Iniciación aos sistemas de información xeográfica e modelado do risco de incendios forestais
Este curso ofrece unha formación introdutoria e práctica no uso dos sistemas de información xeográfica (SIX) aplicados á análise e modelado do risco de incendios forestais. O alumnado
adquirirá competencias básicas no manexo de ferramentas SIX para a xestión, representación e interpretación de datos espaciais, así como na elaboración de modelos que permitan avaliar e
prever o perigo de incendios no territorio.
Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Comprender os fundamentos teóricos dos Sistemas de Información Xeográfica.
Manexar software SIG libre e profesional (como QGIS).
Empregar datos xeoespaciais para o estudo do medio natural.
Aplicar técnicas de análise espacial ao modelado do risco de incendios forestais utilizados
comunmente na xestión forestal.
Integrar información procedente de diferentes fontes (cartografía, teledetección, bases de datos) para xerar análises espaciais completas.
Elaborar mapas temáticos e produtos cartográficos que faciliten a toma de decisións na planificación e prevención de incendios forestais.
Este curso está orientado principalmente a profesionais e persoal técnico interesado en iniciarse no uso dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) como ferramentas para a xestión forestal e a
prevención de incendios. É tamén de interese para estudantes de grao ou similares que desexen
orientar o seu perfil profesional cara á xestión de incendios.
Técnico/a en xestión forestal e prevención de incendios
Analista SIG / especialista en cartografía
Consultor/a ambiental ou de recursos naturais
Investigador/a ou técnico/a en administración ambiental
- CE1 Uso de sistemas de información xeográfica (SIX)
- CE2 Avaliar riscos ambientais
- CE3 Toma de decisións na xestión de recursos
- CT1 Alfabetización informática
- CT2 Uso de ferramentas informáticas
Documentación necesaria:
Documento identificativo.
Acreditación de estudos previos.
Currículo vitae.
Vida laboral.
Curriculum Vitae 60%
Certificado de estudos previos 20%
Vida laboral 20%
| ID | Nome | Carácter | Créditos |
|---|---|---|---|
| 200617 | Introducción a los SIG y a la cartografía de interés | Obligatoria | 0.80 |
| 200624 | Índices de riesgo de incendio y metodología a seguir | Obligatoria | 0.70 |
| 200625 | Desarrollo y análisis del Mapa de Risco de Incendios Forestales. Caso práctico | Obligatoria | 1.50 |
Entrega de 2 traballo.
O trabajo final que integra todo o contido desenvolvido ao longo do curso entregarase o 24/04/2026.
Título na microcredencial “Iniciación aos sistemas de información geográfica e modelado do risco de incendios forestais”
A docencia impartirase en 34.50 horas en modalidade síncrona virtual.