A avaliación da aprendizaxe en titoría: fundamentos e instrumentos
A avaliación da aprendizaxe constitúe un dos compoñentes centrais da práctica docente e unha competencia profesional clave do profesorado. Nos últimos anos, a investigación educativa ten sinalado a necesidade de avanzar cara a enfoques de avaliación máis formativos, reflexivos e centrados no proceso, especialmente en contextos de titoría, acompañamento persoal, orientación académica e seguimento do desenvolvemento competencial do alumnado (López-Pastor & Sicilia-Camacho, 2017). Estes espazos educativos requiren estratexias avaliativas específicas que permitan comprender e apoiar procesos complexos de aprendizaxe, máis alá da simple medición de resultados académicos.
Os instrumentos tradicionais de avaliación, baseados fundamentalmente en probas estandarizadas ou tarefas pechadas, resultan limitados para avaliar dimensións como o desenvolvemento de competencias, habilidades persoais e profesionais, actitudes, hábitos de traballo, capacidade reflexiva ou interaccións educativas. A literatura subliña a necesidade de empregar ferramentas avaliativas máis flexibles e coherentes cos enfoques pedagóxicos actuais, como o e-portafolio, as rúbricas e a análise de evidencias audiovisuais, que favorecen a avaliación formativa, a autorregulación da aprendizaxe e a toma de decisións fundamentadas por parte do profesorado (Cebrián de la Serna, 2018).
Neste contexto, a titoría emerxe como un espazo privilexiado para unha avaliación auténtica e personalizada, na que o profesorado acompaña ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe e desenvolvemento integral. Porén, diferentes estudos sinalan que esta dimensión avaliativa da titoría continúa sendo pouco traballada na formación inicial e permanente do profesorado, o que xera inseguridade e dificultades na aplicación de prácticas avaliativas coherentes e xustas (Cano, 2015).
A poboación adulta destinataria desta microcredencial profesorado en exercicio nas distintas etapas educativas, incluíndo ensino obrigatorio, Bacharelato, Formación Profesional, FP Dual e universidade, así como persoas que desempeñan funcións de titoría, mentoring ou acompañamento educativo, demanda formacións breves, especializadas e de aplicación inmediata ao seu contexto profesional.
As microcredenciais universitarias constitúen unha resposta axeitada a estas necesidades, ao ofrecer formación modular, flexible e orientada á mellora da empregabilidade e do desempeño profesional, en consonancia coas recomendacións europeas sobre aprendizaxe ao longo da vida (European Commission, 2020; OECD, 2021). Aliñándose así cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, en particular co ODS 4: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe permanente para todas as persoas. A UNESCO destaca que a consecución deste obxectivo require fortalecer as competencias do profesorado, especialmente no relativo á avaliación da aprendizaxe, á atención á diversidade e á promoción de procesos educativos xustos e inclusivos (UNESCO, 2020). A formación proposta contribúe directamente a este obxectivo ao capacitar ao profesorado para deseñar e aplicar procesos avaliativos máis equitativos, personalizados e orientados á mellora continua da aprendizaxe.
Finalmente, cómpre salientar que os contidos, obxectivos e competencias desta microcredencial non se atopan cubertos de maneira específica por outros títulos propios ou programas formativos actualmente ofertados pola Universidade de Vigo, polo que a presente proposta vén cubrir un baleiro formativo relevante no ámbito da avaliación educativa en contextos de titoría e acompañamento, reforzando o compromiso institucional coa calidade educativa, a formación permanente e a responsabilidade social universitaria.
Comprender os fundamentos teóricos, funcións e finalidades da avaliación educativa, especialmente na titoría. Identificar evidencias relevantes nun proceso de acompañamento e avaliación continuada. Deseñar e aplicar portafolios electrónicos como instrumentos de avaliación formativa. Construír rúbricas electrónicas fiables e adaptadas á avaliación de competencias persoais e profesionais. Utilizar a vídeo-anotación como ferramenta para analizar interaccións, condutas, procesos cognitivos e seguimento reflexivo.
a) Ter experiencia docente ou desempeñar funcións relacionadas coa titoría, o acompañamento educativo, o mentoring, a orientación académica ou profesional, ou o seguimento competencial en calquera etapa ou contexto formativo (educación obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional, FP Dual, educación superior ou formación non formal). b) Poderán acceder preferentemente persoas con titulación universitaria no ámbito da Educación así como profesionais doutros ámbitos que acrediten experiencia vinculada á formación, á docencia ou ao acompañamento educativo. c) No caso de persoas sen titulación universitaria oficial, poderase valorar o acceso en función da experiencia profesional acreditada en tarefas de titoría, formación, orientación, mentoring ou acompañamento educativo, de acordo coa normativa vixente e previa autorización da Comisión de Estudos Propios. d) Non se requiren coñecementos técnicos avanzados nin experiencia previa no uso de ferramentas específicas de avaliación dixital, sendo suficiente un manexo básico das tecnoloxías da información e da comunicación e dispoñer de ordenador con conexión a Internet. Requirimentos de acceso a títulos modulares (microcredencial): solicitantes que, no acceso, teñan unha idade comprendida entre os 25 e os 64 anos.
A persoa egresada desta microcredencial será unha profesional capacitada para deseñar, aplicar e xestionar procesos de avaliación da aprendizaxe en contextos de titoría e acompañamento educativo, desde un enfoque formativo, reflexivo e orientado ao desenvolvemento competencial. A formación adquirida permitiralle empregar instrumentos avaliativos actuais e coherentes cos principios da avaliación formativa e auténtica, adaptándoos ás características do alumnado e aos distintos contextos educativos e formativos. Ao rematar a microcredencial, a persoa titulada será quen de identificar, seleccionar e interpretar evidencias relevantes dos procesos de aprendizaxe e acompañamento, integrando información cualitativa e cuantitativa para realizar unha avaliación máis xusta, fundamentada e personalizada. Disporá, así mesmo, das competencias necesarias para deseñar e utilizar portafolios como ferramenta central de seguimento, reflexión e avaliación do desenvolvemento competencial do alumnado. Ademais, a persoa egresada poderá construír e aplicar rúbricas válidas e fiables orientadas á avaliación de competencias persoais e profesionais, definindo criterios e niveis de logro claros, progresivos e observables. Tamén será capaz de empregar técnicas básicas de vídeo-anotación para a análise de interaccións educativas, condutas, procesos cognitivos e comunicativos, integrando esta información na reflexión sobre a práctica titorial e de acompañamento educativo. Este perfil de egreso capacita á persoa titulada para desempeñar funcións de titoría, orientación, mentoring e seguimento competencial en diferentes etapas e ámbitos educativos ensino obrigatorio, Bacharelato, Formación Profesional, FP Dual, educación superior e outros contextos formativos contribuíndo á mellora da calidade educativa, á atención á diversidade e á toma de decisións avaliativas éticas e fundamentadas. En consecuencia, esta microcredencial reforza o desenvolvemento profesional doprofesorado e doutros perfís vinculados á formación e ao acompañamento educativo, mellorando a súa empregabilidade e o seu desempeño profesional no marco da aprendizaxe ao longo da vida.
- CE1 Deseñar, planificar e xestionar procesos de avaliación educativa en contextos de titoría.
- CE2 Recoller, seleccionar e interpretar evidencias cualitativas e cuantitativas en procesos de acompañamento e avaliación continuada.
- CE3 Deseñar e utilizar portafolios electrónicos como instrumento de avaliación formativa e de seguimento competencial do estudantado.
- CE4 Construír rúbricas electrónicas válidas e fiables orientadas á avaliación de competencias persoais e profesionais, definindo criterios e niveis observables.
- CE5 Empregar a vídeo-anotación na análise de interaccións, condutas e procesos cognitivos, integrando esta información na reflexión sobre a práctica.
- CE6 Competencia reflexiva e ética para revisar a propia acción avaliativa, tomar decisións fundamentadas e axustar o acompañamento educativo ao perfil da persoa estudante.
- CT1 Pensamento crítico e analítico: capacidade de interpretar respostas e resultados con rigor, avaliando o seu impacto na toma de decisións estratéxicas.
- CT2 Resolución de problemas: Aplicar metodologías e ferramentas para identificar e resolver desafíos
- CT3 Comunicación eficaz: Capacidade de transmitir información técnica e resultados analíticos de forma clara e comprensible mediante visualizacións atractivas.
- CT4 Adaptación ao cambio tecnolóxico: Aprender e actualizarse constantemente no uso de ferramentas avanzadas
- CT5 Traballo en equipo e liderado
Título de acceso preferente (ver apartado 1.5) 40% Experiencia laboral previa 40% Formación de posgrao específica 20%
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200825 | I: Fundamentos de la evaluación educativa en la tutoría y la rúbrica como herramienta | Obligatoria | 1.00 |
| 200826 | II: El portafolio como instrumento de evaluación formativa y las vídeo-anotaciones para evaluar interacciones y reflexiones | Obligatoria | 1.00 |
Realizarase un sistema de avaliación continua (100 %). O portafolio final constitúe o 70 % da cualificación final. Este portafolio recollerá de maneira integrada as catro tarefas desenvolvidas ao longo dos distintos bloques da microcredencial. Valorarase a participación activa nas sesións síncronas e nas actividades curtas propostas ao longo do curso, que suporá o 30 % da cualificación final. Para obter o título será necesario asistir ao 85% das horas lectivas.
Microcredencial en “A avaliación da aprendizaxe en titoría: fundamentos e instrumentos”
Para obter o título será necesario asistir ao 85% das horas lectivas, así como superar todas as tarefas coa cualificación de apto/a. Horas de teoría síncrona: 7 horas Horas de práctica síncrona: 10 horas Horas evaluación: 7 horas