Pilates Reformer para fisioterapeutas
A microcredencial en Pilates Reformer proporciona unha formación especializada para integrar esta ferramenta na práctica fisioterapéutica.
O Reformer destaca pola súa versatilidade e eficacia na rehabilitación, permitindo programas seguros, progresivos e personalizados.
Capacita ao alumnado para avaliar pacientes e deseñar exercicios terapéuticos adaptados con criterios de seguridade e evidencia científica.
Responde á demanda de profesionais capaces de incorporar o movemento como elemento central da rehabilitación.
-Comprender os fundamentos biomecánicos, neurofisiológicos e terapéuticos do método Pilates e do uso do Reformer como ferramenta clínica aplicada á rehabilitación musculoesquelética. -Aplicar de forma segura, razonada e técnicamente precisa os exercicios do Pilates Reformer, adaptándoos ao estado funcional e á evolución do paciente. -Diseñar e progresar programas terapéuticos individualizados, integrando o Reformer dentro dun plan global de fisioterapia basado na evidencia -Integrar o Pilates Reformer en contextos clínicos complexos, tomando decisións fundamentadas para optimizar os resultados funcionais e minimizar os riscos.
Diplomados/as ou Graduados/as en Fisioterapia que no curso 2025-26 teñan cumplidos entre 25 e 64 anos
Coñecementos: Comprender os fundamentos do método Pilates Reformer aplicados á rehabilitación. Coñecer o repertorio de exercicios e as súas adaptacións clínicas. Habilidades: Aplicar e adaptar exercicios do Reformer segundo a valoración clínica. Programar sesións terapéuticas integradas nun plan de fisioterapia. Capacidades profesionais: Deseñar intervencións individualizadas con Reformer en contextos sanitarios. Tomar decisións clínicas seguras e fundamentadas na práctica profesional.
Identificar os principios biomecánicos e neurofisiolóxicos do método Pilates Reformer aplicados á rehabilitación musculoesquelética Recoñecer o repertorio de exercicios e as súas progresións para a súa adaptación clínica en diferentes perfís de pacientes Executar e adaptar correctamente os exercicios do Reformer, axustando a técnica, carga e resistencia segundo a avaliación clínica Programar sesións terapéuticas estruturadas, integrando o Reformer dentro dun plan de tratamento baseado na evidencia Deseñar plans terapéuticos individualizados que incorporen o Pilates Reformer de forma segura e orientada a obxectivos funcionais
Explicar con claridade instrucións e obxectivos ao paciente Colaborar con outros profesionais na planificación terapéutica Analizar información clínica e escoller a mellor intervención Actualizar coñecementos e mellorar a práctica de forma continua Identificar riscos e aplicar medidas de seguridade na sesión
Criterios de admisión: Anos de experiencia laboral (50%) Curriculum Vitae (50%)
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200813 | Pilates Reformer para fisioterapeutas | Obligatoria | 2.00 |
A avaliación consistirá na entrega de un traballo realizado en parellas co desenvolvemento dunha sesión no método Pilates Reformer para un caso clínico exposto polo docente. Tamén se esixirá a asistencia ao 80% das horas do cursojavascript:void(0)
Pilates Reformer para fisioterapeutas
Asistencia en roupa deportiva Horas de teoría presencial: 6 horas Horas de práctica presencial: 14 horas