Ferramentas de comunicación para PEMES
Cun enfoque eminentemente práctico, o curso fará un percorrido polas principais ferramentas de
comunicación corporativa.
Para quen?
Autónomos
PEMES
Emprendedores
Profesionais interesados en formarse en comunicación
Para que?
Persoas que estean a comezar, ou a piques de comezar, a súa actividade profesional -> para aprender como enfocar e planificar a súa comunicación
Profesionais/empresas que, cunha actividade profesional xa iniciada, desexen facer medrar o seu negocio -> para lograr atraer a un grupo maior dentro dos seus públicos potenciais
De que falaremos?
Branding, identidade gráfica, creatividade, publicidade, relacións públicas, eventos, comunicación dixital, redes sociais, planificación de medios, entre outros.
O obxectivo xeral do título Ferramentas de comunicación corporativa para PEMES é capacitar ao alumnado para deseñar, xestionar e implantar estratexias de comunicación corporativa adaptadas á realidade das pequenas e medianas empresas. Así mesmo, o título ten como obxectivos: Facilitar a transferencia directa de coñecementos e competencias da contorna académica á contorna profesional. Contribuír á profesionalización da comunicación en PEMES, favorecendo a súa visibilidade e competitividade. Dotar ao alumnado dunha visión integral da comunicación corporativa, entendida como ferramenta estratéxica de xestión empresarial.
Autónomos, PEMES, emprendedores, profesionais interesados en formarse en comunicación.
Emprendedor/a ou empresario/a con competencias en comunicación corporativa
- CE1 Comprender a función estratéxica da comunicación corporativa no contexto das pequenas e medianas empresas.
- CE2 Deseñar e executar accións elementais de relacións públicas e comunicación publicitaria.
- CE3 Xestionar os elementos esenciais do branding e da identidade corporativa gráfica.
- CE4 Seleccionar e planificar canles e medios de comunicación adecuados aos obxectivos e públicos da organización.
- CE5 Xestionar a comunicación dixital e as redes sociais desde unha perspectiva estratéxica e profesional.
- CT1 Capacidade para planificar e organizar tarefas e proxectos en contextos profesionais.
- CT2 Habilidade para a toma de decisión e a resolución de problemas en contornas empresariais.
- CT3 Capacidade para traballar de xeito autónomo e aplicar os coñecementos á práctica profesional.
- CT4 Capacidade para comunicarse de xeito eficaz en contextos profesionais.
- CT5 Capacidade para utilizar ferramentaas dixitais de forma básica e funcional no eido laboral.
Por orde de preinscrición
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200788 | Introducción a la comunicación corporativa. Herramientas de comunicación corporativa | Obligatoria | .40 |
| 200789 | Relaciones públicas y eventos. Formatos publicitarios | Obligatoria | .40 |
| 200790 | Branding. Creatividad | Obligatoria | .40 |
| 200791 | Identidad gráfica | Obligatoria | .40 |
| 200792 | Canales y medios | Obligatoria | .20 |
| 200793 | Planificación de medios | Obligatoria | .80 |
| 200794 | Comunicación digital. Herramientas digitales | Obligatoria | 1.00 |
| 200795 | Redes sociales. Plan de contenidos digitales | Obligatoria | 1.40 |
Avaliación continua durante a impartición do curso con exercicios na aula
Microcredencial en Ferramentas de comunicación para PEMES
Horas de teoría síncrona: 23 horas Horas de práctica síncrona: 23 horas Horas de avaliación: 4 horas