Internacionalización en casa: o enfoque COIL e clases espello (Collaborative Online International Learning)
Este curso ofrece unha formación de 11 horas dirixida ao profesorado da Universidade de Vigo interesado en integrar experiencias de Collaborative Online International Learning (COIL) nas súas materias.
Traballarase que é COIL, porque é relevante para o currículo universitario, como deseñar e desenvolver un proxecto COIL, como integrar a aprendizaxe intercultural, que tecnoloxías elixir e como facilitar a colaboración entre estudantes de distintas universidades e contextos culturais.
1.Definir que é COIL e distinguilo doutras modalidades de colaboración internacional en liña.
2.Describir as fases de desenvolvemento dun proxecto COIL (busca de socio, deseño, implementación).
3.Deseñar un borrador de proxecto COIL adaptado a unha materia propia (obxectivos, actividades, avaliación, cronograma).
4.Integrar de maneira intencional a aprendizaxe intercultural no deseño do proxecto (obxectivos, actividades, reflexión).
5.Seleccionar ferramentas tecnolóxicas axeitadas para a comunicación e colaboración no proxecto COIL.
6.Planificar a facilitación do proxecto (comunicación co socio, andamiaxe ao alumnado, xestión de incidencias).
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo.
Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.
Orde de preinscrición
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200823 | Internacionalización en casa: el enfoque COIL y clases espejo (Collaborative Online International Learning) | Obligatoria | 0.00 |
GL/Estudio completo
Curso en Internacionalización en casa: o enfoque COIL e clases espello (Collaborative Online International Learning)
A sesión do 11/05/2026 será presencial, pero tamén poderanse conectar de forma virtual. A sesión do 13/05/2026 realizarase virtualmente.
Recoméndase que o profesorado participante identifique previamente unha materia na que desexe implementar COIL.