Negociación Colectiva e Individual no ámbito Laboral
Se trata dun Curso organizado pola área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da
Universidade de Vigo, en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais.
O Curso ten por obxecto profundar, desde un punto de vista xurídico, estratéxico, psicoanalítico e práctico, no sistema de negociación colectiva e as súas manifestacións, a través dun tratamento integral dos seus aspectos fundamentais.
O curso é semipresencial e ten una duración de 73,3 horas. Se imparte os martes e xoves de 16:30 a 20:30 horas.
A organización deste curso busca afondar, desde un punto de vista xurídico, estratéxico, psicoanalítico e práctico, no sistema de negociación colectiva e as súas manifestacións, a través dun tratamento integral dos seus aspectos fundamentais. Unha formación especializada en negociación colectiva que proporcione aos seus destinatarios as ferramentas necesarias para poder afrontar os conflictos individuais e colectivos no ámbito laboral coas ferramentas axeitadas.
A negociación colectiva conforma, na actualidade, una das materias máis necesarias de desenvolver, dada a conflictividade laboral froito das situación de crise. Os contidos do presente curso, estruturados en 5 módulos de carácter teórico e práctico, proporcionan uns coñecementos completos e integrais que permiten profundizar no marco normativo necesario para afrontar as situación de conflicto.
Unha vez superado o curso, o estudantado está en posesión das seguintes competencias e habilidades:
1.- Adquirir capacidade para manexar as fontes xurídicas laboráis e o marco normativo da negociación colectiva.
2.- Coñecer as fontes do Dereito da negociación colectiva
3.- Ser que de deseñar estratexias de negociación no contexto do conflicto laboral.
4.- Ser quen de xestionar as situación de conflicto laboral.
5.- Ser quen de intervir en procedementos de negociación colectiva
O curso se estructura en cinco módulos, a saber: concertación social e negociación colectiva, comunicación e intelixencia emocional, aspectos estratéxicos da negociación, os acordos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos individuais, análise de casos reais e práctica.
Posto que o fin último é a formación de profesionais nas técnicas de negociación,as
persoas destinatarias do curso de Formación serán as que posúan a titulaciónuniversitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais.
Tamén poderán acceder ao curso as persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do Curso sen que estas superen o 50% do total do alumnado.
Este Curso aporta un valor engadido aos profesionais das relacións laborais, pois lles permitirá desenvolver tarefas de asesoramento na negociación, técnicas de negociación colectiva, e tamén deseñar estratexias para alcanzar mellores condicións de traballo e ferramentas que reduzan as desigualdades na empresa.
Ser quen de interpretar os conceptos básicos que permiten reflexionar sobre o sentido e
alcance da negociación colectiva nas relacións laboráis e no ámbito organizacional
Ser quen de contextualizar a negociación colectiva no plano normativo internacional,
europeo e interno nos distintos ámbitos sociais, en particular, no eido das relacións
laborais.
Ser quen de asesorar laboralmente ás entidades empresariais, persoas traballadoras e
interlocutores sociais en materia de negociación colectiva
Ser quen de identificar a negociación colectiva como instrumento de fomento e
promoción da mellora das condicións laborais de traballadoras e traballadores
Ser quen de negociar en situacións de conflicto nas empresas.
Ser quen de identificar a normativa que conforma o dereito colectivo.
Acercar ao alumnado ás estratexias e actuacións dirixidas a promover e fomentar a
negociación colectiva nas empresas.
- Persoas con responsabilidade en recursos humanos, xefaturas de
relacións laborais, asesoría e cadros das organizacións empresariais e sindicais e outras persoas sen titulación universitaria nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do Curso sen que estas superen o 50% do total do alumnado. - Persoas que posúan atitulación universitaria de Grao ou Licenciatura en Dereito,
Relacións Laborais eRecursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas ou Diplomatura en Relacións Laborais, por esa orde.
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200323 | Negociación colectiva e individual en el ámbito laboral | Obligatoria | 8.00 |
Estudo completo
Negociación colectiva e individual no ámbito Laboral
Horario: martes e xoves de 16:30 a 20:30 horas
Duración: 2 meses.
Datas de iniciación: 28 de setembro de 2023
Data de finalización: 23 de novembro de 2023.