ESTUDOS / Títulos propios

Dereito Procesual Laboral: Medios de impugnación, recursos e procesos de execución

Dereito Procesual Laboral: Medios de impugnación, recursos e procesos de execución
Microcredencial
Ámbito: Dereito e especialidades xurídicas
Área de interés principal: Xurídico Social
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1276/1
Inicio e fin
Calendar 07/04/2026 - 30/04/2026
Modalidade
Modalidade Semipresencial
Créditos ECTS
ECTS 3
Plazas
25
Preinscrición pechada
02/03/2026 - 25/03/2026
Matrícula
20/03/2026 - 27/03/2026
Descripción

A formación en medios de impugnación, recursos e procesos de execución no ámbito laboral ten
unha clara xustificación social, xa que estes mecanismos son esenciais para garantir a tutela
xudicial efectiva e a correcta aplicación dos dereitos laborais. A complexidade dos recursos e a
importancia dunha execución rápida e eficaz das resolucións xudiciais requiren profesionais
cualificados capaces de actuar con rigor técnico e asegurar que as decisións adoptadas en sede
xudicial cúmpranse plenamente. Dotar aos e as Graduados/as Sociais de coñecementos
especializados nesta materia contribúe a mellorar a calidade do asesoramento e a representación
en conflitos laborais, reducindo erros procesuais, axilizando os procedementos e fortalecendo a
seguridade xurídica de traballadores, empresas e administracións.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
30 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Sede do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra e Campus remoto da Universidade de Vigo
Horario
Martes e xoves de 16:00 a 20:00
Prezo
Prezo xeral
220,00 €
Alumni Uvigo
198,00 €
Comunidade Uvigo
187,00 €
Persoas desempregadas
187,00 €
Personas discapacitadas
187,00 €

O obxectivo desta microcredencial é proporcionar ao alumnado un coñecemento profundo e
actualizado sobre os principais medios de impugnación e recursos na xurisdición social, así como sobre o funcionamento e as particularidades dos procesos de execución laboral. Búscase capacitalos para identificar con precisión as resolucións recurribles, seleccionar o recurso adecuado, cumprir os requisitos formais e manexar os prazos con seguridade. Así mesmo, o programa pretende desenvolver habilidades prácticas para a redacción de escritos de impugnación e para a intervención en procedementos de execución, tanto dineraria como non dineraria. O curso tamén persegue fortalecer a análise de casos reais, mellorar a toma de decisións procesuais e fomentar unha aprendizaxe dinámica e colaborativa mediante unha metodoloxía mixta.

Vai dirixido fundamentalmente a Graduados e Graduadas Sociais, así como profesionais da rama
xurídico-social

A formación está orientada a persoas que xa están traballando no ámbito do Dereito Procesual
Laboral e pretenden actualizar os seus coñecementos nesta área.

  • CE1 Capacidade para identificar e aplicar correctamente as fases, prazos e actuacións
    procesuais na fase de impugnación
  • CE2 Habilidade para elaborar escritos procesuais propios da xurisdición social.
  • CE3 Competencia para analizar e valorar xuridicamente conflitos laborais dentro do marco
    procesual.
  • CE4 Destreza para intervir de forma fundamentada en actuacións e vistas laborais
  • CE5 Capacidade para integrar novidades normativas e xurisprudenciais na práctica profesional diaria.

  • CT1 Comunicación oral e escrita eficaz en contextos profesionais.
  • CT2 Traballo en equipo e colaboración na resolución de casos.
  • CT3 Pensamento crítico e capacidade de tomar decisións fundamentadas.
  • CT4 Xestión do tempo e organización do traballo en contornas formativas mixtas.
  • CT5 Adaptabilidade e aprendizaxe autónomo ante cambios normativos e profesionais.

Graduados/as sociais en exercicio 80%
Outros profesionais do ámbito xurídico-social 20%

ID Nome Carácter Creditos
200698 Los recursos y impugnaciones: concepto, clases, presupuestos y efectos y los recursos de reposición, de queja y de revisión Obligatoria 0.40
200699 Recurso de Suplicación Obligatoria 0.40
200700 Recurso de casación para la unificación de doctrina Obligatoria 0.40
200701 Revisión de sentencias y laudos firmes y error judicial y medios de rescisión de sentencias firmes y otros instituciones que afectan a sentencias firmes Obligatoria 0.40
200702 Depósitos para recurrir. Los procesos de ejecución. La actividad general ejecutiva. La ejecución provisional y definitiva Obligatoria 0.40
200703 La ejecución forzosa y las ejecuciones colectivas Obligatoria 0.40
200704 La ejecución dineral y no dineral-Ejecuciones especiales:ejecución provisional y despido; ejecución de las sentencias firmes de despido; ejecución de sentencias firmes frente a entes públicos; ejecución provisional de sentencias condenatorias en materias de Seguridad Social; ejecución provisional de sentencias condenatorias recaídas en otros procesos Obligatoria 0.40
200705 Medidas Cautelares Obligatoria 0.20

Asistencia e participación as clases teórico-prácticas e a resolución do estudo de casos prácticos referidos a xurisprudencia do ámbito social laboral.

Titulo na microcredencial “Dereito Procesual Laboral: Medios de impugnación, recursos e procesos de execución”

A docencia impartirase coa seguinte distribución:
Horas síncronas presenciais: 22 horas
Horas síncronas virtuais: 8 horas