Como aumentar a motivación do estudantado universitario
A motivación é un aspecto esencial no proceso de ensino-aprendizaxe no contexto universitario. E tamén supón un gran reto para os docentes. A motivación do estudantado asociouse ao seu rendemento académico, así como á súa asistencia e participación en clases. Ademais, a motivación tamén se relaciona coa aprendizaxe significativa. A motivación na aula pode ser aumentada a través de diversas pautas específicas e ferramentas. Este curso nace coa intención de facilitar ao profesorado este coñecemento a nivel teórico e práctico.
1.Coñecer as características da motivación.
2.Analizar as diferenzas entre o estudantado con motivación intrínseca e o estudantado con motivación extrínseca.
3.Coñecer e aplicar estratexias xerais e específicas para aumentar a motivación do estudantado.
4.Profundar nos elementos fundamentais do proceso de ensino-aprendizaxe: estrutura da clase, rol do docente e rol do estudantado.
5.Introducir as metodoloxías dinámicas de ensino-aprendizaxe.
6.Coñecer e poñer en práctica algunhas estratexias de gamificación como ferramentas motivacionais na docencia.
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo.
Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.
Por orde de preinscrición
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200829 | Cómo aumentar la motivación del estudiantado universitario | Obligatoria | 0.00 |
GL/Estudio completo
Curso en Como aumentar a motivación do estudantado universitario.