ESTUDOS / Títulos propios

Utilización da IA nos servizos sociais das administracións e das entidades sociais

Utilización da IA nos servizos sociais das administracións e das entidades sociais
Microcredencial
Ámbito: Enxeñería informática e de sistemas
Área de interés principal: Tecnoloxía
Área secundaria de interés: Ciencias
Código: 1304/1
Inicio e fin
Calendar 23/04/2026 - 14/05/2026
Modalidade
Modalidade Presencial
Créditos ECTS
ECTS 2
Plazas
75
Preinscrición pechada
24/03/2026 - 20/04/2026
Matrícula
04/09/2026 -
Descripción

Nunha contorna pública en constante evolución, a Intelixencia Artificial preséntase como un aliado para transformar a xestión dos servizos sociais e a administración local.
Esta microcredencial de 2 ECTS, deseñada especificamente para os profesionais da Deputación de
Ourense, Concellos e entidades do Terceiro Sector, ofrece unha formación práctica e adaptada á
realidade do día a día institucional.
A través dun enfoque participativo e 100% aplicado, os asistentes descubrirán como a IA pode
optimizar a redacción de informes sociais, automatizar fluxos de traballo, xestionar datos complexos en Excel e facilitar a toma de decisións baseada en documentación técnica. O obxectivo é claro: dotar ao persoal público das ferramentas necesarias para reducir a carga burocrática e centrar os esforzos na atención directa e de calidade ao cidadán.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
16 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Moovi + Campus Remoto/Microsoft Teams.
Horario
23 abril 11:00 a 13:00; 28 abril 11:30 a 13:30; 29 abril 09:00 a 11:00; 30 abril 11:00 a 13:00; 06 y 12 mayo 09:00 a 11:00; 7 y 14 mayo 11:00 a 13:00
Prezo
Prezo xeral
188,00 €
Alumni Uvigo
169,20 €
Comunidade Uvigo
159,80 €
Persoas desempregadas
159,80 €
Personas discapacitadas
159,80 €

Obxectivo principal:
Capacitar ao persoal público e do terceiro sector da provincia de Ourense no uso práctico da
Intelixencia Artificial, transformando a teoría tecnolóxica en solucións operativas para o seu
día a día.

Obxectivos específicos:
Capacitación Tecnolóxica: Dotar aos asistentes dunha base sólida sobre que é a IA Xerativa,
os seus tipos e as súas limitacións, eliminando a barreira do descoñecemento técnico.
Eficiencia Administrativa: Reducir a carga burocrática mediante a automatización de fluxos
de traballo (L3) e a optimización de tarefas repetitivas, como a xestión de datos en Excel (L2).
Mellora da Intervención Social: Facilitar a elaboración de informes e a transcrición de
entrevistas (L4), permitindo que os profesionais de benestar social dediquen máis tempo á
atención directa e menos á xestión documental.
Xestión do Coñecemento: Implementar métodos avanzados de busca e análise de
documentación técnica (L1) para garantir que as respostas administrativas sexan precisas e
estean fundamentadas en fontes oficiais.
Adaptación á Contorna Local: Contextualizar as ferramentas de IA nas necesidades reais da
Deputación de Ourense e os Concellos, asegurando que a formación sexa directamente aplicable desde o primeiro día.

Empregados públicos do Área de Benestar da Deputación de Ourense.
Empregados públicos dos servizos sociais dos concellos e mancomunidades da provincia de
Ourense.
Empregados públicos de outros servizos da Deputación de Ourense.
Empregados públicos de outros servizos dos concellos e mancomunidades da provincia de Ourense.
Empregados de entidades sociais do terceiro sector en contacto coa DO.

Na Administración Pública (Deputación e Concellos)
Xestor de proxectos de transformación dixital: Liderar a implementación de ferramentas de
IA en departamentos de Benestar ou servizos centrais.
Especialista en automatización administrativa: Responsable de deseñar fluxos de traballo
que eliminen tarefas burocráticas repetitivas mediante ferramentas como Make ou n8n.
Analista de datos sociais: Profesional capaz de cruzar e analizar grandes volumes de
documentación técnica e bases de datos para mellorar o deseño de políticas públicas.
Responsable de apoio documental intelixente: Especialista en xestionar bases de coñecemento e arquivos dixitais con asistencia de IA.
No Terceiro Sector e Entidades Sociais
Técnico de innovación en entidades sociais: Coordinador da adopción de tecnoloxías emerxentes para optimizar a atención a colectivos vulnerables.
Consultor en eficiencia operativa para ONGs: Asesorar a organizacións do terceiro sector
sobre como usar a IA para a redacción de proxectos, memorias e informes de impacto.
Xestor de comunicación e eventos asistido por IA: Perfil encargado de organizar actividades e xerar contidos multimedia de xeito rápido e profesional.
Ámbito Transversal e Consultoría
Formador en competencias dixitais e IA: Formador para outros compañeiros ou departamentos sobre o uso ético e práctico dos modelos de linguaxe.
Auditor de calidade en informes sociais: Supervisión do uso da IA na transcrición e elaboración de documentos oficiais para garantir a súa precisión e ética.

  • CE1 Xestionar datos e información dixital: Organizar e almacenar datos de usuarios de servizos sociais de forma estruturada para o seu procesamento mediante ferramentas de IA.
  • CE2 Utilizar ferramentas de análise de datos de intelixencia artificial: Aplicar algoritmos e
    modelos de linguaxe (LLMs) para extraer patróns, resumir informes técnicos e axilizar a toma de decisións.
  • CE3 Garantir a protección de datos persoais: Aplicar a normativa (RGPD) ao utilizar
    ferramentas de IA, asegurando que a información sensible da cidadanía estea anonimizada e protexida.
  • CE4 Redactar informes técnicos administrativos: Elaborar documentación oficial, como
    informes de intervención social, apoiándose en ferramentas de xeración de texto e transcrición automática.
  • CE5 Automatizar procesos administrativos: Configurar fluxos de traballo dixitais para reducir
    tarefas repetitivas na xestión de expedientes e servizos públicos.

  • CT1 Pensamento crítico: Avaliar de forma obxectiva os resultados xerados pola IA (evitar
    sesgos ou alucinacións) antes de incorporalos a un expediente público.
  • CT2 Adaptación ao cambio tecnolóxico: Manter unha actitude proactiva ante a evolución
    constante das ferramentas dixitais na administración pública.
  • CT3 Comunicación dixital: Interactuar de maneira efectiva a través de canles síncronas
    (videoconferencias) e dominar a linguaxe dos “prompts” para comunicarse cos sistemas de IA.
  • CT4 Resolución de problemas complexos: Identificar ineficiencias no fluxo de traballo da área
    de benestar e propoñer solucións creativas utilizando a tecnoloxía dispoñible.
  • CT5 Aprendizaxe autónoma: Capacidade para actualizar coñecementos sobre novas
    funcionalidades de IA e ferramentas de produtividade sen necesidade de supervisión constante.

Empregados da Deputación de Ourense
Empregados dos Concellos da provincia de Ourense
Orde de matrícula

ID Nome Carácter Creditos
200804 Bloque 1: Fundamentos de la IA Obligatoria 0.50
200805 Bloque 2: Gestión Documental e Inteligencia de Datos Obligatoria 0.75
200806 Bloque 3: Automatización y productividad administrativa Obligatoria 0.50
200807 Bloque 4: Aplicaciones especializadas y cierre Obligatoria 0.25

Para superar o curso, o alumnado deberá cumprir con:
Unha presencialidade mínima do 80%.
Participar activamente nas sesións.
Entregar as tarefas prácticas que demostre a aplicación da IA en supostos reais do seu posto
de traballo.

Microcredencial en ” Utilización da IA nos servizos sociais das administracións e das entidades sociais”

Horas de teoría síncrona: 10 horas
Horas de práctica síncrona: 6 horas

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.