Experto en Interpretación Simultánea de Voz a Texto (inglés-español)
A Interpretación Simultánea de Voz a Texto é unha técnica de traballo innovadora dacabalo entre o subtitulado e a interpretación simultánea tradicional (de voz a voz) que proporciona servizos de tradución accesibles para persoas con certos tipos de limitación sensorial. Ata o de agora levouse a cabo principalmente de modo intralingüístico (por exemplo, español-español), o que facilita que espectadores xordos teñan acceso a programas de televisión ou actos públicos en directo mediante subtítulos. Para proporcionar acceso a programas ou eventos en directo noutro idioma, fai falta unha nova destreza e unha nova disciplina, a Interpretación Simultánea de Voz a Texto.
Formar ao alumnado nas técnicas de interpretación simultánea (inglés-español) a nivel especializado, co foco de atención posto no desenvolvemento das destrezas prácticas desta especialidade.
Proporcionar ao alumnado as ferramentas especializadas necesarias para o desenvolvemento profesional do especialista en refalado intralingüístico (español-español).
Proporcionar ao alumnado as ferramentas especializadas necesarias para o desenvolvemento profesional do especialista en Interpretación Simultánea de Voz a Texto (ISVT) (inglés-español).
Persoas tituladas universitarias interesadas na tradución e interpretación de linguas en xeral, e en particular aquelas interesadas na tradución audiovisual e a provisión de servizos de accesibilidade para persoas con algún tipo de limitación auditiva.
Desenvolvemento das habilidades para a práctica da IS tradicional como introdución á ISVT.
Desenvolvemento das habilidades para a práctica do refalado intralingüístico, tanto para a súa práctica profesional como no seu papel de adestramento introdutorio á ISVT.
Coñecemento das características e posibilidades, así como dominio do manexo do
software de recoñecemento de voz para a ISVT.
Dominio das ferramentas tecnolóxicas para a celebración de conferencias e reunións
internacionais utilizadas no desempeño profesional dos intérpretes de voz a texto e
refaladores.
Coñecemento dos principios e normas esenciais da produción audiovisual accesible.
Capacidade para facer traballos de interpretación simultánea de voz a texto (ISVT) a nivel
profesional e para calquera tipo de material orixinal en formato oral, xa sexa produción
audiovisual, conferencia internacional, clase, ou outros.
Coñecer os principios básicos da accesibilidade.
Dominar os modos de aplicación práctica dos principios de accesibilidade nos medios de comunicación e outros ámbitos da comunicación humana.
Coñecer como funciona o recoñecemento do fala.
Dominar o uso de ferramentas de recoñecemento de fala.
Coñecer e dominar a técnica da Interpretación Simultánea, en particular aplicada aos
medios de comunicación (TV, internet, outros medios).
Coñecer os principios teóricos do refalado intralingüístico.
Dominar a práctica do refalado intralingüístico.
Coñecer os principios teóricos da Interpretación Simultánea de Voz a Texto (ISVT).
Dominar a práctica da ISVT.
Ser capaz de avaliar a calidade dun traballo de ISVT usando ferramentas estándar.
A admisión realizarase por orde de preinscripción.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200011 | T01 Interpretación simultánea | Obligatoria | 1.00 |
| 200012 | T02 Rehablado intralingüístico | Obligatoria | 2.00 |
| 200013 | T03 Interpretación simultánea de voz a texto ISVT | Obligatoria | 2.00 |
| 200085 | P01 Interpretación simultánea (EN-ES) | Obligatoria | 5.00 |
| 200086 | P02 Rehablado intralingüístico (ES-ES) | Obligatoria | 4.00 |
| 200087 | P03 Interpretación simultánea de voz a texto ISVT (EN-ES) | Obligatoria | 6.00 |
O sistema de avaliación realizarase de forma remota, a través das plataformas online desde onde se impartirá o curso. Tratarase dun sistema de avaliación continua por acumulación das notas das 16 semanas do curso, concretamente da suma dos exercicios semanais dos alumnos e da nota da súa participación no foro e nos webinarios para cada unidade e módulo. Para aprobar o curso é imprescindible completar satisfactoriamente todos os seus módulos.
Experto/a en Interpretación Simultánea de Voz a Texto (inglés-español)
Tanto as sesións teóricas como as prácticas e as titorías serán non presenciais. Todas se desenvolverán á través de medios electrónicos, e na súa maioría de xeito asíncrono.
Contacto: Luis Alonso Bacigalupe, Tlfno. 986 81 20 63, correo-e: lalonso@uvigo.es
Pablo Romero Fresco, correo-e: promero@uvigo.es