ESTUDOS / Programas de formación permanente do profesorado

Creación e tratamento de imaxes e fotografías con GIMP (CIXUG)

Creación e tratamento de imaxes e fotografías con GIMP (CIXUG)
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: lnterdisciplinar
Área de interés principal: Transversal
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1176/1
Inicio e fin
Calendar 24/03/2025 - 25/04/2025
Modalidade
Modalidade Virtual asíncrona (ao teu ritmo)
Créditos ECTS
ECTS 0
Plazas
10
Preinscrición pechada
18/03/2025 - 21/03/2025
Matrícula
24/03/2025 - 25/04/2025
Descripción

A creación e manipulación de imaxes é unha das labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, dende retocalas ou editalas, ata crealas dende cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico.

Traballarase principalmente con GIMP, aínda que se farán alusións a outros programas de edición de imaxes, que ao igual que GIMP, tamén serían software libre, como Krita, Scribus e Inkscape entre outros. Preténdese, sobre todo, afacer ao usuario á interface particular de Gimp ao mesmo tempo que se fai un repaso polas ferramentas máis comúns e os conceptos claves necesarios para poder entender calquera documentación, taller ou tutorial posterior sobre estes programas.

Tamén se abordarán outros aspectos interesantes como a busca e obtención de imaxes (fontes de uso legal de imaxes para as nosas composicións), diferenciar entre imaxes de mapas de bits e vectoriais, cando usar unhas ou outras, como integralas nunha mesma composición, e incluso como transformar unhas imaxes dun tipo noutro.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
0 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Prezo
Prezo xeral
0,00 €
Alumni Uvigo
0,00 €
Comunidade Uvigo
0,00 €

Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, dende retocalas ou editalas, ata crealas dende cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico.

PDI

  1. Coñecer os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
  2. Coñecer, obter e capacitar no uso de ferramentas dixitais para a creación e tratamento de imaxes.
  3. Coñecer en detalle as contornas de traballo da edición de imaxes, así como as súas ferramentas e as opcións.
  4. Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para complementar as nosas composicións gráficas.
  5. Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e saber o seu uso máis adecuado.
  6. Crear ou modificar calquera tipo de imaxe, para combinala en calquera proxecto.
  7. Ter presentes os conceptos básicos da cor, para poder elixir un modo de cor ou outro á hora de abordar un proxecto.

Habilidades ofimáticas básicas: uso básico de procesadores de texto ou follas de cálculo, xestión de ficheiros (copiar, mover, borrar, renomear ficheiros) e interacción básica con calquera sistema operativo de escritorio.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.