ESTUDOS / Títulos propios

Intelixencia artificial xerativa aplicada á xestión universitaria

Intelixencia artificial xerativa aplicada á xestión universitaria
Microcredencial
Ámbito: Enxeñería informática e de sistemas
Área de interés principal: Tecnoloxía
Área secundaria de interés: Ciencias
Código: 1310/1
Inicio e fin
Calendar 05/05/2026 - 27/05/2026
Modalidade
Modalidade Virtual síncrona
Créditos ECTS
ECTS 2
Plazas
400
Preinscrición pechada
07/04/2026 - 28/04/2026
Matrícula
23/04/2026 - 07/05/2026
Descripción

Ante os constantes cambios no sector público, a Intelixencia Artificial xorde como unha ferramenta clave para modernizar a xestión no ámbito universitario. Esta microcredencial de 2 ECTS, creada á medida para o PTXAS da Universidade de Vigo, ofrece unha capacitación técnica e realista, conectada directamente cos desafíos diarios da institución.
Mediante unha metodoloxía participativa e totalmente práctica, os profesionais aprenderán a
integrar a IA na elaboración de informes, a automatización de procesos e a análise de datos
complexos. O fin último é proporcionar os recursos necesarios para axilizar a administración,
eliminando tarefas burocráticas pesadas para priorizar un servizo de excelencia á comunidade
universitaria.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
15 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Moovi + Campus Remoto/Microsoft Teams
Horario
Común (6h) 05 maio de 11 a 14h;11 maio de 09 a 12h. Grupo reducido (9h) G1 13,18 e 25 maio 09 a 12h ; G2 14,21 e 27 maio 16 a 19h; G3 15 e 27 maio 09 a 12h e 22 maio 11 a 14 h
Prezo
Prezo xeral
188,00 €
Alumni Uvigo
169,20 €
Comunidade Uvigo
159,80 €
Persoas desempregadas
159,80 €
Personas discapacitadas
159,80 €

Obxectivo principal:
Instruír ao PTXAS da Universidade de Vigo na aplicación real da Intelixencia Artificial,
convertendo conceptos tecnolóxicos abstractos en ferramentas operativas que resolvan necesidades do seu labor cotián.
Obxectivos específicos:
Proporcionar un coñecemento sólido sobre o funcionamento, tipoloxías e límites da IA
Xenerativa, derrubando prexuízos e fendas de coñecemento técnico.
Incrementar a eficiencia operativa mediante a automatización de tarefas mecánicas e o uso
avanzado de follas de cálculo (Excel) para minimizar a carga administrativa.
Axilizar a creación de informes, permitindo que o persoal priorice o servizo sobre o papeleo.
Adoptar técnicas de análise e busca avanzada para asegurar que as resolucións administrativas sexan rigorosas e se baseen estritamente en fontes oficiais.
Adaptar cada ferramenta de IA ao contexto específico da UVigo, garantindo que o aprendido
sexa executable no posto de traballo desde a primeira sesión.

Persoal Técnico de Xestión e de Administración e Servizos das universidades ou centros
universitarios.

  • CE1 Xestionar datos e información dixital: Organizar e almacenar datos de usuarios de forma
    estruturada para o seu procesamento mediante ferramentas de IA.
  • CE2 Utilizar ferramentas de análise de datos de intelixencia artificial: Aplicar algoritmos e
    modelos de linguaxe (LLMs) para extraer patróns, resumir informes técnicos e axilizar a
    toma de decisións.
  • CE3 Garantir a protección de datos persoais: Aplicar a normativa (RGPD) ao utilizar
    ferramentas de IA, asegurando que a información sensible da cidadanía estea
    anonimizada e protexida.
  • CE4 Redactar informes técnicos administrativos: Elaborar documentación oficial apoiándose
    en ferramentas de xeración de texto e transcrición automática.
  • CE5 Automatizar procesos administrativos: Configurar fluxos de traballo dixitais para reducir
    tarefas repetitivas na xestión de expedientes e servizos públicos.

  • CT1 Pensamento crítico: Avaliar de forma obxectiva os resultados xerados pola IA (evitar
    sesgos ou alucinacións) antes de incorporalos a un expediente público.
  • CT2 Adaptación ao cambio tecnolóxico: Manter unha actitude proactiva ante a evolución
    constante das ferramentas dixitais na administración pública.
  • CT3 Comunicación dixital: Interactuar de maneira efectiva a través de canles síncronas
    (videoconferencias) e dominar a linguaxe dos “prompts” para comunicarse cos sistemas de IA.
  • CT4 Resolución de problemas complexos: Identificar ineficiencias no fluxo de traballo e
    propoñer solucións creativas utilizando a tecnoloxía dispoñible.
  • CT5 Aprendizaxe autónoma: Capacidade para actualizar coñecementos sobre novas
    funcionalidades de IA e ferramentas de produtividade sen necesidade de supervisión constante.

Persoal Técnico, de Xestión y de Administración e Servizos da Universidade de Vigo 100%
Por orde de preinscrición

ID Nome Carácter Creditos
200814 Bloque 1: Fundamentos de la IA Obligatoria 0.50
200815 Bloque 2: Gestión Documental e Inteligencia de Datos Obligatoria 0.75
200816 Bloque 3: Automatización y productividad administrativa Obligatoria 0.50
200817 Bloque 4: Aplicaciones especializadas y cierre Obligatoria 0.25

Para superar o curso, o alumnado deberá cumprir con:
Unha presencialidade mínima do 80%.
Participar activamente nas sesións.
Entregar as tarefas prácticas que demostre a aplicación da IA en supostos reais do seu posto de traballo.

Microcredencial en ” Intelixencia artificial xerativa aplicada á xestión universitaria”

Horas de teoría síncrona: 22 horas
Horas de práctica síncrona: 11 horas