ESTUDOS / Títulos propios

Difracción y fluorescencia de rayos X

Difracción y fluorescencia de rayos X
Microcredencial
Ámbito: Química
Área de interés principal: Ciencias
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1269/1
Inicio e fin
Calendar 25/02/2026 - 08/04/2026
Modalidade
Modalidade Semipresencial
Créditos ECTS
ECTS 4
Plazas
10
Preinscrición pechada
03/02/2026 - 17/02/2026
Matrícula
25/02/2026 - 08/04/2026
Descripción

A microcredencial “Difracción e Fluorescencia de Raios X” ten por obxectivo ofrecer unha
formación especializada e aplicada en dúas técnicas analíticas fundamentais para a
caracterización estrutural e elemental de materiais. A proposta combina contidos teóricos e
prácticos que capacitan ao alumnado para comprender os principios físicos destas técnicas,
manexar a instrumentación asociada, procesar e interpretar os datos obtidos e elaborar informes
técnicos.
Esta formación busca ser:
• Académicamente rigorosa, por estar baseada en fundamentos científicos sólidos e impartida
por profesionais con ampla experiencia no uso destas técnicas en contornos de investigación e
análise.
Profesionalmente útil, ao centrarse na aplicación práctica da DRX e FRX en sectores como a
ciencia de materiais, a xeoloxía, a industria e a investigación aplicada.
Persoalmente enriquecedora, ao mellorar as competencias técnicas e analíticas da poboación
adulta con formación científica.
Está dirixida a persoas interesadas en adquirir competencias avanzadas en técnicas de análise
estrutural e elemental mediante raios X, cun enfoque práctico e orientado ao mercado laboral.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
32 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Laboratorio de Seguridade alimentaria de Vigo. CACTI e plataforma de teleformación Moovi
Horario
Mércores e Venres dende o 25 de febreiro o 8 de abril de 17.00 a 20.00.
Prezo
Prezo xeral
376,00 €
Alumni Uvigo
338,40 €
Comunidade Uvigo
319,60 €
Persoas desempregadas
319,60 €
Personas discapacitadas
319,60 €

Formar profesionais capaces de aplicar e integrar coñecemento altamente especializado en DRX/FRX para deseñar, executar e validar metodoloxías avanzadas de caracterización; resolver problemas complexos e imprevisibles con enfoque crítico e innovador; avaliar o desempeño de equipos e proxectos; comunicar con rigor a públicos especializados e non especializados; e actuar con autonomía e responsabilidade, garantindo a seguridade e o cumprimento normativo en protección radiolóxica.

Técnicos con experiencia en laboratorios de análise química. Graduados en Química ou titulacións afíns.

Ao rematar a titulación, o alumnado sabe usar DRX/FRX para identificar materiais e comprobar a súa composición. Aprende a preparar mostras, tomar e tratar datos con criterio, e a redactar informes claros para diferentes públicos. Todo o traballo realízase seguindo boas prácticas de laboratorio e as normas de seguridade e protección radiolóxica. Con este perfil, as principais saídas profesionais son: Laboratorios de I+D e centros tecnolóxicos. Control de calidade en industria (metalurxia, cerámica, cemento, vidro, polímeros, farmacéutica). Xeoloxía e recursos minerais (análise de rochas e minerais). Servizos técnicos universitarios ou de empresas (posta a punto de equipos, procedementos e informes). Consultoría e apoio a proxectos con necesidades de caracterización de materiais. As competencias clave inclúen planificar ensaios, interpretar resultados con rigor, traballar en equipo e comunicar con claridade, mantendo sempre a seguridade e o cumprimento normativo.

  • CE1 Preparar e acondicionar as mostras
  • CE2 Seleccionar e aplicar a metodoloxía adecuada
  • CE3 Operar con los equipos de difracción e fluorescencia de RX
  • CE4 Documentar e comunicar os resultados analíticos
  • CE5 Integrar coñecementos teóricos e prácticos na resolución de problemas analíticos.

  • CT1 Procesar información, ideas e conceptos
  • CT2 Planificar e organizar
  • CT3 Lidiar con problemas
  • CT4 Utilizar quipos, ferramentas o tecnoloxía con precisión
  • CT5 Capacidades e competencias de autoxestión

No Informada

No Informada

ID Nome Carácter Creditos
200674 Técnicas aplicadas en un laboratorio de análisis instrumental Obligatoria 4.00

Criterios de avaliación: Asistencia obrigatoria: As persoas participantes deberán asistir, como mínimo, ao 85% das clases, co fin de garantir o seguimento dos contidos. Probas de coñecemento: Deberanse superar probas específicas deseñadas para avaliar a comprensión dos contidos teóricos e prácticos. Certificación e convocatorias: A obtención da certificación do curso require cumprir todos os requisitos anteriores. Segunda oportunidade unha semana despois

Título na microcredencial ” Difracción e fluorescencia de rayos X”

Realizaránse como mínimo tres probas curtas ao longo do curso e a proba final. Horas síncronas presenciais: 30 horas Horas docencia asíncrona: 2 horas