ESTUDOS / Títulos propios

Ecografía musculoesquelética básica en fisioterapia

Ecografía musculoesquelética básica en fisioterapia
Microcredencial
Ámbito: Fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopedia
Área de interés principal: Ciencias da saúde
Área secundaria de interés: Ciencias da saúde
Código: 1306/1
Inicio e fin
Calendar 24/04/2026 - 24/05/2026
Modalidade
Modalidade Presencial
Créditos ECTS
ECTS 5
Plazas
18
Preinscrición pechada
26/03/2026 - 16/04/2026
Matrícula
24/04/2026 - 24/05/2026
Descripción

A microcredencial está deseñada para dar resposta ás necesidades formativas actuais no ámbito da fisioterapia clínica, especialmente nas áreas de rehabilitación musculoesquelética, deportiva e funcional. A incorporación da ecografía como ferramenta de avaliación e apoio ao razoamento clínicorepresenta un avance significativo na práctica profesional, ao permitir unha visualización directa, dinámica e en tempo real dos tecidos do aparato locomotor.
A ecografía musculoesquelética converteuse nun recurso técnico fundamental para
ampliar a capacidade diagnóstica e mellorar a precisión terapéutica dos fisioterapeutas.
Sen embargo, a pesar do seu crecemento e utilidade contrastada, unha parte importante
dos profesionais non dispón da formación necesaria para empregala de maneira eficaz na
práctica diaria. Esta microcredencial nace co obxectivo de achegar unha capacitación
básica, rigorosa e aplicable, que permita aos fisioterapeutas integrar esta técnica na súa
actividade asistencial de forma segura, eficiente e baseada na evidencia científica.
La

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
50 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Facultade de Fisioterapia Pontevedra
Horario
Presencial o venres de 9:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas o sábado de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00 horas e o domingo de 9:00 a 14:00 Horas
Prezo
Prezo xeral
470,00 €
Alumni Uvigo
423,00 €
Comunidade Uvigo
399,50 €
Persoas desempregadas
399,50 €
Personas discapacitadas
399,50 €

Adquirir coñecementos avanzados en ecografía musculoesquelética aplicada á fisioterapia. Aplicar técnicas ecográficas básicas para a avaliación funcional dos tecidos. Interpretar imaxes ecográficas no contexto da patoloxía musculoesquelética. Integrar os achados ecográficos no razoamento clínico avanzado. Utilizar a ecografía como apoio á toma de decisións en contornos clínicos complexos. Desenvolver criterios críticos sobre a utilidade, indicacións e limitacións da ecografía na práctica fisioterapéutica. Comunicar de forma clara e profesional os resultados da exploración ecográfica. Promover a aprendizaxe autónoma e a actualización continua nesta técnica de imaxe

Diplomados/as ou Graduados/as en Fisioterapia que no curso 2025-26 teñan cumplidos entre 25 e 64 anos

Coñecementos – Coñecer os fundamentos técnicos da ecografía musculoesquelética e os parámetros que condicionan a calidade da imaxe. – Identificar a sonoanatomía básica e distingue imaxes normais de alteracións frecuentes en tecidos brandos Habilidades – Manexar o ecógrafo, selecciona sondas e axusta parámetros para optimizar a imaxe durante a avaliación funcional. -Localizar estruturas anatómicas en tempo real e comunica os achados de forma clara e útil para paciente e equipo asistencial Capacidades profesionais -Realizar exploracións ecográficas básicas aplicando protocolos sistematizados e reproducibles. -Integrar achados ecográficos no razoamento clínico para sustentar decisións terapéuticas

Recoñecer con precisión unha situación de parada cardiorrespiratoria, identificando sinais clínicos e valorando o estado da vítima conforme aos criterios establecidos en contornas sanitarias. Manexar o ecógrafo de forma segura e axusta os parámetros básicos (sonda, profundidade, foco, ganancia, doppler) para obter imaxes de calidade Realizar exploracións sistemáticas de músculos, tendóns, ligamentos e articulacións seguindo protocolos recoñecidos de varrido. Identificar estruturas anatómicas normais e recoñece alteracións ecográficas frecuentes relevantes en fisioterapia Recoñecer artefactos ecográficos habituais (anisotropía, reverberación, sombra…) e modifica a técnica para reducilos. Integrar os achados ecográficos coa avaliación clínica para fundamentar hipóteses, priorizar intervencións e apoiar a toma de decisións Comunicar os achados ecográficos de forma clara a profesionais e pacientes, empregando a imaxe como ferramenta de educación e biofeedback

Comunicar de maneira clara, precisa e adaptada ao paciente ou profesional sanitario os achados clínicos e ecográficos, favorecendo unha comprensión compartida do proceso asistencial. Analiza información clínica e técnica procedente de diferentes fontes, valóraa de forma crítica e toma decisións fundamentadas na evidencia científica e na boa práctica profesional. Abordar situacións clínicas cambiantes ou pouco definidas aplicando métodos de resolución de problemas, adaptándose ás necesidades do paciente e integrando datos obxectivos como a imaxe ecográfica. Identificar as súas propias necesidades formativas, busca literatura científica relevante e actualiza os seus coñecementos de forma autónoma, asegurando unha práctica baseada na evidencia Actúar en consonancia cos principios éticos da fisioterapia, garantindo a seguridade, privacidade e benestar da persoa atendida, e empregando a ecografía e os datos clínicos de forma responsable e dentro das competencias profesionais.

Criterios de admisión: Anos de experiencia laboral (50%) Curriculum Vitae (50%)

ID Nome Carácter Creditos
200824 Ecografía básica en fisioterapia Obligatoria 5.00

A avaliación consistirá na realización en parellas dun caso clínico exposto polo docente. Tamén se esixirá a asistencia ao 80% das horas do curso

Ecografía musculoesquelética básica en fisioterapia

Asistencia en roupa deportiva Horas de teoría presencial: 10 horas Horas de práctica presencial: 40 horas

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.