Introdución aos sistemas intelixentes para enxeñaría
Este curso está dirixido a introducir ao alumnado, con perfil de enxeñaría industrial, no concepto xeral dos sistemas intelixentes, compoñentes esenciais na implantación de solucións de intelixencia artificial.
Abordaranse a súa definición, tipoloxía, compoñentes, modelos e enfoques inferenciais, explorando, desde unha perspectiva práctica, as súas utilidades e aplicacións centradas no ámbito da xestión das decisión dentro do contexto dos procesos da enxeñaría industrial.
O curso permitirá aos estudantes adquirir unha visión sintética dos sistemas intelixentes, dende a súa conceptualización ata o seu desenvolvemento e implementación, incluíndo tanto o seu potencial de desenvolvemento como as súas principais limitacións. O obxectivo final formativo será capacitalo para identificar, seleccionar e avaliar o sistema intelixente máis axeitado e preciso en función da natureza e características da súa aplicación industrial, non só no que se refire á selección de solucións e modelos de razoamento artificial senón tamén considerando a avaliación global da súa idoneidade e rendemento.
Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos.
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Capacitar aos estudantes para deseñar e desenvolver sistemas intelixentes sinxelos, empregando
ferramentas informáticas de acceso libre (Google Colab©, Python©). Estas ferramentas
utilizaranse na xestión das decisión en distintos ámbitos, tanto en aplicacións nas materias nos
distintos Graos ou Mestrados, como en traballos profesionais en Enxeñaría Industrial.
Estudantes de último curso de Grao, Mestrado ou Doutoramento que desexen formarse no deseño,
desenvolvemento e proba de concepto de diversos sistemas intelixentes aplicados en materias ou
na elaboración do seu TFG, TFM ou Tese de Doutoramento, mellorando tamén a súa futura
empregabilidade.
Profesionais do ámbito da enxeñaría industrial interesados na aplicación de ferramentas de
intelixencia artificial de forma eficiente e orientada a resultados no seu contexto laboral.
Empresas de enxeñería interesadas en desenvolver sistemas intelixentes con criterios de eficiencia e fiabilidade para a mellora dos seus procesos, ou ben para prestar ese servicio ós seus clientes
- CE1 Coñecemento da estrutura e funcionamento dos sistemas intelixentes
- CE2 Coñecemento da tipoloxía dos sistemas intelixentes
- CE3 Coñecemento sobre as boas prácticas no deseño de sistemas intelixentes
- CE4 Capacidade para deseñar e desenvolver sistemas intelixentes sinxelos
- CE5 Coñecer e comprender problemáticas existentes mediante casos reais
- CE6 Aplicar os sistemas intelixentes no soporte ás decisión de enxeñería
- CT1 Pensamento analítico
- CT2 Resolver problemas complexos
Documentación necesaria para o acceso:
Documento de identificación
Título Universitario ou certificado estudos previos
Graduados en Enxeñería da rama industrial
Máster en Enxeñería Industrial
Titulados universitarios en Enxeñería con experiencia profesional en Intelixencia Artificial
Poderanse admitir estudantes das titulacións
- e
- con o TFG ou TFM pendente
| ID | Nome | Carácter | Créditos |
|---|---|---|---|
| 200711 | Inteligencia artificial y sistemas inteligentes | Obligatoria | 0.24 |
| 200712 | Representación del conocimiento: Conceptos y ejemplos | Obligatoria | 0.36 |
| 200713 | Incertidumbre y riesgo: evaluación y gestión | Obligatoria | 0.24 |
| 200714 | Sistemas expertos | Obligatoria | 0.60 |
| 200715 | Algoritmos de aprendizaje automático: Naturaleza y clasificación | Obligatoria | 1.20 |
| 200716 | Redes neuronales: Tipologías y aplicaciones | Obligatoria | 1.20 |
| 200717 | Algoritmos evolutivos | Obligatoria | 0.60 |
| 200718 | Sistemas de soporte a la decisión: Estructura y desarrollo | Obligatoria | 0.96 |
| 200719 | Modelos de lenguaje grandes (LLM): Introducción | Obligatoria | 0.60 |
Probas de resposta curta: 40%
Entregas de exercicios de prácticas: 40%
Traballo na clase: 20%
A asistencia mínima para superar o curso será do 70% das horas do curso.
Título na microdencial “Introdución aos sistemas intelixentes para enxeñería”