Ciencias Xerais de acceso á universidade
Esta microcredencial ofrece formación na materia de Ciencias Xerais, concibida para o alumnado que desexa acceder a titulacións universitarias de ciencias, tecnoloxía e ciencias da saúde. O programa estrutúrase arredor dos cinco bloques de saberes básicos establecidos pola normativa vixente (RD 243/2022): construíndo ciencia, un universo de materia e enerxía, o sistema Terra, bioloxía para el século XXI e as forzas que nos moven.
A metodoloxía do curso baséase nun enfoque semipresencial que combina explicacións teóricas coa resolución práctica de exercicios e problemas, integrando os coñecementos de química, física, bioloxía e xeoloxía necesarios para ter unha comprensión global da ciencia.
Ademais de consolidar a base científica do estudantado internacional ou daquel que retoma os seus estudos, o programa oriéntase especificamente a dotalos das destrezas necesarias para superar as probas de acceso á universidade (PCE). Para iso, inclúe un adestramento continuo con probas de avaliación adaptadas e facilita unha transición adecuada cara ás esixencias do nivel universitario.
Obxectivo xeral: Que o estudantado adquira os coñecementos, as capacidades analíticas e as estratexias necesarias para superar con éxito as probas de acceso á universidade na materia de Ciencias Xerais e afrontar con garantías os primeiros cursos de titulacións científicas, técnicas e de ciencias da saúde.
Obxectivos específicos:
- Consolidar os contidos da materia de Ciencias Xerais e os coñecementos previos interdisciplinares (química, física, bioloxía e xeoloxía) nos que se apoian.
- Comprender e aplicar as metodoloxías propias da investigación científica para a identificación de problemas, a formulación de hipóteses e a interpretación de datos.
3.Resolver problemas numéricos e teóricos sobre a estrutura da materia, as reaccións químicas e os intercambios de enerxía e procesos termodinámicos. - Analizar a dinámica do sistema Terra, os ecosistemas, os principais retos medioambientais e a saúde humana desde un enfoque sostible (“One Health”).
- Explicar as funcións das biomoléculas, os procesos de expresión xenética e avaliar as aplicacións e repercusións da biotecnoloxía actual.
- Aplicar as leis fundamentais da física e as forzas da natureza á resolución de problemas prácticos de cinemática e dinámica.
- Desenvolver estratexias para resolver probas escritas con límite de tempo e adestrarse mediante a resolución de probas reais tipo exame.
Persoas que queren acceder a titulacións universitarias da rama científica, tecnolóxica e de ciencias da saúde e precisan reforzar a súa base científica interdisciplinar: estudantado de 2º de bacharelato ou que prepara as probas de acceso á universidade (PCE), estudantado procedente doutros sistemas educativos internacionais e persoas adultas que retoman os estudos.
Formación previa recomendada: ter cursado ou estar cursando o último curso de educación secundaria superior (bacharelato ou equivalente) con formación básica en ciencias e matemáticas. Non se require titulación universitaria.
Castelán 10%
Inglés 90%
Non se trata dunha formación orientada a unha saída profesional directa, senón á continuación de estudos universitarios. Ao rematar, o estudantado estará en condicións de afrontar con garantías as probas de acceso á universidade na materia de Ciencias Xerais e de acceder a graos do ámbito científico, tecnolóxico e das ciencias da saúde (Bioloxía, Ciencias Ambientais, Enxeñarías, Medicina, Farmacia, Enfermaría, etc.). Capacidades adquiridas: dominio dos contidos interdisciplinares de Ciencias Xerais (química, física, bioloxía e xeoloxía); resolución autónoma de problemas científico-tecnolóxicos; comprensión e aplicación do método científico; argumentación baseada en evidencias sobre procesos do medio natural; e estratexias para afrontar probas de avaliación con límite de tempo.
- CE1 -Aplicar as metodoloxías propias da ciencia, utilizando con precisión procedementos, materiais e instrumentos adecuados, para responder a cuestións sobre procesos físicos, químicos, biolóxicos e xeolóxicos.
CE2- Comprender e explicar os procesos da contorna e explicalos, utilizando os principios, leis e teorías científicos adecuados, para adquirir unha visión holística do funcionamento do medio natural.
CE3- Argumentar sobre a importancia dos estilos de vida sostibles e saudables, baseándose en fundamentos científicos, para adoptalos e promovelos na súa contorna.
CE4- Aplicar o pensamento científico e os razoamentos lóxico-matemáticos, mediante a busca e selección de estratexias e ferramentas apropiadas, para resolver problemas relacionados coas ciencias experimentais.
CE5- Analizar a contribución da ciencia e das persoas que se dedican a ela, con perspectiva de xénero e entendéndoa como un proceso colectivo e interdisciplinar en continua construción, para valorar o seu papel esencial no progreso da sociedade.
CE6- Utilizar recursos variados, con sentido crítico e ético, para buscar e seleccionar información contrastada e establecer colaboracións.
- CT1 -Analizar e resolver problemas de xeito lóxico e estruturado (ESCO: problem solving).
CT2- Comunicar información, ideas, problemas e solucións de forma clara e precisa a diferentes tipos de público (ESCO: communicate effectively).
CT3-Traballar de forma autónoma, xestionando o tempo e tomando decisións responsables durante o proceso de aprendizaxe e avaliación (ESCO: decision-making).
CT4- Traballar en equipo de forma responsable, colaborando activamente na consecución de obxectivos comúns (ESCO: work in teams).
CT5- Buscar, avaliar e sintetizar información procedente de múltiples fontes empregando ferramentas tecnolóxicas (ESCO: manage digital information).
Documentación requirida
Documento de identificación
Certificado de estudos previos
Orde de preinscrición
Total: 72 h en 25 semanas lectivas 58 h de Teoría e problemas, 10 h de Prácticas e 4 h de Avaliación. Exclúense os períodos non lectivos de Nadal (do 22/12/2026 ao 07/01/2027) e Semana Santa (do 22/03/2027 ao 29/03/2027) e Festivos do Calendario Académico da Universidade de Vigo.
Horas síncronas presenciais: 52 horas (38 horas de teoria e problemas, 10 horas de prácticas de laboratorio e 4 horas de avaliación.
Horas síncronas virtuais: 20 horas
CALENDARIO E HORARIO DAS CLASES
Docencia presencial ou semipresencial un día á semana (mércores), en sesións de 3 horas semanais.
Horario xeral: mércores de 16:00 a 19:00.
M1 (4h Teoría, 2h Práctica): 04/11 (3h Teoría) e 11/11/2026 (1h Teoría, 2h Práctica).
M2 (10h Teoría, 2h Práctica): 18/11, 25/11, 02/12/2026 (Teoría) e 09/12/2026 (1h Teoría, 2h Práctica).
M3 (13h Teoría, 2h Práctica): 16/12/2026; 13/01, 20/01, 27/01/2027 (Teoría) e 03/02/2027 (1h Teoría, 2h Práctica).
M4 (13h Teoría, 2h Práctica): 10/02, 17/02, 24/02, 03/03/2027 (Teoría) e 10/03/2027 (1h Teoría, 2h Práctica).
M5 (10h Teoría, 2h Práctica): 17/03, 31/03, 07/04/2027 (Teoría) e 14/04/2027 (1h Teoría, 2h Práctica).
M6 (8h Teoría e probas): 21/04, 28/04 e 05/05/2027 (resolución de problemas e probas tipo exame).
Avaliación:
1ª oportunidade: venres 07/05/2027 (2 horas).
2ª oportunidade: mércores 19/05/2027 (2 horas).
| ID | Nome | Carácter | Créditos |
|---|---|---|---|
| 200896 | Ciencias Generales de acceso a la universidad | Obligatoria | 6.00 |
Avaliación continua e proba final, cualificadas sobre 10 puntos:
Prácticas de laboratorio (30 %)
Cuestionarios por módulo (20 %)
Para superar o título requírese unha cualificación global igual ou superior a 5,0 e un mínimo de 4,0 na proba final. Na 2ª oportunidade, a proba final ponderará un 70 % e conservarase a nota obtida nas prácticas (30 %).
Microcredencial Universitaria en Ciencias Xerais de acceso á universidade
M1-Construíndo Ciencia
M2-Un universo de materia e enerxía
M3-O sistema Terra
M4-Bioloxía para o século XXI
M5-As forzas que nos moven
M6-Resolución de problemas e probas tipo exame