ESTUDOS / Títulos propios

Python para a análise de datos

Python para a análise de datos
Microcredencial
Ámbito: Enxeñería informática e de sistemas
Área de interés principal: Tecnoloxía
Área secundaria de interés: Ciencias
Código: 1218/2
Inicio e fin
Calendar 13/01/2027 - 25/02/2027
Modalidade
Modalidade Virtual síncrona
Créditos ECTS
ECTS 5
Plazas
50
Preinscrición pechada
30/07/2026 - 30/09/2026
Matrícula
19/10/2026 - 30/10/2026
Descripción

Este curso pretende introducir aos estudantes na programación con Python, cubrindo conceptos básicos e intermedios. O seu enfoque é fundamentalmente aplicado: non se limita á aprendizaxe da sintaxe da linguaxe, senón que busca capacitar ao alumnado no uso das ferramentas esenciais para a análise de datos.

Ao longo do curso traballarase con bibliotecas amplamente utilizadas no ámbito científico e profesional, como NumPy, pandas, matplotlib e seaborn.

Coordinador: Antonio Fernández Álvarez
Teléfono de contacto: 986 130 304
Email de contacto: antfdez@uvigo.es
Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
0 h
Docencia virtual síncrona
Check
42 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Campus Remoto e MooVi
Horario
3, 4, 5, 10, 11, 12, 18, 19, 24, 25 e 26 de febreiro e 3, 4 e 5 de marzo de 16:00 a 19:00
Prezo
Prezo xeral
375,00 €
Alumni Uvigo
337,50 €
Comunidade Uvigo
318,75 €
Persoas desempregadas
318,75 €
Personas discapacitadas
318,75 €
Observación dos prezos

Esta microcredencial, está inscrita en el Programa «Becas Santander – Microcredenciales 2026 II edición», y podrás acceder a una de las becas de 300 euros disponibles para esta edición.
La convocatoria de becas será gestionada por la Universidad de Vigo.
Enlace directo inscripción: Santander Open Academy 

O curso ten como finalidade brindar unha formación introdutoria e práctica en programación con Python, orientada a quen desexe iniciarse nesta linguaxe e aplicalo á análise de datos. Abordaranse desde os conceptos esenciais da programación ata o uso de bibliotecas especializadas como NumPy e pandas, co obxectivo de dotar ao estudante de ferramentas para procesar e explorar conxuntos de datos de forma eficiente. Ademais, traballarase a capacidade de deseñar solucións mediante código limpo e estruturado, así como a elaboración de visualizacións informativas con matplotlib e seaborn que faciliten a interpretación e comunicación dos resultados.

Non se require titulación universitaria nin coñecementos previos de programación. O curso está dirixido aos seguintes perfís:

Graduados universitarios (titulados ou estudantes de último curso) que desexen adquirir competencias en programación con Python e ciencia de datos para mellorar a súa empregabilidade.

Investigadores e docentes que deban analizar datos con Python no desenvolvemento das súas actividades académicas.

Profesionais que necesiten extraer información de conxuntos de datos para aplicala na optimización de procesos, o deseño de solucións ou a toma de decisións.

Castelán

Sector tecnolóxico e desenvolvemento de software.

Análise de datos en empresas e institucións.

Investigación académica e científica.

Educación e formación en competencias dixitais.

Consultoría e soporte en transformación dixital.

Desenvolver scripts con Python que resolvan problemas de análise de datos.Utilizar bibliotecas como NumPy e pandas para manipular, transformar e analizar conxuntos de datos.

Crear visualizacións informativas con matplotlib e seaborn para representar datos de forma clara e efectiva.

Pensamento analítico

Resolución de problemas

Comunicación efectiva

Aprendizaxe autónoma

Documentación requirida:

  1. Documento de identificación

    2) Curriculum Vitae

Orde de preinscrición 100%

  1. Instalación, características xerais, intérprete e contorna de desenvolvemento integrado
2. Datos numéricos e lóxicos
3. Fluxo de control
4. Secuencias, mappings e conxuntos
5. Funcións
6. Ficheiros e excepcións
7. Clases e programación orientada a obxectos
8. Cómputo matricial con NumPy
9. Manipulación de datos tabulares con pandas
10. Visualización  científica con matplotlib e seaborn

ID Nome Carácter Creditos
200566 Python para el análisis de datos Obligatoria 5.00

A avaliación continua con realización de diversas tarefas semanais. Os estudantes que non superen a avaliación continua poderán someterse a unha avaliación final cando remate o período de docencia. Asistencia minima obrigatoria do 75% das clases

Cuestionarios (25%)

Problemas de programación (45%)

Proxecto final (30%)

Microcredencial Universitaria Python para a análise de datos

Antonio Fernández Álvarez

Os participantes deberán asistir polo menos ao 75% das sesións síncronas para superar o curso

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.