Técnica de caracterización química de superficies: XPS
A microcredencial Técnica de caracterización química de superficies: XPS ten por obxectivo
ofrecer unha formación especializada, aplicada e actualizada en a técnica analítica avanzada para a análise superficial de materiais. Esta proposta busca favorecer a transferencia de coñecemento desde o ámbito académico ao tecido produtivo e á sociedade, mediante unha formación que sexa:
Académicamente rigorosa, por estar baseada en contidos teóricos e prácticos actualizados,
impartidos por profesionais con ampla experiencia no uso desta técnicas.
Profesionalmente relevante, ao centrarse na aplicación práctica da espectroscopía de
fotoelectróns excitados por raios X (XPS) técnica clave en sectores como a microelectrónica, a
ciencia de materiais, a biomedicina e a enerxía.
Persoalmente enriquecedora, ao permitir que a poboación adulta con formación científica amplíe as súas competencias técnicas, mellore a súa empregabilidade e acceda a novas oportunidades profesionais.
Esta microcredencial está especialmente dirixida a persoas interesadas en adquirir competencias
avanzadas en análise superficial, cun enfoque práctico que lles permita aplicar directamente os
coñecementos adquiridos en contornos profesionais reais.
Capacitar profesionais con formación universitaria para planificar, executar e validar análises
avanzadas de superficies mediante XPS, integrando fundamentos físico-químicos, configuración
instrumental e metodoloxías de medida. Fomentar a autonomía e o xuízo crítico no deseño de
protocolos, a resolución de problemas complexos, a interpretación rigorosa de espectros e mapas
químicos e a transferencia de coñecemento a contornos de investigación e industriais.
Graduados/as en Enxeñaría Química, Bioenxeñaría, Enxeñaría Química Industrial, Enxeñaría de
Materiais, Enxeñaría da Enerxía, Graduados/as en Química, Dobre Grao en Química e Bioloxía.
Ao rematar a microcredencial, o alumnado dominará os fundamentos fisico-químicos da técnica XPS
aplicadas á caracterización química e estrutural de superficies, sendo quen de planificar, executar e validar análises en contornos profesionais reais. Desenvolverá habilidades para operar, calibrar e manter os equipos con seguridade, deseñar experimentos axeitados aos obxectivos, configurar parámetros de adquisición, procesar e interpretar os datos con criterios de calidade (calibración, trazabilidade, estimación de incerteza) e comunicar resultados con terminoloxía precisa ante públicos especializados e non especializados. Adquirirá capacidades de autonomía e xuízo crítico para resolver problemas analíticos complexos, optimizar procedementos, diagnosticar incidencias instrumentais e analíticas comúns e transferir coñecemento a proxectos de I+D e a procesos industriais. O perfil de egreso proporciona competencias esenciais para o desempeño como especialista/analista en laboratorios de superficies de universidades e centros tecnolóxicos, técnico/a en empresas de materiais avanzados, micro/nanoelectrónica, biomateriais ou enerxía, e profesional de I+D+i en caracterización de recubrimentos, interfaces e fallo de material, favorecendo a innovación e a competitividade.
- CE1 Aplicar técnicas avanzadas para a caracterización química e estrutural de superficies,
utilizando equipamento científico-técnico de alta complexidade en contornos profesionais reais. - CE2 Operar, calibrar e manter instrumentos, seguindo protocolos de seguridade, calidade e
boas prácticas de laboratorio. - CE3 Procesar, interpretar e comunicar os resultados das análises espectroscópicas e
espectrométricas, empregando terminoloxía científica precisa e adaptada ao contexto
profesional ou investigador. - CE4 Integrar coñecementos teóricos e prácticos para resolver problemas analíticos complexos
relacionados coa análise superficial, contribuíndo á innovación en ámbitos como a
investigación de materiais, a microelectrónica, a enerxía ou a biomedicina.
- CT1 Procesar información, ideas e conceptos
- CT2 Planificar e organizar
- CT3 Lidiar con problemas
- CT4 Utilizar quipos, ferramentas o tecnoloxía con precisión
- CT5 Capacidades e competencias de autoxestión
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200677 | Técnica de caracterización química de superficies: XPS | Obligatoria | 2.00 |
Probas tipo curto ao longo do curso (60%) e unha proba final (40%)
Avaliación do curso seguirá un modelo continuo que integra a participación nas clases e a
superación das diferentes probas.
Asistencia obrigatoria: As persoas participantes deberán asistir, como mínimo, ao 90% das
clases, co fin de garantir o seguimento dos contidos.
Probas de coñecemento: Deberanse superar probas específicas deseñadas para avaliar a
comprensión dos contidos.
Título na microcredencial “Técnica de caracterización química de superficies: XPS”
Horas síncronas presenciais: 14 horas
Horas docencia asíncrona: 1 hora
Realizaránse probas curtas ao longo do curso e unha proba final de 1 h.