ESTUDOS / Títulos propios

Curso de coordinación de acceso

Curso de coordinación de acceso
Microcredencial
Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüística
Área de interés principal: Transversal
Área secundaria de interés: Arte e humanidades
Código: 1249/2
Inicio e fin
Calendar 22/02/2027 - 21/05/2027
Modalidade
Modalidade Virtual síncrona
Créditos ECTS
ECTS 6
Plazas
30
Preinscrición pechada
30/07/2026 - 30/09/2026
Matrícula
19/10/2026 - 30/10/2026
Descripción

Curso de formación para garantir que a accesibilidade e a tradución se teñan en conta ao longo do proceso de produción dunha obra audiovisual mediante a colaboración entre o equipo creativo e o equipo de accesibilidade/tradución.

Trátase dun novo posto profesional que xa existe en países como o Reino Unido e os Estados Unidos, onde a coordinación de acceso céntrase en garantir a participación igualitaria dos profesionais con discapacidade na creación audiovisual. En España, este rol ampliouse para abarcar tamén a eliminación de barreiras estruturais ou simbólicas á representación de personaxes con discapacidade na pantalla e ao acceso a producións audiovisuais para un público diverso. Así, a participación, a representación e a accesibilidade constitúen os tres eixes fundamentais deste novo posto profesional e deste curso, creado como unha colaboración entre a Academia de Cine Española, Netflix e o grupo de investigación GALMA da Universidade de Vigo.

Coordinador: Pablo Romero Fresco
Teléfono de contacto: 986130304
Email de contacto: promero@uvigo.gal
Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente Colaboradores:

Academia de Cine

Modalidade
Docencia presencial
Check
0 h
Docencia virtual síncrona
Check
54 h
Docencia virtual asíncrona
Check
36 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Plataforma de teleformación: Zoom
Horario
12 semanas en modalidade en liña, desde o luns 22 de febreiro ata o venres 21 de maio (con parón dunha semana en Semana Santa). Clases síncronas en liña os luns de 13.00 a 15.00 e os martes de 11.30 a 14.00. Traballo asíncrono en foros: 3 horas semanais.
Prezo
Prezo xeral
564,00 €
Alumni Uvigo
507,60 €
Comunidade Uvigo
479,40 €
Persoas desempregadas
479,40 €
Personas discapacitadas
479,40 €
Bolsas Santander Open Academy (ver condicións)
0,00 €
Observación dos prezos

Esta microcredencial, está inscrita no programa «Becas Santander – Microcredenciales 2026», y podrás acceder a una de las becas de 300 euros disponibles para esta edición.
La convocatoria de becas será gestionada por la Universidad de Vigo.
Enlace directo inscripción: Santander Open Academy 

O obxectivo do curso é formar aos participantes na coordinación de acceso, nun novo rol
profesional na industria do cine e a televisión, para que supervisen durante a produción dunha obra audiovisual todo o que teña que ver coa participación de profesionais con discapacidade, a súa representación en pantalla e a accesibilidade dos da obra para o público mediante subtitulado, audio descrición e/ou interpretación de lingua de signos e a inclusión ou tratamento da lingua de signos nos contidos como parte narrativa (Cine en LS).

Dirixido a un público xeral con e sen discapacidade interesado no tema, aínda que, dado o enfoque
do curso, darase prioridade aos participantes de persoas con discapacidade. Considerarase
experiencia ou formación previa en tradución, accesibilidade, cine e outros medios audiovisuais,
procesos de validación ou creación accesible, así como a participación activa en organizacións da
sociedade civil relacionadas co tema (non exclusiva).

Castelán

Coordinación de acceso en cine, televisión e/ou artes escénicas

Coordinación de subtitulación en cine, televisión e/ou artes escénicas

Coordinación de tradución/interpretación en lingua de signos en cine, televisión e/ou artes escénicas

Coordinación de audiodescrición en cine, televisión e/ou artes escénicas

Asesoramento experto sobre participación, representación e accesibilidade en cine, televisión e/ou artes escénicas

  • CE1 Desenvolver estratexias de accesibilidade

    CE2 Probar a accesibilidade do sistema para usuarios con necesidades especiais

    CE3 Asesorar sobre modificacións no entorno físico para facilitar a accesibilidade

    CE4 Desenvolver estratexias de resolución de problemas

    CE5 Innovar nas TIC

  • CT1 Capacidade de organización e xestión de proxectos

    CT2 Capacidade para solucionar problemáticas culturais transversais

    CT3 Capacidade analítica e resolución de problemas

    CT4 Capacidade de adaptación a cada situación

    CT5 Capacidade para xestionar as emocións

Documentación necesaria para o acceso:

Documento de identidade

Curriculum Vitae

Carta de motivación para facer este curso e relación que ten o tema coa experiencia laboral da persoa solicitante.

  1. Experiencia ou formación previa en tradución e accesibilidade 35%

    2. Experiencia ou formación previa en cine e outros medios audiovisuais 35%

    3. Procesos de validación ou creación accesible, así como participación activa en organizacións da Sociedade Civil vinculadas á temática 30%

    4. Prioridade para persoas con discapacidade

Módulo 1: A diversidade no audiovisual (1 ECTS)
Módulo 2: Coordinación de AD (2.5 ECTS)
Módulo 3: Coordinación de subtitulado e lingua de signos (2.5 ECTS)

ID Nome Carácter Creditos
200613 Curso de coordinación de acceso Obligatoria 6.00

Primeira proba: venres 14 de maio

Traballo grupal de coordinación de acceso para unha produción audiovisual, supervisando aspectos de participación, representación e accesibilidade de contidos

Segunda proba: venres 21 de maio

Proxecto/informe final cunha reflexión.

Titulo na microcredencial ” Curso de coordinación de acceso”

  • Pablo Romero Fresco
  • María Florencia Fascioli Álvarez
  • Ana Tamayo Masero
  • Paula Igareda González
  • María Rosalía Alonso Pérez
  • José Miguel Rodríguez Rodríguez
  • Alba Saskia Rivas Molina
  • Marta Muñoz Sigüenza
  • Belén Navas Serna

Este é o único curso de coordinación de acceso que se imparte en España e o único do mundo que abrangue aspectos de participación, representación e acceso a contidos en medios audiovisuais.

A docencia impartirase coa seguinte distribución:
Horas síncronas virtuais: 4,5 horas semanais x 12 semanas = 54 horas.
Horas asíncronas: 3 horas de participación en foros x 12 semanas = 36 horas.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.