Iniciación á formación para a docencia universitaria
Este curso ten a finalidade de Potenciar o desenvolvemento de competencias e de capacidades transversais no profesorado, con especial énfase no ámbito das metodoloxías educativas, da pedagoxía e do uso de recursos dixitais.
Sesións síncronas programadas:
Mércores, 14 de outubro:
16:00h A competencia da pertenza institucional.
17:00h Aplicacións de intelixencia artificial.
Xoves, 15 de outubro:
18:00h A competencia sociolingüistica en galego.
Martes, 20 de outubro :
16.00h Office 365.
Martes, 27 de outubro:
16:00h A perspectiva de xénero.
Xoves, 29 de outubro:
16:00h Habilidades inter e intrapersoais.
18:00h Atención á diversidade.
Martes, 3 de novembro:
16:00h A competencia de planificación: Deseño de guías docentes.
Xoves, 5 de novembro:
16:00h A competencia de recursos: Identidade corporativa gráfica.
Martes, 10 de novembro:
16:00h A competencia metodolóxica.
Xoves, 12 de novembro:
16:00h A competencia de avaliación.
Martes, 17 de novembro:
16:00h A comunicación.
Xoves, 19 de novembro:
16:00h A plataforma MOOVI.
>Adquirir as competencias (destrezas, habilidades e actitudes) axeitadas para exercer a docencia no marco universitario adoptando criterios pedagóxicos que faciliten o rendemento académico dos estudantes.
> Reflexionar de forma crítica e constructiva sobre os procesos de ensino-aprendizaxe co fin de posibilitar as modificación ou cambios precisos cara unha formación competencial
> Diferenciar e analizar os diferentes recursos tecnolóxicos e as súas posibilidades didácticas para valorar a súa idoneidade de emprego nos procesos de ensino–aprendizaxe.
> Aquirir técnicas de comunicación que permitan unha comunicación dialóxica e unha interacción comunitiva profesor-alumno efectiva.
> Comprometerse coa innovación docente no contexto universitario que permita adaptarse con creatividad ás novas demandas do alumnado e as necesidades curriculares previstas na normativa legal vixente.
> Aplicar métodos, estratexias e técnicas metodolóxicas que permitan mellorar A implicación dos estudantes no seu proceso de aprendizaxe para que sexa significativo e funcional.
> Identificarse cosos valores da Universidade de Vigo e implicarse no seu desenvolvemento para crear unha comunidade implicada coa responsabilidade social da Universidade.
> Adoptar decisións e xerar recursos educativos sen nesgos de xénero e inclusivos que permitan aprender a exercer liderazgos inclusivos e xestionar os riscos de discriminación e abordar a diversidade nas aulas univesitarias.
Poderá participar o profesorado axudante doutor, o profesorado permanente laboral e o persoal investigador con carga docente pertencente a Universidade de Vigo ou o persoal docente dos centros adscritos, se así o reflicte explicitamente o convenio de colaboración asinado, con menos de cinco anos desde a súa incorporación.
En caso de prazas vacantes na oferta realizada, poderá participar o persoal investigador sen carga docente. Neste caso, a participación nas actividades formativas e a obtención da correspondente acreditación non outorgará á persoa participante a adquisición de ningunha categoría profesional ou vinculación docente coa Universidade de Vigo.
Os alicerces da formación do novo profesorado serán as seguintes competencias profesionais:
- A competencia da pertenza institucional.
- A competencia de recursos da Universidade de Vigo
- A competencia de planificación.
- A competencia metodolóxica.
- A competencia de recursos tecnolóxicos.
- A competencia da avaliación.
- A competencia sociolingüística en galego.
- As competencias transversais:
a. A comunicación.
b. Habilidades inter e intrapersoais.
c. A perspectiva de xénero.
d. Atención á diversidade
8. As competencias transversais:
a. A comunicación.
b. Habilidades inter e intrapersoais.
c. A perspectiva de xénero.
d. Atención á diversidade
PDI da Universidade de Vigo
Por orde de preinscrición.
Terá preferencia o persoal a tempo completo respecto ao persoal a tempo parcial.
1.- Profesorado Axudante Doutor de primeiro ano.
2.- Resto do profesorado Axudante Doutor, Contratado Doutor, Permanente Laboral e persoal docente dos centros adscritos, si así o reflicte explicitamente o convenio de colaboración asinado.
3.- Persoal investigador con carga docente.
Os alicerces da formación do novo profesorado serán as seguintes competencias profesionais:
- A competencia da pertenza institucional.
- A competencia de recursos da Universidade de Vigo
- A competencia de planificación.
- A competencia metodolóxica.
- A competencia de recursos tecnolóxicos.
- A competencia da avaliación.
- A competencia sociolingüística en galego.
- As competencias transversais: La comunicación, habilidades inter e intrapersoais, a perspectiva de xénero, atención á diversidade.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200495 | Iniciación a la formación para la docencia universitaria | Obligatoria | 3.00 |
Título de formación permanente de profesorado en iniciación á formación para a docencia universitaria.
Carmen García Mateo
Luis Xabier Martínez Rolán
Mario Gradín Martínez
Luis J. Olivares Requejo
Mar Fernández Cendón
Ramiro Canal Martínez
Raquel Rey Vilas
Raquel Gandón Chapela
Julinda Molares Cardoso
Margarita Pino
Margarita Pino Juste
Raquel Pérez Orozco
Fernando J. Melgosa Rodríguez
Sonia Álvarez López
Exención da formación:
As persoas que xa estean acreditadas a figuras como Contratado Doutor, Permanente Laboral e Titular de Universidade, estarán exentas de realizar a formación, ao considerarse que xa dispoñen das competencias docentes requiridas.
Para obter o certificado, deberán matricularse previamente no curso e achegar a través da plataforma a documentación que acredite esta condición. Unha vez comprobada a documentación, emitirase o correspondente certificado de acreditación das competencias docentes.