A xestión dos fondos ante o reto da integridade pública, as subvencións públicas
O presente título propio xustifícase pola necesidade de dar resposta a unha demanda social e
profesional crecente de capacitación especializada e aplicada no ámbito da Administración
Pública, en coherencia coa formación ao longo da vida e coa transferencia de coñecemento ao
tecido institucional.
A proposta está orientada á adquisición de competencias transversais e técnicas relacionadas coa xestión dos fondos públicos e a integridade, desempeño profesional na administración, mediante metodoloxías prácticas e actualización flexible de contidos.
Existen referentes externos que evidencian a necesidade de perfís con competencias neste ámbito, porque ningunha titulación oficial ofrece este tipo de competencias. Así mesmo, tras analizar a oferta existente na Universidade de Vigo, conclúese que os obxectivos e competencias propostos non son cubertos por títulos oficiais previos, ao diferenciarse polo seu enfoque aplicado, polo perfil destinatario (profesionais e egresados/as en actualización), pola especialización e polo modelo formativo orientado a resultados, polo que a proposta resulta complementaria e non duplicada.
Coñecer o marco xurídico e normativo aplicable á xestión de fondos públicos e subvencións, tanto a nivel estatal como autonómico e europeo, así como os principios de estabilidade orzamentaria, control e responsabilidade.
Comprender o ciclo completo da subvención, desde a planificación e convocatoria ata a concesión, execución, xustificación, control e, de ser o caso, reintegro.
Adquirir competencias técnicas en xestión económico-contable pública e aplicar os principios de integridade, transparencia e bo goberno na xestión de fondos públicos, identificando riscos de fraude, conflitos de interese e malas prácticas.
Coñecer os mecanismos de control interno e externo, así como os sistemas de auditoría e fiscalización aplicables aos fondos e subvencións públicas.
Manexar ferramentas e procedementos administrativos para a tramitación electrónica, seguimento e control de subvencións e axudas públicas, e analizar casos prácticos e supostos reais, co fin de mellorar a toma de decisións e a resolución de incidencias na xestión de fondos públicos.
Desenvolver habilidades para a rendición de contas e a xustificación ante os órganos de control, garantindo a correcta utilización dos recursos públicos.
Favorecer a coordinación entre as unidades xestoras, así como a comunicación coas entidades beneficiarias e cos órganos de control.
Actualizar coñecementos ante cambios normativos e novos requisitos, especialmente en relación cos fondos europeos e os programas de financiamento público.
Empregados públicos, órganos electos e xestores privados que traballan coa Administración Pública
Administración pública e xestión privada que garde relación coa administración e a xestión pública
S4.3.0 Asignar e controlar recursos públicos
S4.3.1 Xestionar orzamentos e finanzas públicas
S4.0.0 Competencias de xestión
S4.1.0 Desenvolver obxectivos e estratexias
S4.3.2 Xestionar e administrar recursos humanos
T1.3 Traballar con dispositivos e aplicacións dixitais
T1.2 Traballar con números e medidas
T2.2 Planificar e organizar
T2.3 Lidiar con problemas
T2.4 Pensar de maneira creativa e innovadora
Estudos superiores 20%
Estudos medios 15%
Experiencia superior a 10 anos 20%
Órgano electo 25%
Posto desempeñado na Administración Pública 20%
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200673 | La gestión de los fondos ante el reto de la integridad pública, las subvenciones públicas | Obligatoria | 4.00 |
Test de 40 preguntas, suman as respostas correctas 0,25 e restan as respostas incorrectas 0,10
20 de Marzo, proba presencial, 17:15 horas
23 de Marzo, proba presencial 17:15 horas
Título en la Microcredencial ” Na xestión dos fondos ante o reto da integridade pública, as subvencións públicas”
Cando nada parece ir ben, vou ver un canteiro. Este home golpea a rocha cun cicel e un martello centos de veces sen que se vexa unha fenda. Pero no golpe 1001, a rocha fende en dous. E sei que no foi es folpe a que a partiu, senon todos os golpes anteriores
Jacob Riis.
Estudiaremos mediante o “método do caso” o método Harvard” vendo casos reais, que nos sirven para inducir a teoría xurídica, económica e a aplicación práctica das normas contables, orzamentarias, desde o punto de vista do sector público.
Horas síncronas presenciais: 21 horas
Horas síncronas virtuais: 13 horas