Modelado e control de accionamentos PMSM con MATLAB-Simulink
Curso eminentemente práctico que proporciona os coñecementos esenciais para deseñar, modelar e validar sistemas completos de control para motores síncronos de imáns permanentes (PMSM) utilizando as ferramentas estándar da industria: MATLAB e Simulink.
Dirixido traballadores do sector da automoción, o programa de estudos abrangue todo o fluxo de traballo: dende o modelado dos compoñentes de electrónica de potencia con Simscape ata a implementación de estratexias de control avanzadas como o Control Vectorial Orientado (FOC) e técnicas de control sen sensores (sensorless).
Este curso está deseñado para capacitar aos estudantes no modelado e simulación de compoñentes de electrónica de potencia, incluíndo circuítos eléctricos, MOSFETs e IGBTs, utilizando a ferramenta Simscape. Ademais, os estudantes aprenderán a modelar e simular convertidores DC/AC con modulación por ancho de pulso (PWM) e con control de corrente en lazo pechado. O curso tamén aborda o modelado e simulación de motores síncronos de imáns permanentes (PMSM) e o control por campo orientado (FOC) baixo diferentes condicións de operación. Ao finalizar o curso, os estudantes non só comprenderán a teoría, senón que serán capaces de aplicar os coñecementos adquiridos en situacións prácticas, utilizando as ferramentas de MATLAB e Simulink.
Persoal técnico con experiencia en sistemas electrónicos e graduados en enxeñaría electrónica que teñan interese en introducirse no modelado e deseño dos accionamentos empregados na propulsión de vehículos eléctricos.
Os coñecementos adquiridos no curso permitirán que alumnado se incorpore no departamento de enxeñaría de empresas do sector do vehículo eléctrico.
- CE1 Deseñar sistemas ou equipos eléctricos ou electrónicos (S1-11-2)
- CE2 Modelar electrónica de potencia
- CT1 Pensamento analítico
- CT2 Resolver problemas complexos
Experiencia laboral 80%
Entrevista persoal 20%
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200630 | Modelado y Control de Accionamientos PMSM con MATLAB-Simulink | Obligatoria | 5.00 |
Asistencia (obrigatoria do 80%): 10%.
Proba 1: Traballo sobre o modelado do convertedor DC/AC (45%).
Proba 2: Traballo sobre o sistema de control (45%).
Proba 1: 13 de marzo de 2026
Proba 2: 8 de maio de 2026
Título na microcredencial “Modelado e control de accionamentos PMSM con MATLAB-Simulink”
Todas as horas serán síncronas presenciais