Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios
Inmersión en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios
É unha formación inicial deseñada para ofrecer unha visión previa, rigorosa e contextualizada da
Corea contemporánea a estudantes, profesionais e persoas interesadas que se preparan para
realizar estudos, estadías académicas no país ou que traballen directamente con empresas
coreanas.
A formación destaca polo seu enfoque intercultural aplicado, que combina análise académica
cunha comprensión práctica dos marcos sociais, culturais, lingüísticos e comunicativos que
estruturan a vida cotiá e o eido universitario en Corea do Sur, así como os contextos laborais e
empresariais.
Desenvolver competencias interculturais, lingüísticas e comunicativas que permitan ás
persoas profesionais hispanofalantes e galegofalantes interactuar con eficacia con empresas
e institucións de Corea do Sur, comprendendo os códigos culturais, lingüísticos e estratéxicos
propios do contorno empresarial coreano
Estudantado de grao, mestrado ou doutoramento da Universidade de Vigo.
Persoas interesadas na cultura coreana, nos estudos asiáticos ou na comunicación intercultural.
Estudantes e profesionais de:
Enxeñarías (toda as ramas):
Enxeñaría Informática → interacción tecnolóxica global, IA, soware e ecosistemas dixitais coreanos.
Enxeñaría de Telecomunicacións → 5G/6G, electrónica, redes e innovación tecnolóxica en Corea.
Enxeñaría Aeroespacial / Aeronáutica do Espazo → industria aeroespacial coreana, innovación e cooperación internacional.
Enxeñarías Industriais, Minas, Enerxía, etc. → cultura profesional e tecnolóxica en Asia.
Bioloxía e Ciencias Experimentais → biotecnoloxía, invesgación cienfica e ecosistemas de
I+D en Corea.
Dereito → negociación, mediación e protocolos instucionais internacionais.
Relacións Internacionais / CC. Políticas → diplomacia cultural, Asia‐Pacífico e cooperación.
ADE / Economía → mercados asiácos, cultura empresarial e internacionalización.
Educación → diversidade cultural, aprendizaxe intercultural e metodoloxías globais.
Humanidades e Ciencias Sociais → linguas, cultura, historia, comunicación e estudos globais.
Persoas que participen en programas de mobilidade internacional (Erasmus+, KA171, convenios
con Asia).
Profesionais ou estudantes que desexen mellorar a súa empregabilidade en contornos globais.
Capacidade para xestionar relacións comerciais e institucionais con Corea do Sur
Competencia para actuar como enlace intercultural en equipos internacionais
Coñecemento aplicado de etiqueta, protocolo e dinámicas empresariais coreanas
Habilidade para adaptar estratexias de comunicación en contextos de negocio global
Competencia básica en lingua coreana para interaccións profesionais sinxelasNo Informada
- CE1 Analizar os fundamentos culturais coreanos aplicados ao ámbito empresarial
- CE2 Interpretar códigos comunicativos coreanos en situacións profesionais
- CE3 Adaptar estratexias de comunicación intercultural a contextos empresariais coreanos
- CE4 Aplicar normas de etiqueta e protocolo empresarial coreano
- CE5 Empregar expresións básicas en lingua coreana en interaccións profesionais sinxelas
- CT1 Competencia intercultural, integrando perspectivas diversas na súa actuación profesional
- CT2 Comunicación efectiva en contextos profesionais, axustando o seu estilo comunicativo
segundo a situación, a persoa interlocutora e as normas culturais do contorno - CT3 Pensamento crítico e análise contextual desde unha perspectiva global
- CT4 Traballo en equipo e colaboración internacional con persoas de diferentes orixes
culturais para construír relacións profesionais positivas - CT5 Resolución de problemas en contextos interculturais
Por orde de inscrición
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200706 | Introducción a Corea del Sur: contexto global y diplomacia. | Obligatoria | 0.75 |
| 200707 | Lengua, comunicación y negociación con Corea del Sur | Obligatoria | 2.25 |
Simulación de negociación
Avaliación final : 23/04/2026 ‐‐> Simulación de negociación (2 hrs 30 mins)
Título na microcredencial ” Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios”
Horas síncronas presenciais: 8h e 30 minutos
Horas síncronas virtuais: 21h e 30 minutos