Intelixencia Artificial con Deep Learning
O curso Intelixencia Artificial con Deep Learning, ten un enfoque eminentemente práctico e está deseñado para aqueles que queren adentrarse no mundo da aprendizaxe profunda. Traballarase co framework Keras, o que nos permitirá construír aplicacións de redes neuronais sen necesidade de coñecementos matemáticos, soamente con coñecementos moi básicos de programación. Ó longo do curso, o asistente aprenderá a procesar secuencias e recoñecer imaxes con arquitecturas como LSTM, CNN, etc. Ademais, o curso abarcará temas como redes MLP, optimización de modelos e avaliación de resultados. Ao final do curso, o alumno terá as habilidades necesarias para construír os seus propios modelos de aprendizaxe profunda e aplicalos a problemas do mundo real.
- Coñecemento dos principios nos que se basean as redes neuronais.
- Preparación de datos para ser utilizables polas redes neuronais.
- Construcción das principais arquitecturas de redes neuronais: MLP, CNN, RNN, LSTM, etc.
- Uso das principáis técnicas de optimización das redes neuronais: regularización, normalización, etc.
- Coñecemento e uso dos optimizadores e inicializadores máis importantes.
- Coñecemento e sintonización de hiperparámetros
- Uso de funcións de callback no proceso de adestramento das redes.
- Análise do funcionamento das redes: matriz de confusión, curvas ROC, etc.
Estudantes ou profesionais interesados en entrar no mundo da intelixencia artificial e o Deep Learning, con coñecementos moi básicos de programación.
O asistente rematará o curso con capacidade para deseñar, implementar e aplicar técnicas de Deep Learning en calquera campo profesional.
Selección de arquitecturas de redes neuronais en función do problema a resolver
Deseño de redes neuronais
Implementación de redes neuronais
Análise de rendemento de redes neuronais
Análise de problemas e evaluación de solucións
Análise de información
Programación informática
Orde de preinscripción sempre que cumpran co criterio de ter coñecementos básicos de programación en calquera linguaxe proposto polo coordinador.
Introdución e conceptos básicos: 0,12 ECTS
Preparación de datos: 0,72 ECTS
Redes multicapa: 0,84 ECTS
Regularización e hiperparámetros: 0,72 ECTS
Redes neuronais convolucionales: 0,80 ECTS
Redes neuronais recorrentes: 0,80 ECTS
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200374 | Inteligencia Artificial con Deep Learning | Obligatoria | 4.00 |
Estudo completo
Intelixencia Artificial con Deep Learning
Precísase dispor dun ordenador portátil ou tablet para o seguimento do curso.
partir da notificación da aceptación no curso, cada solicitante disporá de sete días
naturais para completar o proceso de matrícula, pago incluído. No caso de non cuprir este
requisito, a praza será reasignada a outro solicitante que estea na lista de agarda.