Deseño e medida de circuitos integrados fotónicos
Este programa formativo, ao abeiro da Cátedra NextChip da Universidade de Vigo, capacitará aos participantes no deseño e medida de chips fotónicos. A Cátedra NextChip (http://nextchip.es/), financiada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, desenvolve ferramentas de testeo e caracterización de chips fotónicos e electrónicos de nova xeración.
Dentro do mercado global de semiconductores, a demanda de dispositivos fotónicos está medrando anualmente a ritmos próximos ao 20%, con Europa apostando polo aumento da súa capacidade produtiva coa posta en marcha de novas plantas de fabricación (foundries). Os chips fotónicos son esenciais para as necesidades do desenvolvemento tecnolóxico na automoción, comunicacións, computación cuántica, defensa, dispositivos médicos e electrónica de consumo.
Esta formación é unha excelente oportunidade para gañar competencias nestas tecnoloxías e adquirir unha preparación moi demandada no mercado laboral nacional e europeo.
Este programa formativo está financiado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais a través da convocatoria de axudas destinada a financiar, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, a creación de Cátedras Universidade-Empresa no período 2023-2027 cuxa actividade está centrada na investigación, difusión e formación en distintas áreas de aplicación da microelectrónica.
O programa sitúase no ámbito do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) denominado “PERTE Chip” que constitúe una iniciativa estratéxica dirixida a desenvolver as capacidades científica, de deseño e produción da industria española da microelectrónica e os semicondutores buscando xerar un efecto multiplicador nos sectores tecnolóxicos e no conxunto da economía do pais.
As bases desta convocatoria poden consultarse aquí:
https://portalayudas.mineco.gob.es/catedras-chip/Paginas/Index.aspx
O título busca a capacitación en deseño e medida de dispositivos fotónicos e electrónicos. A
formación é maiormente práctica, co fin de preparar aos participantes para a súa incorporación á
crecente oferta de postos cualificados en plantas de deseño e produción de chips fotónicos.
Nesta fomación os participantes aprenderán a deseñar e probar circuítos integrados
fotónicos:
Que conteñan dispositivos pasivos
Que conteñan compoñentes activos, como láseres, moduladores, amplificadores
ópticos, fotodiodos de alta velocidade, etc.
Que conteñan compoñentes electrónicos pasivos de alta velocidade
Esta formación está especialmente dirixida a estudantes e titulados universitarios no ámbito da
tecnoloxía, principalmente Física e Enxeñerías, como Telecomunicación, Electrónica, Mecánica,… ou outros profesionais con experiencia laboral no ámbito da formación.
Castelán e inglés 50%
Os campos específicos aos que os estudantes poden acceder profesionalmente tras finalizar o curso
son cada vez máis amplos dado o carácter interdisciplinario e a crecente importancia da fotónica, que, como xa se indicou, foi seleccionada como una das cinco KET pola Unión Europea, e máis en particular da fotónica integrada.
- CE1 Capacidade de comprensión das disciplinas involucradas na fotónica
- CE2 Entender o proceso de deseño e proba de dispositivos fotónicos tanto activos como pasivos
- CE3 Entender o proceso de deseño e proba de compoñentes electrónicos pasivos de alta velocidade
- CE4 Manexo de ferramentas para o deseño de circuítos integrados fotónicos
- CE5 Coñecer os principios de fabricación de PICs en sala limpa
- CE6 Entender e manexar ferramentas para o empaquetado de PICs en módulos
- CE7 Capacidade para simular e probar circuítos fotónicos con aplicacións cuánticas
- CT1 Capacidade para xestionar proxectos tecnolóxicos
- CT2 Coñecementos de xestión de activos de propiedade intelectual e industrial
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identidade
Copia do título universitario
Certificado de estudos previos
Certificado de experiencia profesional ou equivalente
Curriculum Vitae
Carta de motivación
A Dirección do título poderá realizar entrevistas persoais de consideralo oportuno para unha
mellor comprensión dos méritos alegados, e poderá establecer novos criterios compatibles cos anteriores para concretar a aplicación dos principios e criterios enunciados. Nese caso, a puntuación será:
Currículo: 60%
Carta de motivación: 20%
Entrevista persoal: 20%
Deseño e proba de dispositivos integrados fotónicos pasivos:
– Introdución teórica sobre o deseño de dispositivos fotónicos
– Introdución práctica sobre o deseño de circuítos fotónicos utilizando o software
– Deseño dos propios chips utilizando o software
– Introdución teórico-práctica sobre o uso do software de medición remota
– Medidas de laboratorio sobre o chip utilizando o software de medición
Deseño e proba de dispositivos integrados fotónicos activos:
– Introdución práctica sobre o deseño e proba de circuítos fotónicos activos utilizando
software
– Medidas de laboratorio sobre chips activos utilizando o software de medición
| ID | Nome | Carácter | Créditos |
|---|---|---|---|
| 200899 | Diseño y prueba de dispositivos integrados fotónicos pasivos | Obligatoria | 4.00 |
| 200900 | Diseño y prueba de dispositivos integrados fotónicos activos | Obligatoria | 3.00 |
Para a avaliación do alumnado terase en conta o seguinte:
Asistencia ás clases
Probas e exercicios de avaliación continua que se irán facendo durante o curso
Avaliación dos informes de prácticas establecidos
Microcredencial en Deseño e Medida de Circuitos Integrados Fotónicos
Francisco Manuel Da Luz Soares
David Álvarez Outerelo
Este programa formativo está financiado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación
Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais a través da convocatoria de axudas destinada a financiar, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, a creación de Cátedras Universidade-Empresa no período 2023-2027 cuxa actividade está centrada na investigación, difusión e formación en distintas áreas de aplicación da microelectrónica.
O programa sitúase no ámbito do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación
Económica (PERTE) denominado “PERTE Chip” que constitúe una iniciativa estratéxica dirixida a
desenvolver as capacidades científica, de deseño e produción da industria española da
microelectrónica e os semicondutores buscando xerar un efecto multiplicador nos sectores
tecnolóxicos e no conxunto da economía do pais.
As bases desta convocatoria poden consultarse aquí:
https://portalayudas.mineco.gob.es/catedras-chip/Paginas/Index.aspx
A docencia impartirase da seguinte forma:
Horas síncronas presenciais: 60 horas.
Horas síncronas virtuais: 12 horas.
Horas asíncronas: 20 horas.