Fabricación e empaquetado de circuitos integrados fotónicos
Este programa formativo, ao abeiro da Cátedra NextChip da Universidade de Vigo, capacitará aos
participantes na fabricación e empaquetado de chips fotónicos. A Cátedra NextChip
(http://nextchip.es/), financiada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, desenvolve ferramentas de testeo e
caracterización de chips fotónicos e electrónicos de nova xeración.
O programa completo, que consta de catro microcredenciais leva á obtención do título de Experto en desenvolvemento de dispositivos de fotónica integrada sen custo para os participantes.
Dentro do mercado global de semiconductores, a demanda de dispositivos fotónicos está
medrando anualmente a ritmos próximos ao 20%, con Europa apostando polo aumento da súa
capacidade produtiva coa posta en marcha de novas plantas de fabricación (foundries). Os chips
fotónicos son esenciais para as necesidades do desenvolvemento tecnolóxico na automoción,
comunicacións, computación cuántica, defensa, dispositivos médicos e electrónica de consumo.
Esta formación é unha excelente oportunidade para gañar competencias nestas tecnoloxías e
adquirir unha preparación moi demandada no mercado laboral nacional e europeo.
Nesta formación os participantes aprenderán os conceptos básicos da fabricación e empaquetado de circuitos integrados fotónicos, capacitándoos sobre fabricación de PICS e o empaquetado de circuitos integrados fotónicos en módulos.
Esta formación está especialmente dirixida a estudantes e titulados universitarios no ámbito da
tecnoloxía, principalmente Física e Enxeñerías, como Telecomunicación, Electrónica, Mecánica,… ou outros profesionais con experiencia laboral no ámbito da formación.
Os campos específicos aos que os estudantes poden acceder profesionalmente tras finalizar o curso
son cada vez máis amplos dado o carácter interdisciplinario e a crecente importancia da fotónica, que, como xa se indicou, foi seleccionada como una das cinco KET pola Unión Europea, e máis en particular da fotónica integrada.
- CE1 Capacidade de comprensión das disciplinas involucradas na fotónica
- CE2 Entender o proceso de deseño e proba de dispositivos fotónicos tanto activos como pasivos
- CE3 Entender o proceso de deseño e proba de compoñentes electrónicos pasivos de alta velocidade
- CE4 Manexo de ferramentas para o deseño de circuítos integrados fotónicos
- CE5 Coñecer os principios de fabricación de PICs en sala limpa
- CE6 Entender e manexar ferramentas para o empaquetado de PICs en módulos
- CE7 Capacidade para simular e probar circuítos fotónicos con aplicacións cuánticas
- CT1 Capacidade para xestionar proxectos tecnolóxicos
- CT2 Coñecementos de xestión de activos de propiedade intelectual e industrial
A Dirección do título poderá realizar entrevistas persoais de consideralo oportuno para unha
mellor comprensión dos méritos alegados, e poderá establecer novos criterios compatibles cos anteriores para concretar a aplicación dos principios e criterios enunciados. Nese caso, a puntuación será:
Currículo: 60%
Carta de motivación: 20%
Entrevista persoal: 20%
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200610 | Fabricación y empaquetado de circuitos integrados fotónicos | Obligatoria | 6.00 |
Para a avaliación do alumnado terase en conta o seguinte:
Asistencia ás clases
Probas e exercicios de avaliación continua que se irán facendo durante o curso
Test in situ durante a saída de estudos no INL
Avaliación dos informes de prácticas establecidos
Título na microcredencial ” Fabricación e empaquetado de circuitos integrados fotónicos”
Este programa formativo está financiado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación
Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais a través da convocatoria de axudas destinada a financiar, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, a creación de Cátedras Universidade-Empresa no período 2023-2027 cuxa actividade está centrada na investigación, difusión e formación en distintas áreas de aplicación da microelectrónica.
O programa sitúase no ámbito do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación
Económica (PERTE) denominado PERTE Chip que constitúe una iniciativa estratéxica dirixida a
desenvolver as capacidades científica, de deseño e produción da industria española da
microelectrónica e os semicondutores buscando xerar un efecto multiplicador nos sectores
tecnolóxicos e no conxunto da economía do pais.
As bases desta convocatoria poden consultarse aquí:
https://portalayudas.mineco.gob.es/catedras-chip/Paginas/Index.aspx
A distribución da docencia será da seguinte maneira:
Horas síncronas presenciais: 55 horas.
Horas síncronas virtuais: 4 horas.