ESTUDOS / Títulos propios

Sostibilidade alimentaria

Sostibilidade alimentaria
Especialista
Ámbito: Ciencias agrarias e tecnoloxía dos alimentos
Área de interés principal: Ciencias
Área secundaria de interés: Ciencias
Código: 1138/1
Inicio e fin
Calendar 20/09/2024 - 21/07/2025
Modalidade
Modalidade Virtual asíncrona (ao teu ritmo)
Créditos ECTS
ECTS 48
Plazas
50
Preinscrición pechada
03/06/2024 - 08/09/2024
Matrícula
20/09/2024 - 21/07/2025
Descripción

Os retos da industria alimentaria actual xa non só se circunscriben a calidade e á seguridade alimentaria, senón que tamén xogan un papel importante a sustentabilidade tanto da obtención de materias primas como dos procesos de transformación ás que puiden ser sometidas. É por iso polo que uns dos cabalos de batalla da investigación e a innovación no campo alimentario enfócanse a promover un cambio nas pautas de produción e consumo de alimentos cara a un escenario sostible. No presente Título Propio pretendemos incluír unha serie de materias que irían encamiñados a dar formación ao estudante de posgrao neste campo e que, ademais actuará como complemento na formación continua de egresados nos títulos oficiais impartidos pola Faculad de Ciencias no campo Agroambiental e Alimentario.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
0 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Prezo
Prezo xeral
668,64 €
Alumni Uvigo
601,78 €
Comunidade Uvigo
568,34 €
Persoas desempregadas
568,34 €
Personas discapacitadas
568,34 €

O titulo establece os seguintes obxectivos de aprendizaxe para os alumnos que superen as materias do mesmo, co fin de formar profesionais especializados na procura dunha alimentación sostible ao longo de toda a cadea alimentaria, buscando a aplicación das bases da economía circular no ámbito alimentario, alienándose cos ODS:

• Analizar os conceptos de sustentabilidade ambiental, social e económica.
• Determinar os conceptos de ecodiseño, economía circular e economía social.
• Avaliar o ciclo de vida dos produtos e o seu impacto social e ambiental.
• Avaliar os procesos produtivos mediante indicadores ambientais e aplicar a tecnoloxía adecuada para mellorar a súa sustentabilidade.
• Seleccionar os materiais e tecnoloxías para o deseño e desenvolvemento de envases alimentarios.
• Saber expor e abordar estratexias para a valorización de subproductos nunha industria alimentaria.
• Diagnosticar a eficiencia dos procesos nunha industria alimentaria e aplicar estratexias para a súa mellora
• Expor as modificacións necesarias á dieta actual para a implementación de proxectos gastronómicos sostibles.

Licenciados/Graduados no ámbito científico e tecnolóxico con interese no ámbito agroambiental e alimentario.

Ser capaces de aplicar os principios de sustentabilidade nos procesos de transformación e conservación de alimentos e do desenvolvemento de produtos alimentarios.

Incorporar os principios de sustentabilidade nos procesos de transformación e conservación de alimentos e do desenvolvemento de produtos alimentarios.

Ser capaces de propoñer, dirixir e realizar proxectos de mellora e innovación tecnolóxica no marco dos procesos de transformación e conservación de alimentos e do desenvolvemento de produtos alimentarios.

Aplicar as formulacións e as tecnoloxías adecuadas para o desenvolvemento de sistemas alimentarios e produtos seguros, saudables e con propiedades fisicoquímicas e sensoriais diferenciadas.

Propoñer, dirixir e realizar proxectos de mellora e innovación tecnolóxica no marco dos procesos de transformación e conservación de alimentos e do desenvolvemento de produtos alimentarios.

Ser capaces de aplicar os principios de sustentabilidade da cadea alimentaria, non só a través de procesos máis eficientes, senón tamén identificando novas fontes proteicas para o desenvolvemento dunha economía máis competitiva, sostible e integradora.

Incorporar os principios de sustentabilidade nos hábitos alimentarios e culinarios.

Aplicar as formulacións e as tecnoloxías adecuadas para o desenvolvemento de dietas seguras, saudables e con propiedades fisicoquímicas e sensoriais diferenciadas.

ID Nome Carácter Creditos
200408 Diseño de productos y procesos sostenibles en la industria alimentaria Obligatoria 6.00
200409 Envases alimentarios sostenibles Obligatoria 6.00
200410 Eficiencia de procesos de la industria alimentaria Obligatoria 6.00
200411 Gastronomía sostenible Obligatoria 6.00
200412 Nuevos alimentos más sostenibles Obligatoria 6.00
200413 Sosteniblidad en la cadena alimentaria Obligatoria 6.00
200414 Valoración de subproductos Obligatoria 6.00
200440 Trabajo de fin de título Obligatoria 6.00

Sostenibilidad alimentaria