ESTUDOS / Títulos propios

Deseño e avaliación de programas a través de prácticas artísticas

Deseño e avaliación de programas a través de prácticas artísticas
Microcredencial
Ámbito: Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionais
Área de interés principal: Xurídico Social
Área secundaria de interés: Arte e humanidades
Código: 1285/1
Inicio e fin
Calendar 25/05/2026 - 29/05/2026
Modalidade
Modalidade Semipresencial
Créditos ECTS
ECTS 2
Plazas
40
Preinscrición pechada
02/03/2026 - 18/05/2026
Matrícula
-
Descripción

Esta microcredencial ofrece unha formación especializada no deseño, a implementación e
a avaliación de programas educativos e socioculturais a través de prácticas artísticas. O
curso proporciona ferramentas teóricas e metodolóxicas para integrar a música, o teatro, a
danza e as artes visuais como recursos pedagóxicos en contextos educativos formais e non
formais.
Ao longo da formación, o alumnado aprenderá a analizar necesidades educativas, deseñar
programas coherentes con obxectivos e resultados de aprendizaxe, seleccionar
metodoloxías artísticas axeitadas e desenvolver sistemas de avaliación formativa e
sumativa. Traballarase especialmente o uso de metodoloxías activas, a aprendizaxe baseada
en proxectos, o estudo de casos e o deseño de instrumentos de avaliación adaptados a
procesos creativos.
A microcredencial ten un enfoque eminentemente práctico e aplicado, orientado á
elaboración de propostas transferibles a contextos profesionais reais.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
34 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Fundación Érguete e plataforma de teleformación Moovi
Horario
Online: 25, 26 e 28 de maio de 16:00 a 20:00: Presencial 27 e 29 de maio
Prezo
Prezo xeral
50,00 €
Alumni Uvigo
45,00 €
Comunidade Uvigo
42,50 €
Persoas desempregadas
42,50 €
Personas discapacitadas
42,50 €

Fundamentar o deseño, implementación e avaliación de programas educativos e socioculturais
sustentados en prácticas artísticas (música, teatro, danza e artes visuais) en contextos formais e non formais.
Diagnosticar e analizar necesidades educativas e comunitarias, formulando obxectivos e
resultados de aprendizaxe coherentes e avaliables, axustados ao contexto e á poboación
destinataria.
Deseñar programas baseados en metodoloxías activas (ABP, estudo de casos, proxectos
creativos), seleccionando e adaptando prácticas artísticas como estratexias pedagóxicas
pertinentes.
Desenvolver sistemas e instrumentos de avaliación formativa e sumativa que integren
métodos cualitativos e cuantitativos, adecuados á natureza dos procesos creativos e á evidencia
de aprendizaxe.
Analizar criticamente o impacto educativo, cultural e social dos programas, interpretando
evidencias obtidas durante a implementación real ou simulada e formulando melloras
fundamentadas.
Comunicar e xustificar decisións de deseño e avaliación mediante formatos escritos, visuais e
audiovisuais, adaptando a mensaxe a públicos profesionais, institucionais e comunitarios.

Esta formación está dirixida a profesionais da educación, a cultura e a intervención social
interesados en desenvolver competencias para crear e avaliar programas educativos
innovadores baseados en prácticas artísticas.

Ao rematar a microcredencial, o alumnado estará capacitado para deseñar, implementar e avaliar programas educativos e socioculturais baseados en prácticas artísticas (música, teatro, danza e artes visuais), en contextos formais e non formais, empregando metodoloxías activas e instrumentos de avaliación adaptados a procesos creativos.
Os perfís e ámbitos de inserción profesional habilitarán aos egresados no:
Deseño e coordinación de programas artístico-educativos en centros educativos (infantil, primaria, secundaria, formación profesional), escolas municipais e conservatorios, e proxectos de educación non formal.
Xestión, dinamización e mediación cultural en concellos, casas da cultura, auditorios, museos, entidades culturais e proxectos de participación cidadá.
Intervención socioeducativa e comunitaria a través das artes en ONG, fundacións e entidades do terceiro sector (programas de inclusión, benestar, cohesión social e prevención).
Avaliación de programas (deseño de indicadores, instrumentos e procedementos de avaliación formativa/sumativa) en proxectos educativos e culturais con base artística.
Asesoramento e consultoría para o deseño e mellora de proxectos artístico-educativos (institucións, entidades locais, equipos directivos, asociacións e profesionais).
Formación e acompañamento profesional (obradoiros, formación interna e mentorización) en metodoloxías artísticas aplicadas á educación e á acción comunitaria.

  • CE1 Deseñar programas educativos e socioculturais baseados en prácticas artísticas,
    integrando metodoloxías creativas (música, artes visuais, teatro, danza) en función
    de necesidades educativas identificadas.
  • CE2 Aplicar procesos artísticos como ferramentas pedagóxicas, seleccionando e adaptando prácticas creativas a distintos contextos educativos e comunitarios.
  • CE3 Desenvolver instrumentos de avaliación formativa e sumativa para programas educativos con base artística, utilizando métodos cualitativos e cuantitativos axeitados.
  • CE4 Analizar críticamente o impacto educativo, cultural e social de programas
    artísticos, interpretando evidencias recollidas durante procesos de implementación real ou simulada.
  • CE5 Comunicar e xustificar decisións de deseño e avaliación de programas artísticos,
    empregando formatos escritos, visuais e audiovisuais dirixidos a distintos públicos.

  • CT1 Analizar información, evidencias e marcos teórico-metodolóxicos para tomar decisións fundamentadas no deseño e avaliación de programas educativos e socioculturais baseados nas artes
  • CT2 Colaborar de forma eficaz con perfís diversos (educación, cultura, intervención
    social), asumindo roles, negociando acordos e co-construíndo propostas e produtos profesionais
  • CT3 Empregar ferramentas dixitais para a procura e xestión de información, a documentación do proceso e a elaboración/presentación de materiais (escritos, visuais e audiovisuais) vinculados ao proxecto
  • CT4 Integrar principios éticos, perspectiva inclusiva e enfoque de dereitos no deseño, implementación e avaliación, atendendo á diversidade e minimizando barreiras de participación
  • CT5 Organizar o propio traballo, planificar tarefas e tempos, xestionar recursos e revisar criticamente o desempeño para mellorar iterativamente a proposta e os resultados

Relación do CV coas características do curso 75%
Público en xeral por orde de inscrición 25%

ID Nome Carácter Creditos
200724 Fundamentación y análisis de necesidades Obligatoria 0.40
200725 Diseño de programas a través de prácticas artísticas Obligatoria 0.60
200726 Metodologías activas y diseño de intervenciones Obligatoria 0.40
200727 Evaluación formativa, sumativa y de impacto Obligatoria 0.40
200728 Trabajo final integrador Obligatoria 0.20

Portafolio de evidencias (60 %)
Debe incluir: deseños de programas (diarios de deseño, mapificacións de obxectivos, decisións metodolóxicas); instrumentos de avaliación construidos; xustificacións teóricas e reflexións persoais; resultados de implementación ou simulación; material audiovisual (videos de obradoiros, entrevistas, arte producido).
Estudo de caso aplicado (40 %)
Actividades posibles: diagnose de necesidades, deseño duhna intervención con artes,
avaliación proposta e presentación

Título na microcredencial ” Deseño e avaliación de programas a través de prácticas artísticas”

Horas teoría síncronas: 8
Horas prácticas síncronas: 12
Horas de avaliación: 14

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.