Seguridade en ferias e atraccións
As atraccións de feira (itinerantes ou estacionarias), xa sexan mecánicas, acuáticas, inchables ou virtuais, representan unha das principais fontes de entretemento para o público. Non obstante, o seu funcionamento implica riscos significativos debido a factores como o movemento mecánico, o desgaste dos materiais, a montaxe e desmontaxe frecuentes, as condicións meteorolóxicas e a interacción constante con usuarios de todas as idades.
A seguridade industrial aplicada a estas instalacións non só protexe o benestar dos usuarios e
operadores, senón que tamén garante o cumprimento da normativa, prevén incidentes graves e
minimiza as perdas económicas derivadas de accidentes.
Este curso está deseñado para ofrecer unha formación integral sobre o deseño, a instalación, os
permisos, o funcionamento e o mantemento seguro das atraccións de feira, combinando a teoría, a
normativa vixente e os obradoiros prácticos.
Tamén abarcará o desenvolvemento dos diversos plans de emerxencia necesarios para obter a
autorización para feiras e actividades temporais dos organismos gobernamentais pertinentes.
Nos últimos anos, rexistráronse numerosos incidentes e accidentes en feiras e parques de
atraccións tanto a nivel local como global, moitos deles relacionados con defectos de deseño,
instalacións deficientes ou falta de mantemento. Estes eventos reforzaron a necesidade de
profesionais formados en xestión da seguridade e de adoptar estándares internacionais que
garantan o funcionamento fiable de cada atracción.
Ademais, o marco legal e regulatorio aplicable é cada vez máis esixente: as axencias
gobernamentais, os organismos reguladores e as compañías de seguros requiren a correcta
implementación de plans de seguridade, revisións regulares e trazabilidade das inspeccións.
Este curso aborda esta necesidade, proporcionando aos estudantes os coñecementos e as
habilidades necesarias para deseñar, instalar, operar e manter atraccións de feira con altos
estándares de seguridade, garantindo a protección dos usuarios, o persoal e o medio ambiente,
reducindo os riscos e cumprindo cos requisitos legais e de certificación.
Profesionais con atribucións profesionais en el ámbito da enxeñaría industrial, interesados en
realizar traballos técnicos relacionados coa seguridade nas feiras e atraccións de feira, en todos os ámbitos concernidos e en todas as fases de proxecto, instalación, etc.
Estudantes de último curso das titulacións de Grao e Mestrado con atribucións profesionais nese
ámbito, que desexen formarse no proxecto, instalación e demais actividades profesionais
relacionadas coa seguridade en feiras e atraccións de feira.
Empresas de enxeñería interesadas en desenvolver a súa actividade no ámbito das feiras e
atraccións de feira, en todas as súas fases, con criterios de seguridade, fiabilidade e eficiencia para unha correcta operación e utilización dos equipos concernidos.
Profesionais con atribucións profesionais de enxeñería industrial interesados en desenvolver a súa actividade profesional no exercicio libre da profesión, orientándose ó ámbito das feiras e atraccións de feira en todas as súas fases, con criterios de seguridade, fiabilidade e eficiencia para unha correcta operación e utilización dos equipos concernidos.
- CE1 Coñecemento da normativa de seguridade de aplicación ás feiras e ás atraccións de feira
- CE2 Coñecemento da natureza e operación das atraccións de feira e o seu contexto
- CE3 Coñecemento da tipoloxía das atraccións de feira en canto á súa seguridade
- CE4 Coñecemento sobre as boas prácticas no proxecto e instalación de atraccións de feira
- CE5 Capacidade para deseñar e supervisar a instalación de atraccións de feira con seguridade
- CE6 Coñecer e comprender problemáticas existentes mediante casos reais
- CE7 Capacidade para elaborar a documentación necesaria para a tramitación das atraccións
- CT1 Comunicación efectiva
- CT2 Resolución de problemas
- CT3 Orientación ó cliente
- CT4 Ética e responsabilidade
1.Graduados en Enxeñería da Rama Industrial con atribucións profesionais: Mecánica, electricidade, electrónica industrial e automática e química.
2. Máster en enxeñería industrial
3. Poderanse admitir estudantes das titulacións
- e
- con o TFG ou TFM pendente
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200678 | Introducción a la seguridad en atracciones itinerantes de feria | Obligatoria | 0.26 |
| 200679 | Proyecto y diseño seguro de atracciones itinerantes de feria | Obligatoria | 0.44 |
| 200680 | Instalación y montaje de atracciones itinerantes de feria | Obligatoria | 0.35 |
| 200681 | Operación segura y gestión del personal | Obligatoria | 0.35 |
| 200682 | Inspección y mantenimiento preventivo | Obligatoria | 0.44 |
| 200683 | Evaluación de riesgos y auditorías | Obligatoria | 0.35 |
| 200684 | Planes de emergencia y de contingencia | Obligatoria | 0.35 |
| 200685 | Tramitación administrativa y autorización | Obligatoria | 0.45 |
Probas de resposta curta: 40%
Entregas de exercicios de prácticas: 40%
Traballo final: 20%
A asistencia mínima para superar o curso será do 70% das horas do curso
Título na Microcredencial “Seguridade en ferias e atraccións”
Horas síncronas presenciais ou virtuais: 34
Horas de avaliación: 10