Fisioterapia en uroxinecoloxía: fundamentos e aplicación clínica
A microcredencial ofrece unha formación especializada e rigorosa nunha das áreas de maior crecemento dentro da fisioterapia contemporánea. A demanda asistencial vinculada ás disfuncións do chan pélvico como incontinencias, dor pélvica crónica, disfunción sexual, alteracións postparto ou trastornos relacionados coa menopausa aumentou de maneira significativa nos últimos anos, impulsada pola maior concienciación social, polos avances na saúde sexual e reprodutiva, e polas evidencias científicas que avalan o papel da fisioterapia como intervención eficaz, segura e fundamentada.
A pesar desta necesidade crecente, moitos profesionais non recibiron durante o grao
formación específica en valoración e tratamento das disfuncións pélvicas e obstétricas, o
que xera unha carencia formativa que impacta directamente na calidade asistencial. Esta
microcredencial nace para dar resposta a ese baleiro, proporcionando coñecementos,
capacidades e habilidades prácticas que permitan a integración da fisioterapia
uroxincolóxica en contextos clínicos diversos: hospitais, consultas privadas, centros de
saúde, unidades materno-infantís ou equipos multidisciplinares vinculados á saúde sexual,
reprodutiva e funcional.
-Formar profesionais de fisioterapia capaces de avaliar, tratar e acompañar ás persoas con disfuncións uroxincolóxicas, obstétricas e pélvicas, integrando coñecementos avanzados e habilidades clínicas nun marco multidisciplinar de saúde. Obxectivos específicos: -Analizar os fundamentos anatómicos e fisiolóxicos do chan pélvico e da función uroxinecolóxica, obstétrica e sexual. -Avaliar alteracións pélvicas mediante exploracións manuais, probas funcionais e ferramentas validadas. -Aplicar técnicas específicas de fisioterapia uroxincolóxica con seguridade e rigor clínico. Integrar a intervención fisioterapéutica dentro de programas multidisciplinares de saúde sexual, reprodutiva e funcional. -Promover hábitos de prevención e educación terapéutica orientados ao benestar pélvico ao longo do ciclo vital.
Diplomados/as ou Graduados/as en Fisioterapia que no curso 2025-26 teñan cumplidos entre 25 e 64 anos
Coñecementos: Comprende a anatomía, fisioloxía e patoloxía funcional do chan pélvico ao longo do ciclo vital. Coñece técnicas e abordaxes específicas da fisioterapia uroxincolóxica, obstétrica e funcional. Capacidades: Avalía e identifica disfuncións pélvicas mediante métodos validados. Integra o tratamento fisioterapéutico en contextos clínicos e multidisciplinares. Habilidades: Aplica intervencións seguras e eficaces orientadas á recuperación funcional e mellora da calidade de vida. Comunica con sensibilidade e rigor nun ámbito asistencial que require especial coidado e confidencialidade.
Realizar unha valoración funcional completa do chan pélvico e estruturas asociadas mediante técnicas manuais e probas específicas. Identificar alteracións uroxincolóxicas e obstétricas, establecendo hipóteses clínicas coherentes co proceso asistencial. Aplicar técnicas de fisioterapia uroxincolóxica, obstétrica e funcional con precisión e dentro dos límites competenciais. Integrar a fisioterapia no coidado de procesos como embarazo, posparto, menopausa, disfunción sexual ou dor pélvica. Deseñar plans de tratamento adaptados á historia clínica, necesidades e obxectivos individuais. Traballar con outros profesionais da saúde (xinecoloxía, obstetricia, urología, matronas, sexoloxía, psicoloxía) garantindo unha atención integral.
Explicar, educar e acompañar ao paciente con claridade, sensibilidade e rigor. Valorar información clínica e científica para tomar decisións terapéuticas baseadas na evidencia. Axustar a intervención segundo evolución, síntomas e necesidades cambiantes. Garantir confidencialidade, consentimento informado e práctica segura en intervencións íntimas. Manter unha actitude de formación permanente e revisión crítica da evidencia
Criterios de admisión: Anos de experiencia laboral (50%) Curriculum Vitae (50%)
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200808 | Fisioterapia en uroginecología y obstetricia | Obligatoria | 2.00 |
Fisioterapia en uroxinecoloxía: fundamentos e aplicación clínica
Asistencia en roupa deportiva Horas de teoría presencial: 8 horas Horas de práctica presencial: 12 horas