposta formativa está deseñada para un perfil diverso de participantes que busquen especializarse na produción técnica e xestión de espectáculos. Por unha banda, diríxese a profesionais do sector (técnicos, artistas, xestores) que necesiten reciclar os seus coñecementos tecnolóxicos e adquirir ferramentas de xestión para mellorar a súa empregabilidade e profesionalización. Por outra banda, oriéntase a titulados de ciclos de Formación Profesional da familia de Imaxe e Son, que desexen unha formación especializada e práctica que lles facilite o acceso cualificado ao mercado laboral das industrias creativas.
As relacionadas no Perfil profesional ESCO 3435.15 Performance lighting technician^ descritas así:
Os técnicos de iluminación de espectáculos configuran, preparan, comproban e manteñen equipos para proporcionar unha calidade de iluminación óptima para actuacións en directo. Colaboran con el personal de la gira o espectáculos paradescargar, instalar e operar equipos e instrumentos de iluminación.
No sector galego do espectáculo en vivo estas capacidades e competencias son útiles nas seguintes ocupacións laborais:
Produtor/a Técnico/a
Stage Manager
Técnico/a de Iluminación (Iluminador/a)
Rigger
Técnico/a de Vídeo e Visuais (Visualista)
- CE1 Elaborar un plan de produción integral, definindo recursos técnicos, humanos e financeiros necesarios para un espectáculo en vivo, baseado nas esixencias do proxecto.
- CE2 Deseñar e executar plans de iluminación de espectáculos, seleccionando e operando o equipamento axeitado para crear a atmosfera requirida e garantir a calidade artística e visual.
- CE3 Xestionar a loxística dun evento, coordinando a montaxe e desmontaxe de estruturas (Rigging), escenografía e equipos audiovisuais de forma segura e eficiente.
- CE4 Integrar contidos dixitais e visuais (proxeccións, LED, video mapping) nun espectáculo, utilizando software especializado para a súa creación e reprodución en tempo real.
- CE5 Coñecer e aplicar a normativa aplicable de riscos laborais na instalación de estruturas temporais e voadura de elementos de iluminación.
- CT1 Comunicación eficaz e negociación en contornos profesionais.
- CT2 Traballo en equipo e liderado de equipos multidisciplinares baixo presión.
- CT3 Planificar e organizar
- CT4 Tomar e realizar medidas en instalacións de traballo
- CT5 Expresarse creativamente
Experiencia laboral no sector de espectáculos (puntuación máxima a partir de 2 anos) 40%
Traballadores das empresas socias da AGATEC (binario) 30%
Pertenza á comunidade universitaria UVIGO (binario) 30%
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200626 | Fundamentos de redes applicadas al mundo audiovisual | Obligatoria | 1.40 |
| 200627 | Taller de perfeccionamiento en luminotecnia aplicada al espectáculo | Obligatoria | 1.20 |
| 200628 | Diseño de iluminación | Obligatoria | 1.20 |
| 200629 | Fundamentos del Rigging | Obligatoria | 1.20 |
Entrega online de exercicios.
Test de competencias ao remate de cada módulo
Presenciais ao final de cada módulo
Fundamentos de redes aplicadas ao mundo audiovisual 6 febreiro
Taller de perfeccionamiento en luminotecnia aplicada ao espectáculo 23 xaneiro
Fundamentos do Rigging 30 xaneiro
Deseño de iluminación 13 xaneiro
Segunda oportunidade para todos os módulos 19 febreiro
Microcredenciai no “Curso de iluminación de espectáculos”
Horas teoría e práctica síncrona: 61 horas
Horas asíncronas: 5,5 horas