Introdución á Mobilidade Transfronteiriza Galicia–Norte de Portugal
Esta microcredencial ofrece unha formación introdutoria e aplicada sobre o marco xurídico, económico e social que regula o traballo transfronteirizo entre Galicia e o Norte de Portugal.
O programa aborda os conceptos clave da mobilidade laboral transfronteiriza, os dereitos e obrigas básicas das persoas traballadoras, así como os procedementos administrativos e as condicións de residencia, contratación e mobilidade profesional. Así mesmo, da a coñecer os principais organismos, servizos e programas de apoio á mobilidade laboral, con especial atención á Rede EURES e aos servizos públicos de emprego, proporcionando ferramentas para o acceso a información fiable e actualizada.
A través da análise de casos prácticos sinxelos, o alumnado poderá identificar riscos e oportunidades asociados á mobilidade laboral transfronteiriza e adquirir competencias básicas para asesorarse ou orientar a outras persoas neste ámbito.
11, 18 de decembro e 15, 22 e 29 xaneiro de 16 a 19 horas.
*15 axudas
As persoas usuarias dalgunha das entidades socias do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal que amosen interese na mobilidade transfronteiriza; traballadores/as dalgunha das entidades socias do EURES Transfronteirizo Galicia–Norte de Portugal; persoas que traballen nun dos organismos públicos que reciben consultas das persoas que son ou teñen interese en ser traballadores/as transfronteirizos (Seguridade Social, Facenda, Servizos de Emprego, etc.) e persoal de departamentos de RRHH de empresas situadas en Galicia ou Norte de Portugal con interese en contratar traballadores/as transfronteirizos/as, poderán ter acceso a unha das 15 axudas para sufragar os custes desta microcredencial.
Obxectivo xeral: Proporcionar ao alumnado os coñecementos e as ferramentas básicas para comprender e xestionar os aspectos legais, económicos, administrativos e sociais da mobilidade laboral transfronteiriza entre Galicia e o norte de Portugal, facilitando o acceso a información fiable e a utilización das oportunidades de emprego na área transfronteiriza.
Obxectivos específicos:
- Comprender os conceptos fundamentais e o marco normativo básico da mobilidade laboral transfronteiriza entre España e Portugal.
- Identificar os principais dereitos e obrigas dos traballadores transfronteirizos en materia de contratación, condicións de traballo, Seguridade Social, tributación e residencia.
- Recoñecer os procedementos administrativos e os requisitos básicos asociados ao acceso ao emprego, á contratación e á mobilidade profesional entre ambos os territorios.
- Familiarizarse coas principais organizacións, servizos e programas de apoio á mobilidade laboral, con especial atención á rede EURES e aos servizos públicos de emprego de España e Portugal.
- Localizar e utilizar fontes de información fiables e actualizadas sobre ofertas de emprego, normativa laboral, procedementos administrativos e recursos de orientación profesional.
- Analizar estudos de casos sinxelos para identificar oportunidades, dificultades e riscos asociados ao traballo transfronteirizo.
- Desenvolver habilidades básicas para guiar a outras persoas na procura de información e na identificación de recursos de asesoramento sobre mobilidade laboral transfronteiriza.
- Promover unha abordaxe informada e proactiva das oportunidades de emprego e desenvolvemento profesional que ofrece a área de cooperación Galicia-Norte de Portugal.
- Vai dirixido fundamentalmente a graduados e graduadas sociais, así como profesionais da rama xurídico-social.
- Persoas usuarias dalgunha das entidades socias do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal que amosen interese na mobilidade transfronteiriza.
- Persoas traballadoras dunha das entidades socias do EURES Transfronteirizo Galicia–Norte de Portugal.
- Persoas traballadoras dun dos organismos públicos que reciben consultas das persoas que son ou teñen interese en ser traballadores/as transfronteirizos (Seguridade Social, Facenda, Servizos de Emprego, etc.)
- Persoal de departamentos de RRHH de empresas situadas en Galicia ou Norte de Portugal con interese en contratar traballadores/as transfronteirizos/as
Galego e castelán
- Orientación e información laboral: apoio básico na procura de emprego e identificación de recursos para a mobilidade laboral entre España e Portugal.
- Servizos de emprego públicos e privados: colaboración na prestación de información, apoio e orientación ás persoas que buscan emprego.
- Entidades de cooperación transfronteiriza: apoio a iniciativas, proxectos e programas de mobilidade laboral na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
- Asociacións, sindicatos e organizacións empresariais: apoio informativo sobre recursos, dereitos laborais básicos e oportunidades de emprego transfronteirizo.
- CE1 -Definir o concepto de traballo transfronteirizo, comprendendo as súas características específicas e as principais implicacións legais e administrativas no contexto da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal. ESCO: informar sobre a normativa vixente; interpretar normas de emprego internacionais.
- CE2 – Identificar os dereitos e obrigas básicas das persoas traballadoras transfronteirizas, en relación coa residencia, a contratación laboral, a seguridade social e a mobilidade profesional. ESCO: exercer dereitos e responsabilidades; explicar os dereitos das persoas traballadoras transfronteirizas.
CE3- Recoñecer os principais organismos, servizos e programas de apoio á mobilidade laboral transfronteiriza, valorando especialmente o papel da Rede EURES e dos servizos públicos de emprego. ESCO: facilitar o acceso ao mercado de traballo; coñecer os recursos e programas da Rede EURES para a mobilidade transfronteiriza.
CE4- Analizar casos prácticos sinxelos de mobilidade laboral entre Galicia e o Norte de Portugal, identificando riscos potenciais, beneficios e elementos clave para a toma de decisións informadas. ESCO: identificar oportunidades; analizar situacións laborais; avaliar opcións profesionais internacionais.
CE5- Empregar fontes oficiais de información e recursos institucionais para asesorarse ou asesorar sobre mobilidade laboral transfronteiriza de maneira básica e fundamentada. ESCO: utilizar fontes de información sobre emprego e mobilidade laboral.
- CT2 -Xestión da información: localizar, seleccionar e utilizar fontes oficiais e fiables para responder a preguntas sobre emprego e mobilidade laboral.
- CT3 Resolución de problemas e toma de decisións: analizar situacións prácticas, identificar riscos e oportunidades e avaliar alternativas profesionais nun contexto transfronteirizo.
- CT4 -Competencia intercultural e adaptación ao medio: comprender as características sociais, laborais e administrativas de Galicia e do norte de Portugal, o que facilita a adaptación a contextos profesionais internacionais.
CT5-Orientación e apoio ás persoas: desenvolver habilidades básicas para acompañar e orientar a outras persoas na súa procura de información e recursos relacionados coa mobilidade laboral transfronteiriza.
Documentación requirida:
– Documento de identificación
– Copia do título universitario
– Outros: copia do título de FP, bacharelato ou universidade; documentación que acredite que traballa nunha entidade socia do EURES-T Galicia-Norte de Portugal ou nun organismo público como SS, Facenda… ou de ser usuario dunha delas. Para persoal de RRHH, documentación que acredite que a súa empresa recibe candidaturas de ambas partes da fronteira.
Usuarios/as entidades socias do EURES-T, traballadores/as entidades socias do EURES-T, traballadores/as de organismos públicos como SS, Facenda.. e persoal de departamentos de RRHH de empresas situadas en Galicia ou Norte de Portugal, por orde de inscrición: 75%
Público en xeral, por orde de inscrición:25%
– Introdución ao traballo transfronteirizo Galicia–Norte de Portugal.
– Fiscalidade e convenios bilaterais: aspectos básicos
– Seguridade Social e pensións: aspectos básicos
– Sanidade e protección social: aspectos básicos
– Mercado de traballo e busca de emprego na eurorrexión: aspectos básicos
A avaliación consistirá na resolución de casos prácticos e nunha proba tipo test que se entregarán ou realizarán a través de Moovi.
Microcredencial “Introdución á Mobilidade Transfronteiriza Galicia–Norte de Portugal”
Celso Cancela Outeda
Elisa González Pérez
- usuarios dalgunha das entidades sociais do EURES Transfronteirizo Galicia Norte de Portugal que amosen interese na mobilidade transfronteiriza.
- traballadores/as dalgunha das entidades socias do EURES Transfronteirizo Galicia–Norte de Portugal.
- persoas que traballen nun dos organismos públicos que reciben consultas das persoas que son ou teñen interese en ser traballadores/as transfronteirizos (Seguridade Social, Facenda, Servizos de Emprego, etc.).
- persoal de departamentos de RRHH de empresas situadas en Galicia ou Norte de Portugal con interese en contratar traballadores/as transfronteirizos/as.