Espectroscopia de RMN e espectrometría de masas na práctica
A microcredencial Espectroscopía de RMN e espectrometría de masas na práctica ten como
obxectivo ofrecer unha formación especializada, aplicada e actualizada en dúas técnicas
analíticas fundamentais para a caracterización de materiais e compostos químicos. Esta proposta
busca favorecer a transferencia de coñecemento desde o ámbito académico ao mundo
empresarial e á sociedade no seu conxunto, ofrecendo unha formación que sexa:
Académicamente válida, ao estar baseada en contidos rigorosos e actualizados, impartidos por profesionais con experiencia avalada neste campo.
Profesionalmente útil, ao centrarse no uso práctico da espectroscopía de resonancia magnética nuclear (RMN) e da espectrometría de masas, técnicas clave en sectores como a industria farmacéutica, agroalimentaria, medioambiental e de materiais.
Persoalmente enriquecedora, ao permitir que a poboación adulta mellore a súa empregabilidade, actualice os seus coñecementos científicos e acceda a novas oportunidades laborais ou de desenvolvemento profesional.
Esta microcredencial está especialmente dirixida a persoas que desexen adquirir competencias
técnicas avanzadas na análise instrumental, cun enfoque práctico que lles permita aplicar
directamente o aprendido en contornos profesionais reais. Con iso, contribúese á formación
continua, á innovación e á mellora da competitividade no tecido produtivo.
A microcredencial ten por obxectivo, capacitar para aplicar técnicas avanzadas de espectroscopía de RMN e espectrometría de masas na identificación e caracterización de compostos e materiais;
operar e manter equipamento científico-técnico de alta complexidade seguindo protocolos de
seguridade e calidade en laboratorios e servizos técnicos; documentar e comunicar resultados con
terminoloxía precisa en contornos profesionais e investigadores; e integrar coñecementos teóricos e prácticos para resolver problemas analíticos complexos. Cun enfoque práctico e aplicado, responde á demanda do mercado e favorece empregabilidade, transferencia de coñecemento, innovación e competitividade en sectores farmacéutico, agroalimentario, ambiental e de materiais.
Máster relacionado coa Química.
Titulación Universitaria en Química ou relacionadas/Farmacia
O/A egresado/a desta microcredencial estará capacitado/a para aplicar crÍticamente técnicas
avanzadas de RMN e espectrometría de masas na identificación e caracterización de compostos e
materiais; operar e manter instrumentación de alta complexidade en servizos comúns de
investigación e contornos profesionais, seguindo protocolos de seguridade e calidade; interpretar
datos complexos e elaborar informes técnicos claros, adaptados a contextos profesionais e
investigadores; integrar coñecemento teórico‑práctico para resolver problemas analíticos e mellorar procesos; e transferir coñecemento a equipos interdisciplinares. O perfil de egreso axústase a necesidades dos sectores farmacéutico, agroalimentario, ambiental e de materiais, favorecendo empregabilidade e innovación.
- CE1 Aplicar técnicas avanzadas de espectroscopía de RMN e espectrometría de masas
para a identificación e caracterización de compostos químicos, utilizando equipamento
científico-técnico de alta complexidade en contornos profesionais reais. - CE2 Operar e manter instrumentos científicos de última xeración, seguindo protocolos de
seguridade e calidade, en laboratorios de investigación ou servizos técnicos
especializados. - CE3 Documentar e comunicar os resultados das análisesespectroscópicas, empregando
terminoloxía científica precisa e adaptada ao contexto profesional ou investigador. - CE4 Integrar coñecementos teóricos e prácticos para resolver problemas analíticos complexos, contribuíndo á innovación e mellora de procesos en ámbitos como a investigación, a industria química ou farmacéutica.
- CT1 Procesar información, ideas e conceptos
- CT2 Planificar e organizar
- CT3 Lidiar con problemas
- CT4 Utilizar quipos, ferramentas o tecnoloxía con precisión
- CT5 Capacidades e competencias de autoxestión
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200675 | Espectrocopía de RMN y espectometría de masas en la práctica | Obligatoria | 4.00 |
Asistencia obrigatoria: Os participantes deberán asistir, como mínimo, ao 85% das clases
Probas de coñecemento: Deberanse superar probas específicas deseñadas para avaliar a comprensión dos contidos teóricos e prácticos.
Certificación e convocatorias:
A obtención da certificación do curso require cumprir todos os requisitos anteriores.
A segunda oportunidade terá lugar unha semana despois de rematar a formación.
Probas curtas (60%) e unha proba final (40%)
Título na microcredencial ” Espectrocopía de RMN e espectometría de masas na práctica “
Realizaránse como mínimo tres probas curtas ao longo do curso e a proba final será de 2 h.
Horas síncronas presenciais: 30 horas
Horas docencia asíncrona: 2 horas