Técnicas aplicadas nun Laboratorio de análise instrumental
A microcredencial Técnicas aplicadas nun laboratorio de análise instrumental ten como obxectivo
ofrecer unha formación práctica e especializada nas técnicas fundamentais que se empregan
habitualmente nun laboratorio de análise química instrumental. A proposta céntrase na
preparación de mostras e no uso de técnicas analíticas baseadas na espectroscopía atómica,
análise elemental e cromatografía, co fin de capacitar ao alumnado para traballar en contornos
profesionais reais.
Esta formación busca ser:
Académicamente sólida, ao estar baseada en contidos actualizados e impartida por profesionais con experiencia en laboratorios de análise química.
Profesionalmente útil, ao centrarse no manexo de técnicas e instrumentos que se empregan en
laboratorios de control de calidade, investigación e servizos analíticos.
Persoalmente enriquecedora, ao mellorar a empregabilidade e as competencias técnicas da
poboación adulta con formación científica.
Está dirixida a persoas interesadas en adquirir ou actualizar competencias prácticas en análise
instrumental, cun enfoque aplicado e orientado ao mercado laboral.
Proporcionar unha formación técnica e aplicada en preparación de mostras e análise instrumental
(ICP-OES/MIP plasma inducido por microondas, CHNS, cromatografía iónica condutimétrica e
amperométrica, e GC-MS) utilizadas en laboratorios químicos, capacitando o alumnado para operar
os equipos, asegurar a trazabilidade dos datos e traballar con seguridade en contornos profesionais reais.
Técnicos con experiencia en laboratorios de análise química. Graduados en Química ou titulacións
afíns.
Ao rematar a microcredencial, o alumnado será quen de planificar e executar un fluxo analítico
completo con trazabilidade, seleccionar e xustificar a técnica instrumental máis axeitada segundo analito e matriz, e aplicar técnicas de preparación de mostras minimizando interferencias e contaminación. Coñecerá os fundamentos de química analítica xunto con criterios de validación e boas prácticas. Saberá operar os equipos seguindo protocolos de seguridade, realizar calibracións, interpretar os resultados e verificar a idoneidade do dato. Desenvolverá habilidades para diagnosticar e resolver problemas comúns, xestionar residuos e aplicar medidas de seguridade, así como manter o instrumental. Será competente no tratamento e na xestión dixital de datos (follas de cálculo/LIMS, rexistros e control de versións), na elaboración de informes técnicos claros e axustados ao destinatario, e na comunicación de resultados con terminoloxía científica. Integrará coñecementos teóricos e prácticos para abordar problemas nun laboratorio de análise instrumental, adaptando procedementos aos diferentes requisitos esixidos. En conxunto, adquirirá capacidades transferibles que melloran a súa empregabilidade e lle permiten achegar valor inmediato en contornos produtivos e de I+D.
- CE1 Seleccionar estratexias de preparación segundo matriz e analito, minimizando interferencias
- CE2 Seleccionar e aplicar a técnica instrumental adecuada
- CE3 Operar con los equipos de un laboratorio analítico
- CE4 Documentar e comunicar os resultados analíticos
- CE5 Integrar coñecementos teóricos e prácticos na resolución de problemas analíticos.
- CT1 Procesar información, ideas e conceptos
- CT2 Planificar e organizar
- CT3 Lidiar con problemas
- CT4 Utilizar equipos, ferramentas ou tecnoloxía con precisión
- CT5 Capacidades e competencias de autoxestión
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200676 | Técnicas aplicadas en un laboratorio de análisis instrumental | Obligatoria | 2.00 |
Criterios de avaliación:
Asistencia obrigatoria: As persoas participantes deberán asistir, como mínimo, ao 90% das clases, co fin de garantir o seguimento dos contidos.
Probas de coñecemento: Deberanse superar probas específicas deseñadas para avaliar a comprensión dos contidos teóricos e prácticos.
A obtención da certificación do curso require cumprir todos os requisitos anteriores.
A segunda oportunidade terá lugar unha semana despois de rematar a formación.
Título na microcredencial ” Técnicas aplicadas nun laboratorio de análise instrumental “
Realizaránse como mínimo tres probas curtas ao longo do curso e a proba final será de 1h.
Horas síncronas presenciais: 15 horas
Horas docencia asíncrona: 1 horas