ESTUDOS / Títulos propios

BIM para a construción industrializada

BIM para a construción industrializada
Microcredencial
Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegación
Área de interés principal: Tecnoloxía
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1287/1
Inicio e fin
Calendar 12/03/2026 - 28/03/2026
Modalidade
Modalidade Presencial
Créditos ECTS
ECTS 5
Prazas
50
Preinscrición pechada
03/03/2026 - 11/03/2026
Matrícula
02/03/2026 - 11/03/2026
Descrición

Este curso forma parte do bloque obrigatorio do programa de “Experto Universitario en
Construción Industrializada”, que consta de cinco accións formativas diferentes pero
relacionadas que se poden realizar de forma independente (tres delas optativas, elixíndose unha
delas en función da cualificación orixinal) ou conxuntamente, e ten como obxectivo ofrecer unha
resposta formativa estruturada e orientada ao exercicio profesional, facilitando a adquisición de coñecementos e habilidades técnicas para desempeñar funcións clave na nova cadea de valor da
construción, segundo os criterios que se expoñen neste documento.
O curso se orienta a capacitar profesionais na aplicación da metodoloxía BIM no contexto da
construción industrializada, con énfase na prefabricación, modularización e produción en serie.
O alumnado adquirirá competencias técnicas e prácticas que lle permitirán afrontar proxectos
reais con garantías de calidade, eficiencia e sostibilidade.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidade organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
40 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, Sede Campus e plataforma de teleformación Moovi
Horario
Xoves e venres de 16.00 a 21.00 horas. Sábados de 9.00 a 14.00 horas
Prezo
Prezo xeral
470,00 €
Alumni Uvigo
423,00 €
Comunidade Uvigo
399,50 €
Persoas desempregadas
399,50 €
Personas discapacitadas
399,50 €
Observación aos prezos

*Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

Comprender o concepto e vantaxes do BIM aplicado á construción industrializada; coñecer sistemas
e metodoloxías actuais; aplicar DfMA e ferramentas dixitais; xestionar proxectos con criterios de
eficiencia, sostibilidade e seguridade.

Profesionais titulados: enxeñeiros/as, arquitectos/as e técnicos/as relacionados coa construción,
interesados en adquirir competencias en BIM e construción industrializada.

Proxectistas BIM, coordinadores/as de industrialización, técnicos/as de prefabricación, xestores/as de montaxe e especialistas en construción eficiente e sostible.

  • CE1 Aplicar a metodoloxía BIM en proxectos de construción industrializada.
  • CE2 Deseñar proxectos adaptados a procesos de fabricación e ensamblaxe.
  • CE3 Manexar ferramentas dixitais para modelado, simulación e coordinación.
  • CE4 Xestionar calidade, tempos e custos con lóxica industrial.
  • CE5 Integrar criterios de sostibilidade e economía circular.

  • CT1 Capacidade de traballo en equipo multidisciplinar.
  • CT2 Comunicación técnica efectiva oral e escrita.
  • CT3 Resolución de problemas complexos en contextos industriais.
  • CT4 Adaptación a novas tecnoloxías dixitais.
  • CT5 Xestión ética e sostible dos proxectos.

ID Nome Carácter Créditos
200735 Fundamentos de BIM para ingeniería Obligatoria 0.50
200736 Construcción industrializada desde la perspectiva técnica Obligatoria 0.50
200737 Modelado avanzado para ingeniería Obligatoria 0.75
200738 Integración con producción y fabricación. Obligatoria 0.75
200739 Coordinación técnica y detección de colisiones. Obligatoria 0.75
200740 Análisis estructural y energético. Obligatoria 0.75
200741 Logística, costes y tiempos Obligatoria 0.50
200742 Gemelos digitales e integración con IoT. Obligatoria 0.50

Métodos de avaliación:
Traballos prácticos: 80%.
Participación activa nas sesións: 20%.

A avaliación se fará a partires da corrección das entregas demandadas.

Microcredencial ” BIM para a construción industrializada”

Este curso forma parte do bloque obrigatorio do programa de Experto en Construción
Industrializada, orientado á formación profesionalizante.

Horas de teoría síncrona: 31 horas
Horas de práctica síncrona: 9 horas