ESTUDOS / Títulos propios

Dereito Procesual Laboral: os procesos especiais

Dereito Procesual Laboral: os procesos especiais
Microcredencial
Ámbito: Dereito e especialidades xurídicas
Área de interés principal: Xurídico Social
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1265/1
Inicio e fin
Calendar 03/03/2026 - 26/03/2026
Modalidade
Modalidade Semipresencial
Créditos ECTS
ECTS 3
Plazas
25
Preinscrición pechada
02/02/2026 - 23/02/2026
Matrícula
-
Descripción

A formación en procesos especiais do Dereito Procesual Laboral ten unha clara xustificación social, xa que estes procedementos abordan conflitos especialmente sensibles — como despedimentos,vulneración de dereitos fundamentais, sancións, conflitos colectivos ou tutela da liberdade sindical— que afectan de maneira directa á estabilidade laboral e á protección dos dereitos das persoas traballadoras e empresas. A complexidade e especificidade destes procesos esixen profesionais cualificados que actúen con rigor técnico para garantir unha resposta xudicial áxil e axustada a dereito. Dotar aos e as Graduados/as Sociais dunha preparación especializada contribúe a mellorar a calidade do asesoramento e a representación no ámbito laboral, reforzando así a seguridade xurídica, a resolución eficiente dos litixios e o adecuado funcionamento do sistema de relacións laborais.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
30 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Sede do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra e Campus remoto da Universidade de Vigo
Horario
Martes e xoves de 16:00 a 20:00
Prezo
Prezo xeral
220,00 €
Alumni Uvigo
198,00 €
Comunidade Uvigo
187,00 €
Persoas desempregadas
187,00 €
Personas discapacitadas
187,00 €

O obxectivo desta microcredencial é proporcionar ao alumnado unha visión clara e actualizada dos
principais procesos especiais da xurisdición social, capacitándolles para identificar as súas
particularidades e aplicalos correctamente na práctica profesional. Preténdese que adquiran
habilidades para preparar escritos e actuacións específicas, analizar casos reais e seleccionar a vía procesual adecuada. Ademais, o curso fomenta unha aprendizaxe práctica e colaborativa mediante unha metodoloxía mixta con sesións presenciais e virtuais durante un mes.

Vai dirixido fundamentalmente a Graduados e Graduadas Sociais, así como profesionais da rama
xurídico-social

A formación está orientada a persoas que xa están traballando no ámbito do Dereito Procesual
Laboral e pretenden actualizar os seus coñecementos nesta área.

  • CE1 Capacidade para identificar e aplicar correctamente as fases, prazos e actuacións dos
    diferentes procesos especiais no procedemento laboral.
  • CE2 Habilidade para elaborar escritos procesuais propios da xurisdición social.
  • CE3 Competencia para analizar e valorar xuridicamente conflitos laborais dentro do marco
    procesual.
  • CE4 Destreza para intervir de forma fundamentada en actuacións e vistas laborais simuladas
    ou reais.
  • CE5 Capacidade para integrar novidades normativas e xurisprudenciais na práctica
    profesional diaria.

  • CT1 Comunicación oral e escrita eficaz en contextos profesionais.
  • CT2 Traballo en equipo e colaboración na resolución de casos.
  • CT3 Pensamento crítico e capacidade de tomar decisións fundamentadas.
  • CT4 Xestión do tempo e organización do traballo en contornas formativas mixtas.
  • CT5 Adaptabilidade e aprendizaxe autónomo ante cambios normativos e profesionais.

Graduados/as sociais en exercicio 80%
Outros profesionais do ámbito xurídico-social 20%

ID Nome Carácter Creditos
200653 Juicio de despido Obligatoria 0.40
200654 Impugnación de sanciones disciplinarias y procesos por vacaciones Obligatoria 0.40
200655 Procesos en materia electoral y procesos por clasificación profesional Obligatoria 0.40
200656 Procesos por movilidad geógrafica y modificación sustancial de las condiciones de trabajo y procesos en relación con los derechos de conciliación de la vida personal, familiar y laboral Obligatoria 0.40
200657 Prestaciones de la Seguridad Social y procedimientos de oficio y procedimientos de impugnación de actos administrativos en materia laboral y de Seguridad Social no prestacional Obligatoria 0.40
200658 Procesos de conflictos colectivos y impugnación de convenios colectivos Obligatoria 0.40
200659 Impugnaciones o modificaciones relativas a los estatutos de sindicatos y de las asociaciones empresariales Obligatoria 0.20
200660 Tutela de los derechos fundamentales y libertades públicas Obligatoria 0.40

Asistencia e participación as clases teórico-prácticas e a resolución do estudo de casos prácticos referidos a xurisprudencia do ámbito social laboral.

Microcredencial “Dereito Procesual Laboral: os procesos especiais”

A docencia impartirase coa seguinte distribución:
Horas síncronas presenciais: 22 horas
Horas síncronas virtuais: 8 horas

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.