Introdución ás urxencias e emerxencias
Formúlase unha formación breve e orientada á práctica para dar resposta á crecente necesidade de capacitación no ámbito da atención urxente e emerxente.
O programa céntrase en dotar ao persoal de enfermaría de competencias básicas para identificar situacións de urxencia, emerxencia e catástrofe, recoñecer signos de gravidade e realizar unha valoración inicial axeitada.
Inclúe a comprensión da organización dos dispositivos asistenciais e a integración efectiva nos equipos durante os primeiros momentos da atención.
Responde a unha demanda social e profesional vinculada á actualización competencial e á mellora continua esixida no ámbito sanitario.
Axústase aos principios da formación continuada, orientada á actualización de coñecementos e á adaptación ás necesidades reais do sistema asistencial.
Conta co aval de referentes profesionais e científicos do campo das urxencias e emerxencias, que acreditan a pertinencia e especificidade desta formación.
Presenta un carácter introdutorio, práctico e complementario, atendendo unha necesidade formativa non cuberta por outras ofertas de maior extensión ou especialización.
*Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Expoñer as funcións e competencias da enfermería nasúa desempeño na atención ao paciente
urxente/emerxente nos distintos servizos do sistema de saúde, xa sexan hospitalarios ou
extrahospitalarios. Explicando a estrutura, organización e xestión dos servizos de urxencias e o papel que desenvolve o persoal de enfermería en cada un deles. Os obxectivosfundamentais son: Ensinar a actuación enfermeira dentro dun equipo sanitario especializado na atención ao paciente en situación de gravidade nos momentos iniciaisco fin de aumentar a calidade e a seguridade da atención enfermeiranasurxencias e emerxencias
Para graduados universitarios en enfermería que pretendan especializarse nos coidados críticos, así como aqueles profesionais que teñan experiencia ou traballen en exercicio con pacientes críticos e queiran mellorar a súa práctica
Prestar asistencia e coidados
Procedementos de ingresos hospitalarios de urxencias emerxencias
Prestar atención sanitaria ou administrar tratamentos médicos
Capacidades e competencias de autoxestión
Capacidades e competencias para a vida
Prestar asistencia e coidados
Principios da enfermería
Procedementos de ingresos hospitalarios de emerxencia
Prestar atención sanitaria o administrar tratamentos médicos
Capacidades y competencias de autoxestión
Capacidades e competencias básicas
Capacidades de competencia e razoamento
Capacidades e competencias de autoxestión
Capacidades e competencias físicas e manuais
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identificación
Título Universitario
Vida laboral
Colexiado no Colexio Oficial de Enfermaría de Pontevedra
Criterios de admisión
- Experiencia/profesional en exercicio con pacientes críticos: 20%
- Personal Hospital Ribera Povisa: 40%
- Colexiación no Colexio de Enfermaría de Pontevedra: 30%
- Docente UVigo: 10%
| ID | Nome | Carácter | Créditos |
|---|---|---|---|
| 200796 | Cuidados principales de la enfermería de Urgencias | Obligatoria | 1.00 |
| 200797 | Administración y estructura de los servicios de urgencias. Sistemas integrados de emergencias | Obligatoria | 1.00 |
| 200798 | Triaje Enfermero Soporte Vital Basico (Taller) .Triaje enfermero (Taller) | Obligatoria | 1.00 |
Realización de prácticas que permitirán aos estudantes aplicar os conceptos aprendidos en casos reais. 30%
Test de coñecementos: Os participantes deberán superar probas específicas deseñadas para avaliar a comprensión dos contidos teóricos e a capacidade de aplicar os na práctica. 40%
Avaliación taller práctico. 30%
Avaliación presencial: 19/05/2026, e en segunda oportunidade 21/05/2026
Introdución ás urxencias e emerxencias
Horas de teoría síncrona: 30 horas
Horas de práctica síncrona: 2 horas
Horas de avaliación: 4 horas