A contabilidade e a xestión orzamentaria ante o reto da integridade pública
O presente título propio xustifícase pola necesidade de dar resposta a unha demanda social e
profesional crecente de capacitación especializada e aplicada no ámbito da Administración
Pública, en coherencia coa formación ao longo da vida e coa transferencia de coñecemento ao
tecido institucional.
A proposta está orientada á adquisición de competencias transversais e técnicas relacionadas coa xestión contable pública e a integridade, desempeño profesional na administración, mediante
metodoloxías prácticas e actualización flexible de contidos.
Existen referentes externos que evidencian a necesidade de perfís con competencias neste ámbito, porque ningunha titulación oficial ofrece este tipo de competencias. Así mesmo, tras analizar a oferta existente na Universidade de Vigo, conclúese que os obxectivos e competencias propostos non son cubertos por títulos oficiais previos, ao diferenciarse polo seu enfoque aplicado, polo perfil destinatario (profesionais e egresados/as en actualización), pola especialización e polo modelo formativo orientado a resultados, polo que a proposta resulta complementaria e non duplicada.
Comprender o funcionamento financiero do sector público desde unha perspectiva integrada.
Capacitar para una xestión eficiente, transparente e responsable dos recursos públicos.
Promover una cultura de integridade, legalidade e rendición de contas na administración pública, coñecendo e analizando os principios, normas e marcos
legais da contabilidade pública.
Interpretar e elaborar estados contables e financeiros do sector público garantizando fiabilidade, comparabilidade e transparencia da información contable.
Comprender o papel da contabilidade como ferramenta do control e a toma de decisión dentro do ciclo orzamentario.
Aplicar técnicas de planificación e programación orzamentaria orientadas aos resultados das políticas públicas e os obxectivos estratéxicos.
Evaluar a eficiencia, eficacia e a economía do gasto público e coñecer os mecanismos de control interno e externo do orzamento, sabendo e analizando
os riscos da corrupción, do fraude e as malas prácticas na xestión pública.
Coñecer os principios do bo gobernó, a ética pública e o compliance institucional.
Analizar marcos normativos de transparencia, acceso á información e rendición de contas.
Fomentar a responsabilidade individual e organizativa no uso dos fondos públicos, cos valores de imparcialidade, legalidade e servizo ao interés xeral.
Empregados públicos, órganos electos e xestores privados que traballan coa Administración Pública
Administración pública e xestión privada que garde relación coa administración e a xestión pública
S4.3.0 Asignar e controlar recursos públicos
S4.3.1 Xestionar orzamentos e finanzas públicas
S4.0.0 Competencias de xestión
S4.1.0 Desenvolver obxectivos e estratexias
S4.3.2 Xestionar e administrar recursos humanos
T1.3 Traballar con dispositivos e aplicacións dixitais
T1.2 Traballar con números e medidas
T2.2 Planificar e organizar
T2.3 Lidiar con problemas
T2.4 Pensar de maneira creativa e innovadora
Estudos superiores 20 %
Estudos medios 15 %
Experiencia superior a 10 anos 20 %
Órgano electo 25 %
Posto desempeñado na Administración Pública 20 %
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200651 | La contabilidad y la gestión presupuestaria ante el reto de la integridad pública | Obligatoria | 4.00 |
23 de Febreiro, proba presencial ás 17:00 h
24 de Febreiro, proba presencial ás 17:00h
Test de 40 preguntas, suman as respostas correctas 0,25 e restan as respostas incorrectas 0,10
Título na microcredencial ” A contabilidade e a xestión orzamentaria ante o reto da integridade pública”
Estudiaremos mediante o “método do caso” o método Harvard” vendo casos reais, que nos sirven para inducir a teoría xurídica, económica e a aplicación práctica das normas
contables, orzamentarias, desde o punto de vista do sector público.