Oratoria e comunicación para docentes
É un curso deseñado para fortalecer as habilidades de comunicación dos docentes. Os participantes reflexionarán sobre a importancia da oratoria no ensino, traballarán a súa confianza escénica, aprenderán técnicas de comunicación verbal e non verbal, deseñarán mensaxes claras e persuasivas e poñerán en práctica o aprendido mediante exercicios prácticos. O obxectivo é facilitar ferramentas para transmitir coñecementos de forma efectiva na aula.
- Mellorar as habilidades de comunicación verbal e non verbal, promovendo unha expresión clara e persuasiva na aula.
- Fortalecer a capacidade de estruturar ideas, manexar o ton e a dicción.
- Conectar emocionalmente cos alumnos.
- Fomentar un ambiente educativo dinámico e efectivo.
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200551 | Oratoria y comunicación para docentes | Obligatoria | 0.00 |
Estudo completo
Modelo de tutorización centrado en tres piares: a explicación de técnicas, a súa práctica guiada e a avaliación personalizada. En cada módulo, explícanse técnicas específicas de oratoria adaptadas ao contexto educativo. Logo, o alumno acompaña ao docente na aplicación práctica destas ferramentas a través de exercicios, simulacións e presentacións orais. Finalmente, realízase unha avaliación conxunta entre o docente e os alumnos, baseada en criterios claros de desempeño, con retroalimentación construtiva orientada ao perfeccionamento continuo.