ESTUDOS / Títulos propios

Fabricación de elementos para a construción industrializada

Fabricación de elementos para a construción industrializada
Microcredencial
Ámbito: Arquitectura, construción, edificación e urbanismo, e enxeñaría civil
Área de interés principal: Tecnoloxía
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1299/1
Inicio e fin
Calendar 09/04/2026 - 25/04/2026
Modalidade
Modalidade Presencial
Créditos ECTS
ECTS 5
Prazas
50
Preinscrición pechada
23/03/2026 - 08/04/2026
Matrícula
06/04/2026 - 10/04/2026
Descrición

Este curso forma parte do bloque optativo do programa de “Experto Universitario en
Construción Industrializada”, que consta de cinco accións formativas diferentes pero
relacionadas que se poden realizar de forma independente (tres delas optativas, elixíndose unha
delas en función da cualificación orixinal) ou conxuntamente, e ten como obxectivo ofrecer unha
resposta formativa estruturada e orientada ao exercicio profesional, facilitando a adquisición de coñecementos e habilidades técnicas para desempeñar funcións clave na nova cadea de valor da
construción, segundo os criterios que se expoñen neste documento.
O curso capacita para comprender e aplicar procesos e estratexias de fabricación industrializada de elementos para a construción, incluíndo tipoloxías 2D, 3D e híbridas, organización da produción en planta, control de calidade, integración BIM‐CAD‐CAM, loxística JIT, automatización e sostibilidade. Destaca a precisión, eficiencia e seguridade que achega a
produción en planta, e o rol estratéxico do fabricante na cadea de valor.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidade organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
40 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, Sede Campus e plataforma de teleformación Moovi
Horario
Xoves e venres de 16.00 a 21.00 horas. Sábados de 9.00 a 14.00 horas
Prezo
Prezo xeral
470,00 €
Alumni Uvigo
423,00 €
Comunidade Uvigo
399,50 €
Persoas desempregadas
399,50 €
Personas discapacitadas
399,50 €
Observación aos prezos

*Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

Primarios: Capacitar no deseño e fabricación de elementos prefabricados para construción
industrializada. Implantar sistemas de produción en planta, control de calidade, integración BIM e loxística.
Secundarios: Aplicar criterios de sostibilidade e seguridade en planta. Analizar casos reais e boas prácticas.

Profesionais titulados: enxeñeiros/as, arquitectos/as e técnicos/as relacionados coa construción,
interesados en adquirir competencias na fabricación de compoñentes para a construción
industrializada.

Deseño e fabricación de elementos prefabricados, xestión de produción en planta, control de
calidade, integración BIM‐CAD‐CAM e loxística JIT.

  • CE1 Deseñar e fabricar elementos prefabricados.
  • CE2 Organizar procesos de produción en planta.
  • CE3 Implantar control de calidade e trazabilidade.
  • CE4 Integrar BIM‐CAD‐CAM na fabricación.
  • CE5 Aplicar criterios de sostibilidade e PRL.

  • CT1 Capacidade de traballo en equipo multidisciplinar.
  • CT2 Comunicación técnica efectiva oral e escrita.
  • CT3 Resolución de problemas complexos en contextos industriais.
  • CT4 Adaptación tecnolóxica continua.
  • CT5 Ética profesional e responsabilidade social.

No caso que existan máis solicitudes que prazas, teñen preferencia para matricularse os titulados en Arquitectura e Enxeñaría.

ID Nome Carácter Créditos
200779 Introducción a la construcción industrializada. Obligatoria 0.63
200780 Tipos de elementos prefabricados. Obligatoria 0.63
200781 Procesos de producción en planta Obligatoria 0.62
200782 Gestión de la calidad en la fabricación Obligatoria 0.62
200783 Fabricación con modelos BIM. Obligatoria 0.62
200784 Logística y preparación Obligatoria 0.62
200785 Automatización y digitalización Obligatoria 0.63
200786 Sostenibilidad y seguridad en planta. Obligatoria 0.63

Métodos de avaliación:
Traballos prácticos: 80%.
Participación activa nas sesións: 20%.

A avaliación se fará a partires da corrección das entregas demandadas

Microcredencial en Fabricación de elementos para a construción industrializada

Este curso forma parte do bloque optativo do programa de Experto en Construción Industrializada,
orientado á formación profesionalizante.

Horas de teoría síncrona: 29.8 horas
Horas de práctica síncrona: 10.2 horas