Impulsar e xestionar comunidades enerxéticas renovables
O título ofrece unha formación especializada orientada á capacitación de persoal capaces de
acompañar e dinamizar os procesos de creación e desenvolvemento de Comunidades Enerxéticas
Renovábeis (CER). A formación aborda o ciclo completo dunha CER dende a cocreación da
cidadanía enerxética, definición do modelo de negocio (modelo xurídico, modelo de gobernanza
externa e interna), execución e desenvolvemento da CER e, finalmente, monotorización,
incorporando coñecementos técnicos, sociais e organizativos.
O título destaca pola súa orientación multidisciplinar e comunitaria, promovendo a participación
activa da cidadanía e das entidades locais na transición enerxética sostible, con especial atención ao medio rural.
Formar persoal con capacidade de acompañar e facilitar procesos de creación e
desenvolvemento de comunidades enerxéticas renovábeis.
Fomentar o coñecemento e aplicación de modelos de gobernanza participativa e democrática.
Proporcionar ferramentas para a análise e definición de modelos xurídicos e de negocio
adaptados ao contexto local e rural.
Potenciar a comprensión das tecnoloxías de microxeración e a súa integración en comunidades enerxéticas renovábeis.
Promover unha cultura enerxética baseada nos valores da democracia, a cooperación e o
desenvolvemento comunitario.
O título está dirixido a persoas con interese en participar na transición enerxética comunitaria e rural. Non se require titulación universitaria previa, aínda que contar con formación ou experiencia básica en ámbitos como a educación ambiental, o desenvolvemento comunitario e a dinamización social, a economía social e o ámbito enerxético facilitaría a aprendizaxe e a aplicación práctica dos contidos.
O programa é accesible a estudantado, axentes de desenvolvemento local e da economía social,
autoridades locais e persoal técnico municipal, así como á cidadanía interesada en promover a
sustentabilidade e a participación cidadá nos procesos de transformación enerxética.
O alumnado adquirirá capacidades e competencias aplicables en diferentes ámbitos profesionais e
sociais, tales como:
Acompañamento e facilitación de procesos de creación, desenvolvemento e consolidación de
comunidades enerxéticas renovábeis.
Dinamización de proxectos de transición enerxética local, con enfoque sostible e participativo.
Asesoramento en modelos de gobernanza, participación e negocio aplicables a comunidades
enerxéticas e iniciativas de economía social.
Colaboración con administracións públicas, cooperativas e entidades sociais na promoción da
transición enerxética e o desenvolvemento rural sostible.
Educación, sensibilización e divulgación sobre transición enerxética limpa e xusta, dende a
perspectiva da participación comunitaria.
- CE1 S1.2.4 Defender necesidades individuais ou comunitarias
- CE2 S4.0.0 Traballo en comunidades.
- CE3 S1.2.5.Crear vínculos coas autoridades locais
- CE4 K0.7.13 Tecnoloxías enerxéticas de microxeración.
- CE5 S2.1.1.102 Realizar investigación participativa
- CT1 T6.3Promover os principios da democracia e o estado de dereito
- CT2 T6.2 Facer que outras persoas adopten condutas positivas para o medioambiente
- CT3 T4.4 Fomentar a autonomía dos estudantes
- CT4 T3.2 Adoptar un enfoque holístico
- CT5 T4.3 Colaborar en equipos e redes
Experiencia coa transición enerxética 30%
Experiencia con dinámicas participativas 30%
Experiencia en xestión de tecnoloxías enerxéticas de fontes renovábeis 30%
Formación relacionada cos obxectivos do título 10%
Módulo 7: Evaluación. (0,8 ECTS)
Módulo 2. Comunidades enerxéticas: diagnose inicial. (0,3 ECTS)
Módulo 3. Acción colectiva con concellos e GDR: mobilización e traballo en rede. (0,4 ECTS)
Módulo 4. A cadea enerxética na transición enerxética. (0,3 ECTS)
Módulo 5. Modelos de negocio para comunidades enerxéticas rurais. (0,55 ECTS)
Módulo 6. Implementación e funcionamento de comunidades enerxéticas rurais. (0,4 ECTS)
Módulo 7: Avaliación. (0,8 ECTS)
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200643 | Sensibilización hacia la ciudadanía energética | Obligatoria | 0.25 |
| 200644 | Comunidades energéticas: diagnosis inicial | Obligatoria | 0.30 |
| 200645 | Acción colectiva con ayuntamientos y GDR: movilización y trabajo en red | Obligatoria | 0.40 |
| 200646 | La cadena energética en la transición energética | Obligatoria | 0.30 |
| 200647 | Modelos de negocio para comunidades energéticas rurales | Obligatoria | 0.55 |
| 200648 | Implementación y funcionamiento de comunidades energéticas rurales | Obligatoria | 0.40 |
| 200649 | Evaluación | Obligatoria | 0.80 |
Para a obtención do Diploma de Curso de Formación Universitaria, o estudantado deberá:
Cumprir os requisitos mínimos de participación establecidos, tanto en actividades síncronas
(sesións virtuais) como en tarefas asíncronas (traballo autónomo).
Presentar e aprobar o test de avaliación final
Presentar e aprobar o estudo de caso final no prazo establecido.
O estudantado que non cumpra os requisitos mínimos de asistencia ou de realización das actividadesformativas non poderá presentarse á
Título na microcredencial “Impulsar e xestionar comunidades enerxéticas renovables”
Horas síncronas virtuais: 6
Horas asíncronas: 12