ESTUDOS / Títulos propios

Competencias transversais para actividades ao aire libre: creatividade, desenvolvemento persoal e conexión social

Competencias transversais para actividades ao aire libre: creatividade, desenvolvemento persoal e conexión social
Microcredencial
Ámbito: Ciencias da educación
Área de interés principal: Transversal
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1254/1
Inicio e fin
Calendar 22/12/2025 - 15/02/2026
Modalidade
Modalidade Semipresencial
Créditos ECTS
ECTS 3
Plazas
60
Preinscrición pechada
01/12/2025 - 17/12/2025
Matrícula
11/12/2025 - 19/12/2025
Descripción

Este curso enmárcase no proxecto Erasmus+ OUTDOOR, orientado a promover a
integración de metodoloxías activas e o uso de espazos abertos nos procesos educativos. O
seu propósito é ofrecer ás persoas participantes unha formación integral que combine o
desenvolvemento de competencias transversais clave cunha experiencia práctica ao aire
libre.

O curso adopta un formato híbrido (blended learning) que integra unha fase en liña,
estruturada en módulos e centrada na aprendizaxe de competencias como o pensamento
crítico, o traballo en equipo, a comunicación, a empatía, a mentalidade de crecemento, a
innovación, a seguridade dixital e a sustentabilidade; e unha fase presencial, consistente
nunha xornada intensiva de aprendizaxe experiencial ao aire libre.

Durante a fase en liña, o estudantado adquirirá os coñecementos e as estratexias necesarias
para aplicar ditas competencias en contextos reais.

A fase presencial baséase na metodoloxía de Outdoor Learning, entendida como un enfoque
educativo que emprega os contornos naturais para promover aprendizaxes significativos,
colaborativos e sostibles. Esta metodoloxía permite que as persoas participantes
experimenten, reflexionen e apliquen os coñecementos adquiridos en situacións reais,
fomentando o desenvolvemento persoal, a creatividade e a conexión social.

A xornada presencial, que se desenvolverá no Campus de Vigo, permitirá vivenciar e
consolidar o aprendido mediante dinámicas colaborativas, resolución de retos e actividades
de conexión social e de vinculación co contorno natural.

Esta combinación metodolóxica favorece unha aprendizaxe significativa e vivencial,
aliñada cos obxectivos europeos de aprendizaxe permanente e co enfoque competencial
promovido polo Marco Europeo de Cualificacións (EQF) e o catálogo ESCO.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
28 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Ver proposta. Xornada de presentación 22/12/2025 as 10:00 (1h). Docencia online dende o 22/12/2025. Fin de curso actividade outdoor 12/02/2026 de 9:00 a 16:00
Horario
Ver proposta. Xornada de presentación 22/12/2025 as 10:00 (1h). Docencia online dende o 22/12/2025. Fin de curso actividade outdoor 12/02/2026 de 9:00 a 16:00
Prezo
Prezo xeral
27,00 €
Alumni Uvigo
24,30 €
Comunidade Uvigo
22,95 €
Persoas desempregadas
22,95 €
Personas discapacitadas
22,95 €

O curso ten como obxectivo principal desenvolver no alumnado competencias transversais
avanzadas, esenciais para a vida académica, profesional e social, tales como o pensamento
crítico, a comunicación, o traballo en equipo, a empatía, a innovación, a seguridade dixital e a sustentabilidade.

En particular, preténdese que as persoas participantes:

  1. Analicen, xestionen e apliquen de forma autónoma os coñecementos adquiridos en contornos complexos e dinámicos.
  2. Potencien a toma de decisións fundamentadas e a resolución de problemas complexos cun enfoque de innovación responsable.
  3. Integren de forma efectiva coñecementos teóricos e prácticos, vinculando a
    aprendizaxe en liña coa experiencia práctica en contornos naturais.
  4. Fortalezan a adaptabilidade, a creatividade e a reflexión crítica, consolidando a aprendizaxe vivencial e cooperativa.
  5. Prepárense para enfrontar retos académicos, profesionais e sociais actuais e futuros,
    aplicando as competencias adquiridas en contornos reais e colaborativos.

    Para acadar estes obxectivos, o curso combina:

    Docencia en liña, que proporciona contidos estruturados, actividades formativas e avaliación continua, orientadas ao desenvolvemento de competencias transversais.
    Experiencia práctica en espazos abertos, baseada na metodoloxía de Outdoor Learning e no modelo de Aprendizaxe Experiencial de Kolb, que permite aplicar de forma real e colaborativa os coñecementos adquiridos, fomentando a reflexión, a interacción social e a conexión co contorno natural.

O curso está dirixido a estudantes universitarios de calquera rama do coñecemento que desexen
fortalecer competencias transversais fundamentais para o seu desenvolvemento académico,
profesional e persoal.
A formación en liña impartirase en inglés, polo que se recomenda un nivel mínimo equivalente a B1
do MCER. Ademáis, recoméndase un manexo básico de ferramentas dixitais e un interese por
aprendizaxe colaborativa, innovación e sustentabilidade.

Ao rematar o curso, o alumnado adquirirá un conxunto de capacidades, coñecementos e habilidades
que lle permitirán desenvolverse con eficacia en contextos académicos, profesionais e sociais
caracterizados pola diversidade, a innovación e o uso de tecnoloxías dixitais. Entre as principais competencias destacan:

Capacidades: Pensamento crítico, resolución de problemas complexos, toma de decisións fundamentadas, colaboración efectiva en equipos multidisciplinares e capacidade de
iniciativa e proactividade.
Coñecementos: Comprensión de estratexias de aprendizaxe e metodoloxías innovadoras, nocións de seguridade dixital e ética na utilización de tecnoloxías, principios de sustentabilidade e boas prácticas en comunicación e traballo colaborativo.
Habilidades: Aplicación de coñecementos a situacións prácticas, capacidade de adaptarse a
contextos diversos, xestión autónoma do propio aprendizaxe, uso eficiente de ferramentas
dixitais, comunicación efectiva e desenvolvemento de accións responsables para a
sustentabilidade.

O egresado será capaz de trasladar estes coñecementos e habilidades a proxectos reais, tanto
individuais como en equipo, demostrando competencias transversais e específicas que facilitan a
súa integración en contornas profesionais innovadoras e sostibles.

  • CE1 Aplicar pensamento crítico e aprendizaxe autónoma para analizar información e
    resolver problemas complexos. ESCO: critical thinking ; learning to learn
  • CE2 Colaborar e comunicarse eficazmente en equipos diversos, integrando diferentes
    perspectivas e fomentando a cohesion grupal.ESCO: team working, communication
  • CE3 Aplicar creatividade, innovación e mentalidade de crecemento, xerando solucións
    adaptativas e responsables. ESCO: creative thinking, adaptability
  • CE4 Aplicar competencias dixitais, xestionando información e participando en contornos
    dixitais de forma segura e colaborativa. ESCO: digital competence, data protection
    awareness, online collaboration
  • CE5 Integrar sustentabilidade, cidadanía activa e aprendizaxe experiencial, aplicando
    coñecementos en contornos reais e colaborativos. ESCO: environmental awareness,
    sustainability, learning through experience

  • CT1 Comunicación efectiva: Expresar ideas de forma clara, adaptarse a distintos contextos e
    escoitar activamente a outras persoas. ESCO: communication
  • CT2 Empatía e habilidades interpersoais: Comprender emocións e necesidades alleas,
    fomentando relacións construtivas e colaborativas. ESCO: empathy, interpersonal skills
  • CT3 Adaptabilidade e resiliencia: Axustarse a novos retos, xestionar cambios e superar
    situacións complexas ou adversas. ESCO: adaptability, resilience
  • CT4 Iniciativa e proactividade: Anticiparse a necesidades, propoñer solucións e actuar de
    forma autónoma e responsable. ESCO: initiative, proactivity
  • CT5 Aprendizaxe continua e autoxestión: Planificar, xestionar e avaliar o propio aprendizaxe,
    reflexionar sobre a práctica e mellorar competencias de forma continua. ESCO: learning
    to learn, self-management

Nivel de inglés mínimo B1 (MCER). Imprescindible para seguir a formación online que se imparte en inglés. Valórase positivamente un nivel superior ao B1.Min. B1 EXCLUYENTE 35%
Certificación académica 20%
Experiencia en traballo en equipo. Actividades complementarias 20%
Competencias dixitais básicas. Capacidade de usar ferramentas dixitais e plataformas online.10%
Motivación e interese polo curso. 15%

ID Nome Carácter Creditos
200618 Competencias transversales para actividades al aire libre: creatividad, desarrollo personal y conexión social Obligatoria 3.00

A avaliación do curso está deseñada para garantir que o alumnado adquira e poida aplicar de
maneira efectiva tanto as competencias específicas como as transversais definidas no programa.
Para a superación do título, valoraranse os seguintes elementos:

  1. Cuestionario inicial (5%)
    Permite avaliar os coñecementos previos do alumnado e planificar a súa progresión durante o curso.
  2. Actividade na plataforma online: cuestionarios de cada módulo (50%)
    Avalían a comprensión dos contidos teór

Título na microdencial “Competencias transversais para actividades ao aire libre:
creatividade, desenvolvemento persoal e conexión social”

  1. A formación online impartirase en inglés, polo que o nivel mínimo B1 é requisito excluinte para participar no curso.
  2. O curso combina aprendizaxe teórica e práctica, garantindo a transferencia dos coñecementos á realidade mediante a experiencia outdoor.
  3. A avaliación integra tanto aspectos formativos (progreso continuo, participación) como sumativos (cuestionarios e actividades), asegurando unha medición completa das competencias adquiridas.
  4. Recoméndase ao alumnado participar activamente nas actividades colaborativas para potenciar o desenvolvemento de competencias transversais como empatía, comunicación e traballo en equipo.
  5. Este curso será puntuable para a convocatoria de 5 becas otorgadas pola UVigo, que permitirán participar nunha experiencia OUTDOOR dunha semana, organizada baixo o marco do proxecto outdoor – Blended Outdoor Learning for fostering the employability of newly graduates. A estancia terá lugar a primeira semana de xullo de 2026, na Universidade dos Azores, onde 5 estudantes de cada universidade socia (Vigo, Kaunas, Lodz, Salento e Azores) formarán parte da Summer School internacional, aplicando os coñecementos adquiridos durante o curso nun contorno práctico e colaborativo.

    A docencia distribuirase en:
    8 horas presenciais
    20 horas asíncronas (se procede)