La gestión de los recursos humanos en las entidades públicas ante el reto de la integridad pública
O presente título propio xustifícase pola necesidade de dar resposta a unha demanda social e
profesional crecente de capacitación especializada e aplicada no ámbito da Administración
Pública, en coherencia coa formación ao longo da vida e coa transferencia de coñecemento ao
tecido institucional.
A proposta está orientada á adquisición de competencias transversais e técnicas relacionadas coa xestión dos fondos públicos e a integridade, desempeño profesional na administración, mediante metodoloxías prácticas e actualización flexible de contidos.
Existen referentes externos que evidencian a necesidade de perfís con competencias neste ámbito, porque ningunha titulación oficial ofrece este tipo de competencias. Así mesmo, tras analizar a oferta existente na Universidade de Vigo, conclúese que os obxectivos e competencias propostos non son cubertos por títulos oficiais previos, ao diferenciarse polo seu enfoque aplicado, polo perfil destinatario (profesionais e egresados/as en actualización), pola especialización e polo modelo formativo orientado a resultados, polo que a proposta resulta complementaria e non duplicada.
Obxectivo xeral Fortalecer as competencias dos profesionais do sector público para xestionar os recursos humanos con criterios de integridade pública, promovendo a ética, a transparencia, a prevención da corrupción e o bo goberno nas entidades públicas. Obxectivos específicos Ao remate do curso, o alumnado será quen de: Comprender o concepto de integridade pública e a súa relevancia na xestión dos recursos humanos dentro das entidades públicas. Identificar os principais riscos éticos e da integridade asociados aos procesos de xestión de persoas no sector público (selección, provisión de postos, avaliación do desempeño, carreira profesional, retribucións, etc.). Analizar o marco normativo e os instrumentos de integridade pública aplicables á xestión de recursos humanos nas administracións públicas. Aplicar principios éticos e de integridade na toma de decisións relacionadas coa xestión do persoal público. Deseñar e propoñer medidas preventivas e boas prácticas para reforzar a integridade nos sistemas de xestión de recursos humanos. Recoñecer o papel do liderado, da cultura organizativa e da responsabilidade individual na promoción da integridade pública. Empregar ferramentas prácticas (códigos éticos, mapas de riscos, canles de denuncia, plans de integridade) vinculadas á xestión de recursos humanos. Avaliar casos prácticos e situacións reais para detectar conflitos de intereses, prácticas irregulares e dilemas éticos no ámbito dos recursos humanos públicos.
Empregados públicos, órganos electos e xestores privados que traballan coa Administración Pública
Administración pública e xestión privada que garde relación coa administración e xestión pública
S4.3.0 Asignar e controlar recursos públicos S4.3.1 Xestionar orzamentos e finanzas públicas S4.0.0 Competencias de xestión S4.1.0 Desenvolver obxectivos e estratexias S4.3.2 Xestionar e administrar recursos humanos
T1.3 Traballar con dispositivos e aplicacións dixitais T1.2 Traballar con números e medidas T2.2 Planificar e organizar T2.3 Lidiar con problemas T2.4 Pensar de maneira creativa e innovadora
Estudos superiores 20% Estudos medios 15% Experiencia superior a 10 anos 20% Órgano electo 25% Posto desempeñado na Administración Pública 20%
No Informada
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200686 | La gestión de los recursos humanos en las entidades públicas ante el reto de la integridad pública | Obligatoria | 2.00 |
Test de 20 preguntas, suman as respostas correctas 0,5 e restan as respostas incorrectas 0,20 13 de Abril, proba presencial ás 17:15 horas. 14 de Abril, proba presencial ás 17:15 horas.
Título na Microcredencial “A xestión dos recursos humanos nas entidades públicas ante o reto da integridade pública”
Cando nada parece ir ben, vou ver un canteiro. Este home golpea a rocha cun cicel e un martello centos de veces sen que se vexa unha fenda. Pero no golpe 1001, a rocha fende en dous. E sei que no foi es folpe a que a partiu, senon todos os golpes anteriores Jacob Riis. Estudiaremos mediante o “método do caso” o método Harvard” vendo casos reais, que nos sirven para inducir a teoría xurídica, económica e a aplicación práctica das normas contables, orzamentarias, desde o punto de vista do sector público.