Habilidades Brandas (accesible a persoas con discapacidade intelectual) Pontevedra
Esta microcredencial está pensada para ofrecer unha formación práctica e accesible, dirixida a persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. O obxectivo é reforzar as súas capacidades persoais e sociais, promovendo unha maior autonomía, inclusión e participación activa tanto no ámbito laboral, como no social.
A proposta aposta por unha metodoloxía baseada na linguaxe clara e sinxela, materiais visuais e un enfoque práctico, que facilita a comprensión e a posta en práctica dos contidos.
Favorecer o desenvolvemento de habilidades sociais e comunicativas.
Reforzar a capacidade de traballar en equipo en contornas diversas.
Estimular a creatividade e o pensamento crítico como ferramentas de autonomía.
Introducir e mellorar as competencias dixitais básicas para a vida cotiá e profesional.
Potenciar a confianza persoal e a participación activa na comunidade.
Persoas coa síndrome de Down e con outras discapacidades intelectuais, interesadas en mellorar as súas competencias persoais, sociais e dixitais, tanto para a vida diaria como para unha futura inserción laboral.
Capacidade para empregarse en traballos que requiran atención ao público
- CE1 Comunicarse con maior claridade en diferentes contextos sociais.
- CE2 Participar activamente en equipos de traballo, asumindo responsabilidades.
- CE3 Propoñer ideas creativas e aplicalas en situacións reais.
- CE4 Recoñecer problemas sinxelos e propoñer solucións prácticas.
- CE5 Empregar ferramentas dixitais básicas para mellorar a autonomía e a inclusión
Orde de preinscrición
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200743 | Comunicación | Obligatoria | 0.50 |
| 200744 | Trabajo en equipo | Obligatoria | 0.50 |
| 200745 | Creatividad | Obligatoria | 0.50 |
| 200746 | Pensamiento crítico | Obligatoria | 0.50 |
| 200747 | Nuevas tecnologías y competencias digitales | Obligatoria | 1.00 |
Trabajo realizado en el aula
Evaluación continua
Título na microcredencial ” Habilidades Brandas (accesible a persoas con discapacidade intelectual)”