Seguridade industrial aplicada ao H2 verde
Esta microcredencial ten como obxectivo capacitar ao alumnado nos fundamentos da seguridade industrial vinculada a procesos con hidróxeno verde. Abordaranse aspectos clave como a análise de riscos, o deseño de sistemas seguros, a monitorización en tempo real mediante sensórica, e as tecnoloxías de control aplicadas a contornas de produción, almacenamento e integración de hidróxeno en sistemas enerxéticos, hidroxeneras, cun enfoque técnico e práctico.
A implantación do hidróxeno verde en contornas industriais esixe o dominio de tecnoloxías de prevención, control de riscos e monitorización. Esta microcredencial responde á necesidade urxente de formar profesionais con competencias específicas en seguridade aplicada a sistemas con H₂, cubrindo desde o deseño ata a operación segura das instalacións.
Profesionais de industrias relacionadas co o sector do H2 e afíns. Enxeñería industrial, transporte e loxística, mobilidade sostible, enerxías renovables, mantemento de infraestruturas enerxéticas.
- CE1 Normas de seguridad (K1032)
- CE2 Fornecer información sobre o hidróxeno (S1.4.2)
- CE3 Levar a cabo un estudio de viabilidade sobre o hidróxeno (S2.7.4)
Por orde de preinscripción
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200748 | Propiedades y Materiales | Obligatoria | 1.00 |
| 200749 | Seguridad Industrial | Obligatoria | 1.00 |
| 200750 | Análisis de Riesgos | Obligatoria | 1.00 |
Avaliación continua mediante test de autoavaliación e entrega dun traballo final. Tests Normativos (Asíncronos). Un test en liña ao finalizar cada bloque sobre propiedades e normativa (30%). Proxecto de seguridade (Entregables). Elaboración dunha folla de traballo HAZOP completa ou un informe de clasificación de zonas ATEX dun caso dado (50%). Participación Síncrona. Defensa das solucións propostas no taller de HAZOP e participación en titorías (20%).
Título na microcredencial ” Seguridade industrial aplicada ao H2 verde “
Horas síncronas presenciais: 12 Horas asíncronas: 30 Horas de avaliación: 3