ESTUDOS / Títulos propios

Microscopía Electrónica de Varrido

Microscopía Electrónica de Varrido
Microcredencial
Ámbito: Ciencias medioambientais e ecoloxía
Área de interés principal: Ciencias
Área secundaria de interés: Tecnoloxía
Código: 1266/1
Inicio e fin
Calendar 24/02/2026 - 08/05/2026
Modalidade
Modalidade Semipresencial
Créditos ECTS
ECTS 2
Prazas
10
Preinscrición pechada
29/01/2026 - 15/02/2026
Matrícula
03/02/2026 - 19/02/2026
Descrición

A microcredencial en microscopía electrónica de varrido (SEM) ten como obxectivo proporcionar
unha formación especializada e aplicada no uso da SEM e técnicas complementarias como o feixe
de ións focalizado (FIB) e a espectrometría de raios X (EDS/EDX). A formación abarca desde os
fundamentos físicos ata a preparación de mostras e o manexo da instrumentación, cun enfoque
eminentemente práctico.

Esta proposta pretende ser:
Académicamente rigorosa, ao estar baseada en contidos actualizados e impartida por profesionais con experiencia en microscopía electrónica e análise de materiais.

Profesionalmente útil, ao centrarse no uso práctico de técnicas de caracterización morfolóxica e composicional en ámbitos como a ciencia de materiais, a microelectrónica, a xeoloxía ou a biomedicina.

Persoalmente enriquecedora, ao mellorar as competencias técnicas da poboación adulta
con formación científica, facilitando a súa inserción ou actualización profesional.

Está dirixida a persoas interesadas en adquirir competencias prácticas en microscopía electrónica e técnicas asociadas, cun enfoque aplicado e orientado ao mercado laboral.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidade organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
15 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Laboratorio de Microscopía Electrónica. CACTI. e plataforma de teleformación Moovi
Horario
24 febreiro de 17:00 a 18:00h (telemático), 3,5,10,12 e 16 marzo de 17:00 a 18:00h (telemático), 20 marzo e 10,17,24 abril de 17:00 a 19:00h (presencial) e 8 maio de 17:00 a18:00h (presencial)
Prezo
Prezo xeral
188,00 €
Alumni Uvigo
169,20 €
Comunidade Uvigo
159,80 €
Persoas desempregadas
159,80 €
Personas discapacitadas
159,80 €
Observacións aos prezos

*Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

Esta microcredencial ten como obxectivo formar profesionais de alto nivel altamente capaces de
integrar coñecementos avanzados para deseñar, executar e validar protocolos de caracterización
morfolóxica e elemental con SEM, FIB e EDS. O alumnado comprenderá os fundamentos físicos,
optimizará a preparación de mostras, operará instrumentación de alta resolución baixo criterios de seguridade, calidade e trazabilidade, e interpretará criticamente imaxes e espectros para emitir conclusións en contornos complexos. Desenvolverá autonomía técnica, xulgamentos informados con datos incompletos, comunicación efectiva de resultados a audiencias especializadas, e competencias transferibles á investigación e á industria en materiais, microelectrónica, xeoloxía, biomedicina e enerxía.

Titulación universitaria en Química, Enxeñaría Química, Materiais, Biomedicina, Física.

O perfil de egreso desta microcredencial forma profesionais capaces de planificar, executar e validar procesos de caracterización morfolóxica e elemental mediante SEM, FIB e EDS, integrando
coñecementos de fundamentos físicos, preparación de mostras e instrumentación avanzada. Ao
remate, o alumnado demostra autonomía para seleccionar parámetros operativos, optimizar
protocolos, garantir seguridade, calidade, calibración e trazabilidade, interpretar criticamente micrografías, mapas e espectros, estimar incertezas e emitir conclusións robustas en contornos complexos. Adquire destrezas en mantemento básico, resolución de incidencias, xestión de datos e elaboración de informes técnicos claros, así como competencias de comunicación con equipos interdisciplinares e clientes. As saídas profesionais inclúen postos en laboratorios de I+D, servizos centrais e plataformas de caracterización, control de calidade e análise de fallo en sectores como ciencia de materiais, microelectrónica, metalurxia, xeoloxía, biomedicina e enerxía, así como en empresas de instrumentación e consultoría técnica. O perfil é axeitado para roles como especialista/analista SEM‑EDS, operador/a FIB, enxeñeiro/a de caracterización, técnico/a de laboratorio de materiais ou responsable de control de calidade. A microcredencial reforza, ademais, a aprendizaxe autónoma, o pensamento crítico, a ética na xestión de mostras e datos, e a transferencia de coñecemento cara ao tecido produtivo.

  • CE1 Comprender e aplicar os principios físicos da SEM e das técnicas FIB e EDS, seleccionando
    parámetros e modos de operación segundo o material e o obxectivo analítico, xustificando decisións.
  • CE2 Preparar mostras para SEM de forma segura e reproducible, escollendo e executando
    técnicas de corte, montaxe, limpeza e recubrimento condutor (metalización), controlando calidade e trazabilidade.
  • CE3 Operar equipos SEM e FIB, aplicando protocolos de seguridade, calidade e protección
    fronte á radiación; realizar calibración básica, adquisición de datos e resolver incidencias
    en contornos complexos.
  • CE4 Realizar e interpretar análises morfolóxicas e composicionais (micrografías, mapas
    elementais e espectros EDS), estimar incerteza e elaborar informes técnicos con terminoloxía precisa e ferramentas de visualización.

  • CT1 Procesar información, ideas e conceptos
  • CT2 Planificar e organizar
  • CT3 Lidiar con problemas
  • CT4 Utilizar quipos, ferramentas o tecnoloxía con precisión
  • CT5 Capacidades e competencias de autoxestión

Documentación necesaria para o acceso:

Documento de identificación
Título universitario
Curriculum Vitae

ID Nome Carácter Créditos
200668 Microscopía Electrónica de Barrido Obligatoria 2.00

Probas tipo curto ao longo do curso e traballo final (70%) e unha proba final (30%) o 8 de maio.

Avaliación do curso seguirá un modelo continuo que integra a participación nas clases e a
superación das diferentes probas.

Criterios de avaliación:
Asistencia obrigatoria: As persoas participantes deberán asistir, como mínimo, ao 90% das
clases, co fin de garantir o seguimento dos contidos.
Probas de coñecemento: Deberanse superar probas específicas deseñadas para avaliar a
comprensión do

Titulo na microcredencial ” Microscopía Electrónica de Varrido”

Horas síncronas presenciais: 7 horas
Horas síncronas virtuais: 8 horas
Horas docencia asíncrona: 1 hora

Realizaránse probas curtas ao longo do curso, un traballo final e unha proba final de 1 h.