ESTUDOS / Títulos propios

Modelado Dinámico e Control Avanzado de Accionamentos PMSM con MATLAB-Simulink

Modelado Dinámico e Control Avanzado de Accionamentos PMSM con MATLAB-Simulink
Microcredencial
Ámbito: Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicación
Área de interés principal: Tecnoloxía
Área secundaria de interés: Tecnoloxía
Código: 1339/1
Inicio e fin
Calendar 12/03/2027 - 16/04/2027
Modalidade
Modalidade Presencial
Créditos ECTS
ECTS 3
Prazas
20
Período de inscrición
04/01/2027 - 19/02/2027
Matrícula
22/02/2027 - 08/03/2027
Descrición

Curso eminentemente práctico que proporciona os coñecementos esenciais para deseñar, modelar e validar accionamentos eléctricos baseados en motores síncronos de imás permanentes utilizando as ferramentas estándar da industria: MATLAB, Simulink.
Dirixido traballadores do sector da automoción, o programa de estudos abrangue todo o fluxo de traballo: dende o modelado do convertedor electrónico de potencia ata a implementación de técnicas de modulación e control dos inversores empregados no accionamento de motores eléctricos de corrente alterna empregados nos vehículos eléctricos, como o Control Vectorial Orientado (FOC).

Coordinador/a: Jesús Doval Gandoy
Teléfono de contacto: 986130304
Email de contacto: jdoval@uvigo.gal
Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidade organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
20 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Escola de Enxeñaría Industrial
Horario
Venres de 16:00h a 21:00h
Prezo
Prezo xeral
95,00 €
Alumni Uvigo
85,50 €
Comunidade Uvigo
80,75 €
Persoas desempregadas
80,75 €
Personas discapacitadas
80,75 €

Este curso está deseñado para capacitar aos estudantes no modelado e simulación de accionamentos eléctricos baseados en motores PMSM utilizando Matlab-Simulink. Ademais, os estudantes aprenderán a modelar e simular convertidores DC/AC con modulación por ancho de pulso (PWM), con control de corrente en lazo pechado. O curso tamén aborda o modelado e simulación de motores síncronos de imáns permanentes (PMSM) e o control por campo orientado (FOC) baixo diferentes condicións de operación. Ao finalizar o curso, os estudantes non só comprenderán a teoría, senón que serán capaces de aplicar os coñecementos adquiridos en situacións prácticas, utilizando as ferramentas de MATLAB e Simulink.

Persoal técnico con experiencia en sistemas electrónicos e graduados en enxeñaría electrónica que teñan interese en introducirse no modelado e deseño dos accionamentos empregados na propulsión de vehículos eléctricos.

Os coñecementos adquiridos no curso permitirán que alumnado se incorpore no departamento de enxeñaría de empresas do sector do vehículo eléctrico.

  • CE1 Deseñar sistemas ou equipos eléctricos ou electrónicos (S1-11-2)
  • CE2 Modelar electrónica de potencia

  • CT1 Pensamento analítico
  • CT2 Resolver problemas complexos

Documentación requirida:

  • Documento de identificación
  • CV

Orde de preinscripción

  • Modelado de convertedores DC/AC PWM para a análise do lazo de control de corrente con Matlab-Simulink.
  • Modelado e simulación dun convertedor DC/AC PWM con control de corrente en lazo pechado.
  • Modelado dinámico de motores de imáns permanentes (PMSMs).
  • Control de corrente e velocidade dun PMSM.
  • Control dun PMSM sen sensor de velocidade.

ID Nome Carácter Créditos
200902 Modelado Dinámico y Control Avanzado de Accionamientos Eléctricos PMSM con MATLAB-Simulink Obligatoria 2.50

  • Asistencia (obrigatoria do 80%): 20%.
  • Traballo individual sobre o modelado e simulación do accionamento eléctrico baseado en PMSM (80%).

Microcredencial Universitaria no Modelado Dinámico e Control Avanzado de Accionamentos PMSM con MATLAB-Simulink

Jesús Doval Gandoy