Didáctica da ficción e creación literaria
O curso avanzado de posgrao Didáctica da Ficción e Creación literaria está concibido como unha materia que forme parte do currículo do estudante universitario, esencial na súa formación, por canto supón preparalo na interpretación de textos e na mellora das destrezas da lingua escrita: ambas habilidades son imprescindibles para o desenvolvemento no mundo académico. Así, o curso pretende paliar deficiencias no dominio desas ferramentas básicas.
A lectura en profundidade e a manipulación artística da linguaxe son procesos que preparan ao estudante en calquera titulación para mellorar o seu nivel académico e profesional.
Ao mesmo tempo, o curso enfíase como reforzo da necesaria normalización lingüística, toda vez que a teoría e a praxis da materia se leva cabo a partir da lingua galega. Poñer en relación a lingua e a literatura galegas co máis destacado da literatura universal serve para prestixiar a nosa cultura e xustificar os trazos distintivos tanto da Universidade de Vigo como do Campus de Ourense, nunha cidade que ten a literatura como fío vertebrador da súa cultura desde o século XIX.
- Adquirir coñecementos avanzados sobre a singularidade da literatura
como forma específica de coñecemento. - Saber identificar e saber empregar os elementos estruturais para elaborar
textos narrativos. - Saber recoñecer o subtexto na ficción e en calquera outro tipo de discurso.
- Saber aplicar os coñecementos adquiridos para crear textos literarios e facer extensivas
esas destrezas para calquera outra produción escrita, non exclusivamente artística. - Ser capaces de conxugar a dialéctica entre tradición e renovación no discurso
narrativo. - Ser capaces de seleccionar os elementos estruturais narrativos precisos segundo
a intencionalidade estética e ética que se pretende. - Adquirir as técnicas informáticas de presentación dun texto segundo as convencións
editoriais. - Saber aplicar e transmitir as destrezas adquiridas en contextos diversos, informativos
ou pedagóxicos.
- Persoas que cumpran os requisitos de acceso ao título de mestrado propio (artigo 26 do Regulamento dos Programas de Formación Permanente da Uvigo).
- Persoas que teñan superado un mínimo de 120 créditos ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
- Uso correcto da lingua escrita
- Capacidade para combinar os modos de discurso en calquera tipo de texto escrito
- Emprego das ferramentas informáticas na elaboración e presentación de textos
Saber captar os sentidos subxacentes nun texto literario
Capacidade para combinar os elementos estruturais nun relato
Recoñecer a versosimilitude realista ou fantástica dun texto literario
Utilizar correctamente a modulación dos tempos verbais na narrativa
Recoñecer e saber empregar diversos estilos no modo de discurso narrativo
Saber utilizar os diálogos de maneira funcional
Capacidade para empregar as descricións alén da súa función ornamental
Idear textos creativos sen propósito doutrinal a priori
Saber utilizar a informática para a composición e presentación dun texto ficcional
Saber aplicar os procedementos ficcionais noutros tipo de discurso
Recoñecer os condicionantes históricos nun texto de ficción
Recoñecer os motivos e a temática social nun relato ou nunha novela
Aprender a utilizar a lingua e o vocabulario con precisión
Utilizar as ferramentas informáticas para crear, corrixir e mellorar un texto
- Estudantes e graduados do Campus de Ourense
- Estudantes e graduados pola universidade de Vigo.
- Estudantes e graduados doutras universidades.
As persoas aceptadas por orde de preinscrición poderán facer a matrícula unha vez aberto o prazo.
A fin de que non queden prazas libres, se unha vez feita a matrícula non se fai o pagamento correspondente no prazo de sete días hábiles, a dirección do curso pode anular esa matrícula impagada e dar entrada a outra persoa preinscrita.
As persoas que non poidan facer o curso debido a que haxa máis solicitudes que prazas, poden enviar un correo a ramong@uvigo.es para que se teña en conta a súa preferencia nunha edición posterior deste curso avanzado de posgrao.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200274 | La literatura. Elementos narrativos. Temas, motivos y estilos literarios | Obligatoria | 3.00 |
| 200275 | Didáctica de la narración y creatividad | Obligatoria | 1.00 |
| 200276 | Práctica de la creación literaria | Obligatoria | 1.50 |
| 200277 | Lectura, corrección y comentarios de ejercicios narrativos | Obligatoria | 2.50 |
- Constatación das lecturas diarias dos textos breves que previamente se porán a disposición dos asistentes para o seguimento das clases.
- Creación de textos breves elaborados polos participantes.
- Presentación dun relato breve (2 folios por unha cara) o día 10 de novembro de 2024.
Diploma de curso avanzado de posgrao en didáctica da ficción e creación literaria
REQUISITOS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO:
- O Curso ten carácter presencial
- Levarase a cabo na Facultade de Educación e Traballo social do Campus de Ourense
- Para a obtención do Diploma e dos ECTS requírense as seguintes condicións:
a) Asistencia dun mínimo do 90% das clases
b) Uso correcto da lingua escrita, con exclusión da chamada lingua inclusiva nos relatos.
c) Constatación das lecturas diarias dos textos breves que previamente se porán a disposición dos asistentes para o seguimentos das clases.
d) Presentación dun relato breve, ao final do Curso. O relato debe ter unha extensión fixa: un folio por ambas caras, de acordo cos protocolos de presentación que se lles darán por escrito aos asistentes (tipo de letra, interliñado, xustificación, sangrado). - Malia que cabe a posibilidade de faltar a un 10% das aulas, estas faltan non poden coincidir con ningún dos 4 días da primeira semana. Polo tanto, é obrigatoria a asistencia na primeira semana, que é cando se establecen os fundamentos e bases do Curso.
A ausencia a algunha das clases desa primeira semana non imposibilita para seguir asistindo ao Curso, pero si para obter o Diploma e os ECTS correspondentes.